Skip to Content

Novas

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA EN CENTRO ADSCRITO

Dende o día 11 de xaneiro de 2022 e ata o 8 de febreiro  iníciase o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, educación primaria,  educación secundaria obrigatoria e bacharelato, reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2020/2021.

Neste prazo, os responsables do alumnado de 6º de primaria que vaia continuar a súa escolarización o curso vindeiro no noso centro de secundaria adscrito* (I.E.S. As Bizocas) terá que cumprimentar a solicitude de reserva de praza, ben de xeito manual -envíase a través do alumnado e está a vosa disposición nos PDF adxunto- (ANEXO I)  ou ben facelo de xeito electrónico a través da aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos de documentos de identidade, renda…etc., a non ser que as familias se opoñan a esta consulta. Neste caso indicarase no apartado correspondente do anexo e achegaranse os documentos necesarios.

 

Coa entrega do ANEXO I no centro e, segundo a normativa ao respecto, deberá achegarse:

-         Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar (se denegaran a súa consulta).

-         Documento acreditativo do requisito de idade do alumno.

-         Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (se é o caso).


*A circunstancia de que o centro estea adscrito ao IES As Bizocas supón que o alumnado do centro terá prioridade para a admisión.

 

No caso de que o alumnado vaia continuar os seus estudos nun IES diferente ao adscrito non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (1 – 20 marzo) para entregar a solicitude no centro correspondente (ANEXO II da Orde do 25 de xaneiro de 2017).

 

ENTREGA DE NOTAS 1.ª AVALIACIÓN 2021/2022

Os titores/as entregarán os boletíns de notas ás familias no seguinte horario:

  • LUNS 20 de DECEMBRO de 16:00 a 18:00 h.
  • MARTES 21 de DECEMBRO de 16.00 a 18:00 h.

DÍAS NON LECTIVOS 2021/2022

No curso 2021/2022 non haberá clase os seguintes días:

 

DÍA DO ENSINO: (establecido pola Consellería)

  • luns 11 de outubro

DÍAS NON LECTIVOS ESCOLLIDOS POLO CENTRO:

  • xoves 11 de novembro de 2021 (Día de San Martiño - festivo no Grove)
  • luns 16 de maio de 2022

VACACIÓNS DE NADAL:

  • do 22 de decembro ao 7 de xaneiro (os dous incluídos)

VACACIÓNS DE ENTROIDO:

  • 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA:

  • do 11 ao 18 de abril (os dous incluídos)

FESTIVOS:

  • martes 12 de outubro (Día da Festa Nacional)
  • luns 1 de novembro (Día de Todos os Santos)
  • luns 6 de decembro (Día da Constitución)
  • mércores 8 de decembro (Día da Inmaculada)
  • martes 17 de maio (Día das Letras Galegas)

 

 

REUNIÓNS EDUCACIÓN PRIMARIA INICIO CURSO 21/22

Estimadas familias,

A vindeira semana levaranse a cabo as reunións de Educación Primaria. Nestas reunións pedimos que asista un único adulto por cada un dos nenos/as matriculados no noso centro. Se fose necesario faríanse reunións telefónicas cos que non poidan asistir.

 

martes 14 de setembro teremos as seguintes reunións:

 

5º E.P. e 6º E.P.: 16:00 horas.

 

-  1º E.P.: 17:00 horas.

 

martes 21 de setembro realizaranse as seguintes reunións:

 

2º e 3º E.P.: 16:00 horas.

 

4º E.P.: 17 horas.

 

Un saúdo.

 

REUNIÓNS EDUCACIÓN INFANTIL INICIO DE CURSO 21/22

Estimadas familias,

A vindeira semana levaranse a cabo unha serie de reunións para falar da volta ao cole. Nestas reunións pedimos que asista un único adulto por cada un dos nenos/as matriculados no noso centro. Se fose necesario faríanse reunións telefónicas cos que non poidan asistir.

 

martes 7 de setembro teremos as seguintes reunións:

 

3 e 4 anos: 11:00 horas.

 

5 anos: 11:00 horas.

 

Un saúdo

CONTACTO MES AGOSTO

Estimadas familias

 

Dende o luns 26 de xullo ata o 31 de agosto, para aquelas cuestións importantes poderedes contactar co centro chamando ao teléfono 886 151 972 ou a través do correo electrónico ceip.asbizocas@edu.xunta.es.

 

Un saúdo.

SAÍDAS DÍAS CHUVIA

Estimadas familias:

Para facilitar a saída dos alumnos/as os días de chuvia, os pais, nais ou titores legais poderán entrar ó patio cuberto da porta norte a recollelos.

Para evitar no posible a confluencia de moita xente pregamos  teñades en conta o horario de saída, así como a importancia de manter as distancias de seguridade.

Horarios de saída:
13:30 saída de infantil e primeiro de primaria.
13:35 saída de segundo e terceiro de primaria.
13:40 saída de cuarto, quinto e sexto de primaria.

Un saúdo.

COMEZO DAS CLASES

XOVES 10 DE SETEMBRO:

- 4º Educación Infantil

- 5º Educación Infantil

- 1º Educación Primaria

- 2º Educación Primaria

- 3º Educación Primaria

 

VENRES 11 DE SETEMBRO

- 6º Educación Infantil

- 4º Educación Primaria

- 5º Educación Primaria

- 6º Educación Primaria

AVISO DÍAS NON LECTIVOS DO CURSO 2018-19

Informamos de que os días 2 de novembro e 20 de maio serán non lectivos.

Distribuir contido


by Dr. Radut