Skip to Content

Bibliobarqueira

VISITA DE ANTÓN CORTIZAS

Andamos na escola preparando os Cantares de Nadal. Os nenos e nenas de educación primaria interpretarán un poema de Antón Cortizas Amado. Mestre de mestres,de brinquedos e palabras, ten unha obra literaria que paga a pena coñecer. Hoxe tivemos a fortuna de aprender con el nunha xornada ben linda. A nosa biblioteca escolar convirteuse unha vez máis en lugar de encontro. Cousas das bibliotecas…

 

TALLER ESCRITURA

DEREITO DAS NENAS E NENOS

Os nenos e nenas de primeiro,segundo e terceiro de educación primaria saben ben cales son os seus dereitos . Estes pequenos cadernos han recordàrnolo a todos.

 

DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS E NENAS

O TRASNO ENSINA A BIBLIO AOS PEQUES DO COLE!

Mirade que atentísimos están os máis peques da escola. O momento dos contos é sen lugar a dúbidas moi importante para traballar a atención. Esta actividade faise especialmente máxica se quen recibe aos nenos e nenas é o TRASNO TROULEIRO.

 

 

A semana pasada parece que aínda estaba algo durmido cando fumos á biblio, pero esta estaba agardándonos nunha silla co conto “Os tres bandidos”. Parece que o noso amiguiño xa empeza a andar pola escola, pois algo pasou tamén nunha clase de primaria…xa vos iremos contando.

TRASNO NA BIBLIO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut