SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2020-2021
Este prazo de solicitude de admisión e matrícula vai destinado a aqueles/as nenos/as que actualmente non se atopan escolarizados no noso centro e desexan facelo a partir do curso 2020-2021.
O alumnado actualmente matriculado no centro e que continúe no mesmo o vindeiro curso xa que ten a praza reservada.
Entre o 1 e o 20 de marzo (prazo ordinario).
No caso de quedaren vacantes, unha vez finalizado o prazo ordinario poderá solicitarse a matrícula, que se considerará fóra de prazo.
- Se desexa realizar o trámite telematicamente pode realizalo dende AQUÍ.
- Se desexa achegar a documentación de xeito presencial deberá descargar e imprimir a seguinte solicitude (ou solicitar unha copia en papel no centro), cubrila e entregala na Secretaría do centro xunto coa demais documentación requerida:
Anexo II (solicitude de admisión): Descargar e imprimir, dende AQUÍ (ou solicitar copia en papel no centro).
*IMPORTANTE:
As solicitudes de admisión e matrícula deben estar asinadas polos dous proxenitores no caso de non estar casados, rexistrados como parella de feito ou no caso de separación ou divorcio . Deberán acompañarse do libro de familia (fotocopia da folla na que esté inscrito/a o/a alumno/a), fotocopia do D.N.I. do/a alumno/a (se o tivera), certificado de matrícula do curso actual e convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio se fora o caso.
LÉMBRASE QUE O CRITERIO COMPLEMENTARIO APROBADO EN CONSELLO ESCOLAR E A TER EN CONTA NO CASO DE TER QUE REALIZAR BAREMACIÓN É O SEGUINTE:
- "Domicilio familiar na área de influencia do centro"
LEXISLACIÓN SOBRE O PROCESO
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro
- ORDE do 12 de marzo de 2013
- ORDE do 25 de xaneiro de 2017