Skip to Content

BIBLIOTECA EDUARDO DÍAZ FIDALGO

Hai xa tempo, cando estabamos no confinamento, unha alumna que se chama Carla e que hoxe está en sexto A, contounos aos profes e compañeiros que tiña un familiar chamado Eduardo Díaz Fidalgo, de Loñoá, e que escribira uns libros moi bonitos e interesantes. Logo Carla fixo un traballo sobre el, e puidemos ler as súas historias, que a familia nos cedeu para a biblioteca. Quedamos tan marabillados coa beleza destes libros, que quixemos poñerlle o nome do autor á biblioteca do colexio. O día 19 de maio, e  co gallo das Letras Galegas, fixemos un emotivo acto, tendo a sorte de contar coa presencia dos familiares. Moitas gracias!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> BIBLIOTECA EDUARDO DÍAZ FIDALGO


album | by Dr. Radut