VISITA DA ILUSTRADORA IRIA BLANCO

O pasado xoves 16 de maio, coincidindo ca semana das Letras Galegas, tivemos a sorte de que nos visitara a pintora viguesa Iria Blanco.

Foi unha xornada xenial, acercounos a súa obra e, entre os grupos que participaron, pintaron un lienzo que quedara exposto nos corredoiros do noso colexio.

Iria contaxiounos a todos o gusto pola arte e animou a todos os alumnos a loitar polo seu soño fose cal fose. 

Antes de se marchar recorreu o centro para observar as nosas creacións a partir da súa obra. 

 

Grazas Iria foi un pracer coñecerte!

Back to top