Polos creativos

Espazo adicado a todas actividades e propostas realizadas no Polo Creativo do noso centro.

O noso Polo Creativo!!

Este curso o noso centro habilitou un novo espazo adicado ao desenvolvemento da creatividade a través do emprego de diferentes ferramentas tecnolóxicas (non necesariamente dixitais). O antigo laboratorio converteuse nun Polo Creativo, dotado cun equipamento que permitirá ao alumando de todo o centro desenvolver ao máximo as súas habilidades creativas. Atopamos dende impresoras 3D, lápices 3D, plotter de corte para facer manualidades, equipos informáticos para programar en Scrtach, tablets para traballar con realidade aumentada, robots e pezas de hardware de diferentes tipos, ata máquina de chapas, pezas de construcción de madeira e magnéticas, equipos de grabación de vídeo, estación de radio... e moito máis! Ao longo do curso iremos compartindo neste espazo as actividades que se van realizando no noso proxecto STEAM Balaídos.

Aprendendo as direccións en inglés co True True

Na clase de Inglés de 4º de Primaria o alumnado estivo aprendendo a dar indicacións grazas ao uso do robot True True e as súas tarxetas de comandos.

Os estados da materia

O alumnado de 3º de EP realizou diferentes experimentos para comprobar os distintos estados da materia. Empregaron os robots Mbot e os sensores de temperatura para comprobar en que condicións se producen cambios na materia.

Paneis interactivos empregando a placa Tecla a tecla

O alumnado de 6º de EP, dentro do área de ciencias no tema do corpo humano, realizou uns paneis interactivos empregando as placas Tecla a Tecla.

Reto da Ponte.

Unha alumna de 5º de EP integrante do obradoiro Zendal de enrriquecemento curricular realizou un proxecto de deseño dunha ponte seguindo o reto proposto polo CFR de VIGO e o CAFI de Santiago. A alumna tivo que analizar unhas pezas que estaban defectuosas para logo imprimir na 3D as pezas correctas e montar a estructura correcta coas pezas de Kappla.

NutriReto

O alumnado de sexto de primaria empregou as tablets do Polo Creativo para levar a cabo unha campaña de alimentación saúdable.

 

II Obraoiros para familias do Polo Creativo

Esta segunda avaliación o Polo Creativo abríu as súas portas as familias para compartir durante unha tarde un feixe de propostas Steam co material e dotación do Polo Creativo. Destacaban moitas propostas elaboradas polo alumnado do noso centro. Os propios nenos e nenas foron os que explicaron as súas familias como participar nas diferentes propostas.

O alumnado de 5º de EI programa ao TrueTrue

Con motivo do proxecto documental integrado do centro que trata sobre deporte e igualdade, o alumnado de quinto de infantil traballou diferentes deportes e aprendeu a programar o robot TrueTrue. Programaron de dous xeitos diferentes, de xeito manipulativo as tarxetas de de comandos que ten, e utilizando as súas dotes grafomotrices para que este simpático robot seguise as liñas.

 

Alumnado de 5º de EP e Microbit.

O alumnado de 5º de primaria escolleu a placa Microbit para contribuir ao desenvolvemento do Proxecto BalaídoSteam do que levamos xa dous anos no Polo Creativo.

Puxeron a proba as súas habilidades de programación e foron capaces de que a plaquiña reproducise órdenes sinxelas. Ao longo do curso continuarán integrando esta placa con outros sensores para facer prototipos máis complexos.

Laboratorio interactivo do corpo humano

Aproveitamos diferentes materiais do Polo Creativo, e xunto con outros materiais que pertencían ao antigo laboratorio deseñamos unha exposición interactiva sobre o corpo humano onde o alumnado  puido experimentar de xeito manipulativo diferentes aspectos relacionados co corpo humano e a súa anatomía.

 

Distribuir contido

Back to top