Actividade de reciclaxe.

Os alumnos de 1º e 2º de primaria puideron disfrutar dunha actividade organizada polo concello, Contenur e FCC. Esta actividade estaba enfocada a concienciar aos alumnos e alumnas sobre a importancia de reciclar os envases. Para esta actividade trouxeron un camión e todos os alumnos/as recibiron un comic, unha camiseta e unha taza. Ademáis, contamos cunha visita moi especial: Abel Caballero, o alcalde de Vigo! Que pasou un rato moi divertido cos nenos e nenas.

 

Back to top