Irune e Alejandra, alumnas de 2º de EP, asistiron á presentación do poemario "No bico do vento" de Charo Golmar no MOME (A Estrada), co fin de ler un dos seus marabillosos poemas e que leva por título "PRIMAVERA".
Invitámosvos a ver este vídeo para presenciar o poema que representaron.

O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES TIVEMOS A SORTE DE CONTAR CO EQUIPO DE VOLUNTARIAS DA BIBLIOTECA, QUE FIXERON UN MAGNÍFICO TRABALLO CON TODO O ALUMNADO DO COLE PRESENTÁNDOLLE AS DIFERENTES ZONAS COAS QUE CONTAMOS, ADEMAIS DE EXPLICARLLE O FUNCIONAMENTO DO EMPRÉSTITO E O BO USO DA BIBLIOTECA.
GRAZAS POLO BO TRABALLO QUE LEVADES A CABO CADA DÍA.
AQUÍPODEDES VER A PRESENTACIÓN NA QUE SE APOIARON.
Esta semana deu comezo a conmemoración das Letras no noso centro. O alumnado de primaria asistíu á proposta, no Teatro Principal da Estrada, da editorial Galaxia para que o alumnado coñecese mellor a figura de Luísa Villalta.
A imaxe - collage na entrada do noso cole foi feita por mestras do centro coa colaboración do alumnado.
Na próxima semana contaremos cun grupo de música tradicional que nos acompañará parte da sesión do xoves 16 e logo, todo o centro participará nunha "Busca do tesouro" mediante xogos colaborativos creados polo profesorado do cole, onde os grupos estarán integrados por alumnado de infantil e primaria.
O 26 de abril, todo o alumnado do noso centro, acompañado polo profesorado, participou no I Encontro de Centros Escolares no CMUS compartindo a xornada co CPI de Vedra e alumnado do propio conservatorio.
Iniciou o acto o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de educación primaria bailando a ritmo de "Zimbolé". Seguidamente o alumnado de 5º e 6º representou "Durmindo está o león" combinando obra musical, obra teatral e danza. (Podedes velos no seguinte vídeo)
A xornada continuación amenizada polo alumnado do propio conservatorio e do CPI de Vedra.
Foi unha mañá moi especial e agardamos que se poidan continuar con este tipo de encontros nos vindeiros anos!