Polos creativos

Espazo adicado a todas actividades e propostas realizadas no Polo Creativo do noso centro.

Laboratorio interactivo do corpo humano

Aproveitamos diferentes materiais do Polo Creativo, e xunto con outros materiais que pertencían ao antigo laboratorio deseñamos unha exposición interactiva sobre o corpo humano onde o alumnado  puido experimentar de xeito manipulativo diferentes aspectos relacionados co corpo humano e a súa anatomía.

 

Experimento sobre o efecto invernadoiro.

O alumnado de 6º de primaria, no ámbito científico, realizou un experimento para traballar aspectos relacionados co cambio climático, o derretemento dos Polos e o quecemento global. Empregamos as impresoras 3D do Polo Creativo para imprimir dúas Terras, e dúas cámaras de acción para grabar e acelerar o proceso, e así poder comprobar e comparar a través do método científico diferentes hipóteses sobre o tema.

 

Os aros olímpicos

O alumnado de primeiro de primaria, que é o máis novo do obradoiro SEM para altas capacidades, realizou unha pequena investigación sobre a orixe e o significado dos símbolo dos aros olímpicos, para logo facer unhas reproduccións cos lápices 3D do Polo Creativo.

 

Deseño e impresión 3D de chaveiros e tangrams.

O alumnado de 5º de EP dentro do ámbito científico matemático realizou varias actividades onde tiveron que empregar as impresoras 3d do Polo Creativo. Por un lado traballaron o arte moderno e realizaron as súas propias produccións en forma de chaveiros. Por outro lado, en matemáticas ao traballar as figuras geométricas planas deseñaron os seus propios trangrams.

 

Traballando as máquinas e a electricidade.

O alumnado de quinto traballou con diferentes materiais do Polo Creativo para comprobar de xeito práctico o que aprenderon no ámbito de ciencias sobre os circuitos eléctricos, os tipos de máquinas (xeradores, motores ou transformadores), os seus compoñentes... e moito máis!

 

   

 

Para poñer en práctica o aprendido, o alumnado realizou tamén uns xogos de preguntas e respostas integrando os circuitos eléctricos.

 

Facendo xogos de Scratch para traballar a reconquista de Granada en 5º de EP.

Dentro da área de ciencias o alumando de 5º de EP realizou coa linguaxe de programación visual do Scratch uns xogos, inspirados nos antigos PONG, para recrear as batallas entre os exércitos cristiáns e os exércitos musulmáns en Granada en 1492.

Ademáis, aproveitaron as placas TeclaTecla do Polo Creativo para crear uns mandos cos que xogar aos seus xogos.

Empregando Mbot en terceiro ciclo para comprender a realidade.

O alumnado de terceiro ciclo estivo a empregar as ferramentas que ofrece o Mbot para realizar diferentes medicións relacionadas con situacións da vida cotiá.

O alumando de sexto de educación primaria empregou o sensor de ultrasonidos para medir a distancia do nivel do mar, e como o quecemento global ten unha incidencia directa sobre as subidas da auga e as consecuencias que iso conleva.

O alumnado de quinto, na área de matemáticas, empregaron o mbot para traballar as medidas de tempo. Empregando os paneis LED crearon e programaron sinxelos cronómetros e temporizadores, e aprenderon tamén como é o funcionamento dun reloxo dixital.

 

I Obradoiro Steam en familia.

As familias tiveron a oportunidade de ver todo o que fixo o alumnnado do centro durante esta segunda avaliación da man dos seus propios fillos e fillas, que foron os que lles mostraron non so o producto final senón que lles ensinaron como facelo, de tal maneira que puideron facer os seus propios debuxos, circuitos, prototipos...

 

Creación de prototipos con Microbit.

O alumnado de 6º de EP realizou unha actividade para traballar as máquinas simples empregando as placas #microbit e diferentes sensores, luces e mecanismos para crear sencillos prototipos de obxectos do día a día.

 

Mapas de Galicia con Circuit Papers

El alumnado de 5º de E.P. realizó un mapa de Galicia para trabajar la organización territorial integrando los circuit papers formando circuitos en paralelo.

Distribuir contido

Back to top