Educación física

DÍA MUNDIAL DA ACTIVIDADE FÍSICA

O día 6 de abril, declarado dende o ano 2002 pola Organización Mundial da Saúde como o día "da actividade física", decidimos conmemoralo levando a cabo distintas actividades co propósito de inculcar e sensibilizar aos discentes na importancia de hábitos diarios que impliquen movemento, deporte, actividade física... etc

     

                                       

MEMORY DE MULLERES DEPORTISTAS

Para conmemorar o día internacional da muller, o 8 de marzo, dende a área de Educación Física levamos a cabo o xogo "memory de mulleres deportistas"

Por unha banda, reflexionamos sobre a figura das mulleres deportistas na actualidade, coñecimos deportes minoritarios, investigamos nomes dalgunhas das deportistas españolas máis destacadas nas distintas disciplinas deportivas... etc

E por outra banda, traballamos aptitudes físicas como a velocidade, e cognitivas como a atención e memorización. Físicas: porque o xogo consistía en facer parellas coas cartas o máis rápidamente posible e cognitivas xa que había que prestar moita atención ás cartas que se ían descubrindo para intentar aparellala coa súa semellante.

Canto aprendimos xogando e divertíndonos!

 

  

( categories: )

XOGOS POPULARES MOVÉNDONOS

O martes 9 de novembro realizamos distintas propostas de xogos populares aos nen@s de infantil e primaria para conmemorar o magosto. Que ben o pasamos nos xogos de equilibrio, cos zancos e pratos chinos!

Tamén disfrutamos xogando á galiña cega, ao pañuelo, birlos e á petanca.

 

( categories: )

UN SAMAÍN EN MOVEMENTO

O samaín que festexamos este curso 21-22 foi moi movido e terrorífico!

Os rapaces e rapazas gozaron das tarxetas con esqueletos que se ensinaron na clase de educación física, tendo que imitar a acción ou a posición corporal que se amosaba nas  mesmas baixo o ritmo da canción de "tumbas por aquí, tumbas por alá". Que ben traballaron a súa expresión corporal ...!

Tamén fixemos un escape room "A invasión das caveiras" na que debían de superar distintos retos cognitivos e físicos: de lóxica, intuición e ritmo musical respectivamente.

( categories: )

Conmemoración día da Educación Física

O 28 de abril é un día especial para a Educación física e non podíamos deixar de celebralo!

 

No noso colexio conmemorámolo realizando varios retos físico-deportivos co obxectivo de achegar aos alumnos/as a ampla gama de actividades que abarca a Educación física, moito máis que o fútbol, correr...

Gracias nenxs por ser tan participativxs, por gozar e demostrar que o tempo pasa volando facendo actividade física!

 

       

 

 

Distribuir contido