Xogade

Encontros Multideportivos 3º e 4º de E.P.

O xoves 25 de abril de 2024 tivemos unha xornada de Encontros Multideportivos con alumnado de 3º e 4º de Primaria doutros centros educativos da zona. Esta actividade deportiva está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva de Centro, no apartado de XOGADE.

Os nenos e nenas de 3º de Primaria estiveron xogando ao brilé formando equipos de 10 con alumnado de distintos centros. Cada 8 minutos rotábanse os equipos para enfrentarse a outro diferente polo que ao rematar a xornada, case todos os participantes xogaron entre sí.

 

                        

Para 4º de Primaria, como se ven realizando dende fai anos, fixéronse partidos de bádminton. Neste caso os equipos estaban formados por 5 integrantes do mesmo cole, polo que no noso centro fixemos 3 equipos. Cada equipo xogaba de forma individual, un por un, cos integrantes doutro equipo. As partidas eran de 5 minutos polo que cada neno/a xogou varios partidos nesta xornada. Os árbitros dos encontros eran alumnos/as de 6º de Primaria de coles de A Estrada.

 

      

 

Ao rematar a xornada regresamos ao cole cun sorriso inmenso polo ben que o pasamos. O deporte é alegría, compañeirismo, ilusión e paixón. Noraboa deportistas!!! Risa

 

 

 

 

Tags: PVAD, Xogade, Educación física

Multixogo 1º e 2º E.P.

O 7 de marzo realizamos unha xornada de Multixogo con nenas e nenos de 1º e 2º de E.P. doutros coles da zona. Foi unha xornada moi deportiva, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro; esta actividade está incluída no Plan de Vida Activa e Deportiva do Centro (PVAD), no apartado de XOGADE.

Nesta xornada había 6 zonas ou estacións diferenciadas e por grupos íase rotando cada 20 minutos para realizar todos os xogos:

- Zona de habilidades motrices con circuítos.

- Zona de lanzamentos e golpeos.

- Zona de saltos.

- Zona de xogos populares.

- Zona de xogo en grupo.

- Zona de habilidades con balóns e pelotas.

 

Pasámolo xenial e estamos desexando repetir. O deporte é saude e diversión. Volvemos cansos pero cheos de enerxía e alegría para volver facer moitas máis! Sorriso

 

                                              

 

 

 

 

         

 

Tags: PLAN PROXECTA, PVAD, Xogade, Educación física

O Cros de A Estrada

O mércores 11 de outubro realizamos a primeira saída do curso e foi para acudir ao tan esperado Cros. Como todos os anos fíxose na zona deportiva de A Estrada e acudiu alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria da maioría de coles da zona.

Fixemos unha gran carreira e con coraxe, valentía e moita ilusión chegamos á meta! Noraboa rapaces! Risa Risa

                                              

 

 

 

                                               

 

 

                                                       

 

 

 

                                                     

 

 

 

 

 

Tags: CROSS, PVAD, Xogade, Educación física

Volvemos ao Cross

Un ano mais participamos no Cross organizado polo Plan Proxecta "Xogade". Este festexo deportivo reuníu á meirande parte dos colexios e institutos da comarca convertíndose nun gran evento deportivo escolar.

Como docente gustaríame agradecer a participación e o esforzo de todos os alumnos e alumnas do Ceip Cabada Vázquez que quixeron vivir esta experiencia; é un orgullo e satisfacción ver como disfrutades e como compartides estas vivencias dun xeito tan pasional. Mención especial aos 4 clasificados: Hugo, Melania, Mohamed e Fátima sodes o orgullo de todo o colexio e a comunidade educativa... moitos parabéns queridiños/as!

Gracias a todos.

 

 

Tags: CROSS, Proxecta, PVAD, Xogade

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º

 

EDUCACIÓN FÍSICA INFANTIL, 1º e 2º

 

Lembra que tes esta semana para rematar o teu xogo tradicional.

 

Se me envías unha foto engádoa no vídeo das “Letras Galegas - Xogos Tradicionais – PDC”

 

As persoas que remataron poden practicar calquera dos xogos tradicionais que propuxen nas dúas últimas semanas ou outro que lles ensine a súa familia.

 

Recorda quecer e estirar. Utiliza os vídeos das dúas últimas semanas.

 

 

Saúdos, saúde e móvete moito.

 

Tags: EU FICO NA CASA, Letras Galegas, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, Xogos tradicionais, 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, Educación física

LETRAS GALEGAS - XOGOS TRADICIONAIS - PDC

LETRAS GALEGAS - XOGOS TRADICIONAIS - PDC

 

Dende Educación Física e Plástica, e en relación co noso Proxecto Deportivo de Centro, propuxemos realizar xogos tradicionais para adentrarnos na nosa cultura e celebrar o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Podemos resumir o traballo do alumnado e das súas familias nos seguintes vídeos. Gozade deles!

 

               INFANTIL, 1º e 2º      

 

3º e 4º

 

5º e 6º

 


 

Tags: 4º de E. I., EU FICO NA CASA, Letras Galegas, PLAN PROXECTA, Presentación, VIDA ACTIVA, Xogade, 5º de E. I., 6º de E. I., 1º de E. Primaria, 2º de E. Primaria, 3º de E. Primaria, 4º de E. Primaria, 5º de E. Primaria, 6º de E. Primaria, Educación física, Sección Bilingüe