PATIOS DINÁMICOS: Strauss ambienta o tempo de recreo en Decembro.

Tras Vivaldi e Saint Saëns, chega un novo mes e o Proxecto de Dinamización de Patio ambienta as subidas e baixadas ao tempo de recreo, con dúas novas melodías: (clicade na imaxe e escoitarédelas)

  • O DANUBIO AZUL de Johann Strauss (fillo)
  • A MARCHA RADETZKY de Johann Strauss (pai)

 

A proposta lúdica continúa a dar os seus froitos, e a oferta variada de xogos converte o recreo nun lugar de lecer tanto en tempo seco coma mollado.

A choiva destes días posibilitou pór a proba a opción PATIO EN MOLLADO onde xogos de mesa e xadrez, zona de pintar e colorear, zona de aros, de trompo, de cordas, de paseo e bolera fan posible que se poida xogar en pouco espazo, respectando aos compañeiros.

Antes, en cursos pasados, a única opción era pasear baixo os cubertos, correr e facer perigoso o recreo para a integridade física do alumnado (sobre todo dos máis pequenos).

Polo de agora, a Comisión Docente de Patio Dinámico está satisfeita cos pasos dados.

Agora xa se achega un novo trimestre e unha nova proposta.

Informaremos!

Back to top