NOVEDADES NA NOSA WEB

Queridas familias:

Ante as peticións recibidas no correo electrónico do centro e o convencimento do profesorado de que disto temos que sair todos e todas XUNTOS, imos habilitar nesta páxina un bloque para que todo o alumnado poida amosar as súas producións e así compartir eses ánimos cos demais e outro con actividades, páxinas web, etc. ,diferentes ao traballo proposto polo profesorado (ver entrada Directrices de traballo para os próximos días ), material ao que poderedes recurrir para que sexa máis levadeira esta situación.

Para o bloque das producións, que chamaremos Todo vai sair ben (situado na parte superior dereita), trátase de que  enviedes ao correo electrónico do centro (ceip.balaidos@edu.xunta.es) aquilo que eles queiran expresar, o que están a facer, o que sinten… pero sempre cunha mensaxe positiva e para animarse e animar  aos demais.

Podedes mandar debuxos, textos, fotos ou vídeos. Agora ben, en base á lexislación sobre protección de datos e protección de menores, todos os envíos que fagades nos que poidan aparecer imaxes persoais, deberán contar coa vosa autorización expresa por escrito para a súa publicación nesta web.

No bloque Enlaces de interese poderedes atopar enderezos con propostas para as familias (como "Aprendemos en casa", promovida polo Ministerio de educación), materiais interesantesWebs de institucións como museos e pinacotecas que ofrecen tours virtuais e/ou materiais didácticos.

Animádevos e animade ás vosas criaturas!!!

Moita saúde e moita forza! SAIREMOS ADIANTE!!!!!

Back to top