Skip to Content

XOGADE : CAMPO A TRAVÉS

Bo día:

O venres 16 de decembro disputouse no Complexo Deportivo Monterrey a fase comarcal de campo a través. Dentro da Asociación Alta Limia do deporte escolar participaron os seguintes colexios: Ceip de Maceda, Ceip de Molgas, Ceip Xunqueira de Ambía, Colexio Miraflores, Ceip de Castro Caldelas, Ceip Ben-Cho-Shey e os institutos de Maceda e Allariz.

A actividade desenvolveuse con moita expectativa e cun ambente moi familiar. 

As categorías foron: benxamín , alevín , infantil e cadete feminino e masculino.

Algúns dos alumnos/as do noso colexio acadaron o podium e incluso gañaron a súa carreira e todos/as foron unhas e uns campións por rematar cadansúas carreiras con moito esforzo.

Un aplauso para todos e todas as participantes.



page | by Dr. Radut