Educación físicaEncontros Multideportivos 3º e 4º de E.P.O xoves 25 de abril de 2024 tivemos unha xornada de Encontros Multideportivos con alumnado de 3º e 4º de Primaria doutros centros educativos da zona. Esta actividade deportiva está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva de Centro, no apartado de XOGADE. Os nenos e nenas de 3º de Primaria estiveron xogando ao brilé formando equipos de 10 con alumnado de distintos centros. Cada 8 minutos rotábanse os equipos para enfrentarse a outro diferente polo que ao rematar a xornada, case todos os participantes xogaron entre sí.
Para 4º de Primaria, como se ven realizando dende fai anos, fixéronse partidos de bádminton. Neste caso os equipos estaban formados por 5 integrantes do mesmo cole, polo que no noso centro fixemos 3 equipos. Cada equipo xogaba de forma individual, un por un, cos integrantes doutro equipo. As partidas eran de 5 minutos polo que cada neno/a xogou varios partidos nesta xornada. Os árbitros dos encontros eran alumnos/as de 6º de Primaria de coles de A Estrada.
Ao rematar a xornada regresamos ao cole cun sorriso inmenso polo ben que o pasamos. O deporte é alegría, compañeirismo, ilusión e paixón. Noraboa deportistas!!!
( categories: )
Día da Educación Física na RúaEnviado por jairo o Xov, 18/04/2024 - 16:14
Este martes 16 de abril celebramos o Día da EF na Rúa. Baixo o lema de “A Educación Física e saúde mental”, o alumnado de 5º e 6º de Primaria foi á praza do concello para realizar unha sesión de Educación Física alí, co obxectivo de concienciar da importancia do exercicio físico na nosa saúde tanto física como social e mental. A esta celebración acudiron nenos e nenas de distintos coles e institutos da comarca. O noso alumnado estivo durante esta sesión xogando cos rapaces/as do CEIP Manuel Villar Paramá, de Vea.
Foi, sen dúbida, unha das mellores sesións de Educación Física que tivemos durante o curso. Pasámolo xenial, coñecemos a compañeiros/as doutros coles e visibilizamos a importancia do deporte no día a día. Todo un éxito!!!
Saímos na prensa https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2024/04/17/gimnasio-pared...
( categories: )
Multixogo 1º e 2º E.P.Enviado por jairo o Lun, 11/03/2024 - 12:38
O 7 de marzo realizamos unha xornada de Multixogo con nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. doutros coles da zona. Foi unha xornada moi deportiva, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro; esta actividade está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro (PVAD), no apartado de XOGADE. Nesta xornada había 6 zonas ou estacións diferenciadas e por grupos íase rotando cada 20 minutos para realizar todos os xogos: - Zona de habilidades motrices con circuítos. - Zona de lanzamentos e golpeos. - Zona de saltos. - Zona de xogos populares. - Zona de xogo en grupo. - Zona de habilidades con balóns e pelotas.
Pasámolo xenial e estamos desexando repetir. O deporte é saude e diversión. Volvemos cansos pero cheos de enerxía e alegría para volver facer moitas máis!
( categories: )
Coreos no recreoVoltamos das vacacións de Nadal con moitas ganas de aprender, de traballar, de falar cos compañeiros/as ... pero tamén de BAILAR! Aproveitamos que agora na aula de Psicomotricidade dispoñemos dunha pantalla dixital para proxectar, os martes e xoves nos recreos, coreografías e bailalas. Esta primeira semana bailamos as cancións de "Limbo" e "Acróstico". Qué nos deparará a próxima semana? A mover o esqueleto!
( categories: )
Chegou o Magosto!Enviado por jairo o Sáb, 11/11/2023 - 18:01
Case sen tempo de recuperarnos do Samaín, celebramos este venres 10 de novembro o Magosto. E se falamos do Magosto, temos que falar de castañas e dos xogos populares. Así mesmo, organizamos todos xuntos unha xornada de xogos tradicionais. Dividímonos en 7 grupos, 2 de Ed. Infantil e 5 de Primaria e fixemos 7 estacións para 7 xogos populares: a chave, a culler, os bolos, a raia, carreira de sacos, o ferrón e a comba. Cada grupo, dispoñia duns 10-15 min para xogar a cada xogo popular; cando se dicía cambio, todos cambiamos para pasar ao seguinte xogo. Traballamos os lanzamentos, a axilidade, os saltos e sobre todo o compañeirismo e a cooperación. Xornada deportiva, xornada divertida! E para rematar e recuperar forzas, comemos as castañaaaas!
( categories: )
Coreografía de Samaín 2023-2024Enviado por jairo o Xov, 09/11/2023 - 21:16
O martes 31 de outubro celebramos no noso cole o Samaín. E qué mellor maneira que facendo obradoiros terroríficos? Tivemos obradoiros de manualidades, de cociña, de decoración de cabazas e de baile. No obradoiro de baile, os nenos e nenas de Ed. Infantil e de 1º e 2º de Primaria realizamos unha coreografía aterradora, onde puidemos traballar a expresión corporal. Versionamos en galego e bailamos a canción de "Bien es halloween", de Luli Pampín. Pasámolo terrorificamente ben!
( categories: )
|