Skip to Content

Bibliobarqueira

Verbas inspiradoras no día das Letras Galegas 2020

Ola nenas e nenos:


O Trasno Trouleiro, como xa sabedes, anda gardado na nosa Biblioteca Escolar e non para de pensar. Desta vez, ocorréuselle que como non nos imos ver para celebrar o Día das Letras Galegas, podemos facelo dun xeito diferente:

As mestras van asignarvos unha palabra galega (chegaravos por privado). Nunha folla A4 (folio), en posición horizontal e moi en grande para que se vexa, escribiredes dita palabra e decorarédela como máis vos guste. Logo, grabaredes un vídeo co móbil onde ensinedes o voso cartel á vez que dicides en alto a palabra que vos tocou. Lembrade colocar o teléfono en horizontal para grabar. Despois xuntarémolos todos para facer un vídeo como fixemos o día do libro.


Esta actividade, coma outras que xa fixemos neste tempo no que temos que estar na casa, é totalmente voluntaria, pero sería moi bonito que participáramos todos. 

 


Podedes mandarlle os vídeos a Carmen por Whatssap e ela xa nolos fai chegar.


Esperamos que vos animedes.


Unha aperta moi grande.
Bicos.

Día do libro 2020

Como ben sabedes todos, o día 23 de abril celébrase o día do libro. Este anotémolo que facer dun xeito moi distinto, pero o Trasno Trouleiro non se esquece e quérevos propoñer un reto.

A ver quen nos pode enviar unha foto lendo no seu lugar preferido. Coas fotos que mandedes faremos un vídeo que colgaremos na web do centro. Facede a foto poñendo o teléfono en horizontal e mandadeas por wasap a Carmen, o que non teña o seu teléfono que se poña en contacto con ela no seguinte correo: carmengarciamartinez@edu.xunta.es.

Grazas por participar. Esperamos vervos a todos canto antes. Moito ánimo.

Biblioteca Creativa e Radio na Biblio

                                                                                                                                                                                                          

Distribuir contido


by Dr. Radut