Polos creativos

Espazo adicado a todas actividades e propostas realizadas no Polo Creativo do noso centro.

Poesías decoradas en 3D para o día internacional da poesía.

O alumnado de 4º de E.P. realizou a súa actividade do proxecto BalaídoSteam en torno o xénero literario da poesía. Con motivo do día internacional deste arte literario, realizaron en pequenos equipos as súas propias composicións que logo decoraron cos lápices creando diferentes debuxos relacionados co texto.

As familias preto do corazón.

O alumnado de 3º de primaria, para traballar a familia como primeiro grupo social, realizou, dentro da súa actividade no proxecto BalaídoSteam, un obradoiro de elaboración de chapas integrando as súas creacións plásticas orixinais e personais.

Emocións en Perigo.

O alumnado de 5º de primaria preparou unha exposición de carteis con realidade aumentada para traballar a extinción de especies como unah das consecuencias da influencia humana nos ecosistemas. Tomaron como referencia as fotos realizadas polo fotógrafo Tim Flich e súa obra Emocións en Perigo, onde fotografiou diferentes animais que están en distintos niveis de perigo segundo a lista UICN.

Rapazas emprendedoras nas TIC traballando con Microbit

Un novo grupo de rapazas emprendedoras nas TIC realizou unha serie de retos de montaxe e programación empregando a placa Microbit e a extensión Nesha. Os diferentes sensores permitíronlle as rapazas comprobar os diferentes medios de input que podemos empregar para darlle información do exterior a un robot, e cos bloques programaron que facer a raíz de dita información. Realizaron prototipos de coches de velocidade regulable, lámpadas con botón, sensores de presencia, ventiladores ou detectores de humidade.

 

Programando True True coas cartas en 1º de E.P.

O alumnado de 1º de EP iniciouse na programación empregando o robot True True. Para programalo, tiveron que ordear os comandos para conseguir que o robot seguise as súas ordes. O alumno manxeou as cartas o que permitíu que manipulasen o código e fora máis concreto e menos abstracto para eles.

 

LIMPIÑA, A PRAIA MÁIS BONITIÑA

O proxecto anual deste curso é: "AFORRA ENERXÍA, COIDA A TERRA... ALONGAREMOS A VIDA"

O mar cobre a maior parte do noso planeta. Nel viven miles de especies animais que nos proporcionan alimento. Cando o mar se achega ás nosas costas, gozamos de fermosas praias que nos axudan a descansar e a divertirnos. Pero como todas as cousas valiosas, temos que ser nós os que coidemos este tesouro de sol, auga e area, respectando a súa hixiene para que as praias e o mar estean limpos sempre, e procurando non molestar ás persoas que gozan da praia á vez que nós.

O alumnado de 2º de Educación Primaria, comprometido co medio ambiente, quere contarvos a historia de Limpiña, unha das tantas praias que temos en Galicia e facernos reflexionar. 

A técnica audovisual empregada para realizar o seu traballo é o Croma, na que se reemplaza á area que ocupa unha cor por unha imaxe fixa ou unha imaxe en movemento. Técnica moi empregada tanto no cine coma na televisión. 

   

 

Montaxe dos robots Crumble Miibot.

Un novo grupo de rapazas emprendedoras nas Tic enfrentouse ao reto de montar o robot Crumble seguindo as instruccións coidadosamente. Unha vez conseguido, comprobaron se funcionaba correctamente cargando un código sinxelo no que o robot se desplazase cara diante. Superado o reto, cada unha fíxose a súa chapa que as identifica como Rapazas Emprendedoras nas TIC.

 

Identificando plantas con intelixencia artificial.

O alumnado de 5º de primaria utilizou as tablets do Polo Creativo e grazas a aplicación PlantNet identificaron diferentes árbores e plantas do xardín a e a horta do noso centro. Logo cos seus ordenadores Edixgal empregando o libre Impress realizaron uns carteis que queden identificados para o resto da comundidade educativa.

 

Cociñando no Polo Creativo

O alumnado de quinto de primaria, dentro do ámbito matemático, realizou a cabo unha actividade de cociña no Polo Creativo na que tiveron que poñer a proba os coñecementos e habilidades adquiridas en clase. Realizaron filloas de entroido, e para iso tiveron que utilizar diferentes tipos de medida do sistema métrico e realizar as conversións necesarias. Todo isto de xeito competencial aplicado a vida cotiá. O mellor de todo non foi o aprendido senón o ricas que saíu está típica sobremesa.

Alumnos e alumnas de 5 anos programando ao True True

O alumnado de 6º de EI realizou hoxe a súa actividade no Polo Creativo dentro do proxecto BalaídoSteam. Enfretáronse a diferentes retos de programación do robot True True dentro do contexto do seu proxecto de aula que trata sobre as abellas. O alumnado traballou a programación con trazos de rotulados así como en cuadrícula, poñendo a proba as súas habilidades de pensamento computacional.

 

Distribuir contido

Back to top