Skip to Content
Balea s/n O Grove (Pontevedra) CP:36988 Tfno: 886 151 972 ceip.asbizocas@edu.xunta.gal

SOLICITUDE BECAS NEAE 2024/25

No BOE do 12 de abril saiu a convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Poderedes solicitar esta beca no caso de que o fillo/a asista o próximo curso 24/25 a algún gabinete privado para reeducación pedagóxica ou da linguaxe e que lles supoña o abono dunha cuota mensual.

As familias que o soliciten deben tramitalo por internet na seguinte dirección

 https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=2109


  • Deberán acceder co DNI e contrasinal.
  • Se é a primeira vez que solicitan beca deberán rexistrarse, se é posible, co DNI do alumno/a.

prazo para solicitar as becas vai do 30 de abril ata o 13 de setembro. A documentación presentarase no colexio xunto co informe do gabinete no que van solicitar terapia así como o impreso co número de conta do alumno/a facilitado pola entidade bancaria onde se ingresará o importe da beca. 

Adxúntase o texto da convocatoria. Para calquer dúbida consultar co Departamento de Orientación os mércores e xoves.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

- Luns, martes e mércores de 8:40 a 09:25h

-Xoves e venres de 12:50 a 13:40h.

 

ACTIVIDADES E MÁIS NO BLOGUE DO CENTRO

Poderedes consultar todas as actividades que se van realizando no blogue do cole de forma actalizada.

Pincha na imaxe para acceder!

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS CURSO 24/25

A totalidade do alumnado matriculado neste centro para o curso 24/25 foi admitido.

Podedes consultar a LISTAXE DEFINITIVA no taboleiro do centro ou a traves da aplicación admisionalumnado.

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-25

O prazo de  presentación de solicitudes será do 1 ao 20 de Marzo

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de admisión de xeito manual ou a través da aplicación.

            -A través da aplicación: Entrando en https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado con certificado de identidade e sinatura dixital ou sistema de usuario e clave como a Chave 365, cubrindo a solicitude (Modelo ED550B) e presentandoa na sede electrónica da Xunta.

             -PresencialNa secretaría do centro poderán presentar o impreso ED550B cuberto a man ou a ordenador. Facilitaráselles na Secretaría do Centro. Tamén poden descargalo, cubrilo e /ou imprimilo. Atópase anexado nesta publicación.

 

Documentación a presentar:

             -Modelo de solicitude ED550B cuberto. 

             -Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia).

            -Certificado de matrícula do curso actual (agás para 4º de Ed. Infantil).

            -Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.

 

VACANTES PARA O CURSO 2024-25:

 

 4º E. Infantil 

    20* 

5º E. Infantil

   11

6º E. Infantil 

   3

1º Primaria 

     10* 

2º Primaria 

  15

3º Primaria 

   10

4º Primaria 

   8

5º Primaria 

   5

6º Primaria 

  9

 

  * Alumnado con NEAE: tal como establece a lexislación, do total hai que reservar  3 postos escolares por unidade para a escolarización de alumnado con necesidades específicas de atención educativa nos niveis de 4º de Ed. Infantil e 1º de Primaria.

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

(só para novos alumnos)

Do 1 ao 20 de Marzo

 

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA NOS CASOS EN QUE HAXA MÁIS DEMANDA QUE OFERTA DE POSTOS

 

Do 21 de Marzo ao

11 de Abril

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

25 de Abril

RECLAMACIÓNS ás listas provisionais

Do 26 de Abril ao 4 de Maio

RESOLUCIÓN E LISTAS DEFINITIVAS

15 de Maio

IMPUGNACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

UN MES a contar desde o 16 de Maio

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

 

Do 20 ao 30 de Xuño

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CONVIDÁMOSVOS A VISITAR O CENTRO O LUNS 19 DE FEBREIRO, EN HORARIO DE:

MAÑA: DE 11:00 A 11:30H.

TARDE: DE 16:00H A 16:30H.

PREVIA CITA NO TFNO. 886 151 972

 

MATRÍCULA DO 1 AO 20 DE MARZO

AGARDÁMOSVOS!

INICIASE O CONCURSO PILABOT!

Hoxe iniciamos as 6 semanas de participacion no concurso Pilabot e durante este tempo todo o alumnado poderá traer as pilas usadas que teña pola casa.

Para máis información consultade a páxina do concurso: https://pilabot.gal/

 

 

PROGRAMACIÓNS 2023/2024

Enlace para consultas as programacións didácticas do curso 23/24:

 https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/s/tLAcEE4qdbW2me9

 

RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA PARA O CENTRO ADSCRITO (IES AS BIZOCAS)

Dende o día 15 de xaneiro de 2024 e ata o 5 de febreiro iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2024/2025.

Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* (I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar a solicitude de reserva de praza, ben de xeito manual - solicítase ao tutor-  ou ben facelo de xeito electrónico a través da aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.

 

Coa entrega do ANEXO I, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:

-         Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).

-         Documento acreditativo da representación.

- Copia do libro de familia

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).


*A circunstancia de que o centro estea adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.

 

No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán a próximas comunicacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut