MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS 2
Ao longo deste curso experimentamos con distintos materiais manipulativos. Comezamos coas regletas dende 4º de EI ata 6º de Primaria.
Na 1ª parte da cada sesión, o alumnado manipulaba libremente o material. Foi sorprendente a súa evolución na construción de distintas figuras e estruturas, cada vez mais elaboradas.
Na 2ª parte da sesión, traballamos conceptos básicos da matemática.
En EI comezamos coa conservación do número.
En Primaria, iniciamos as operación básicas. Investigamos como adquirir a suma e a resta con levadas empregando este material.
Xa en 5º e 6º de Primaria, introducimos conceptos máis elaborados como múltiplos, divisores, doble, metade, superficie, con cantidades cada vez maiores e aplicándoo a situacións da vida real.
Cara ao 3º trimestre utilizamos os xeoplanos, para traballar manipulando conceptos básicos de xeometría.
A experiencia foi moi positiva, porque o alumnado divertíuse xogando coas matemáticas.