5º de E. I.

ENQUISA EQUIPAMENTO TECNOLÓXICO

Enviado por Agustin o Mér, 24/11/2021 - 13:50

 

 

 

 

 

SORPRESAS CON ILUSIÓN

Enviado por Agustin o Mér, 03/11/2021 - 17:15

O día dous de novembro atopamos unha sorpresa no patio de infantil!!

 

GALIÑEIRO GALIÑEIRO
GALIÑEIRO GALIÑEIRO

 

Enterámonos de que os nosos mestres, mestras e persoal do centro pensaron que para o noso desenvolvemento sería importante que nos fixeramos responsables do coidado dalgún animal (alimentalo, manter limpo o espazo...) así como aprender a respectalo, observar as súas características, ciclo vital, traballar o reparto de tarefas e responsabilidades, compromiso...

Contáronnos que despois dun tempo dándolle voltas decidiron que iamos a compartir un anaco do noso patio, da nosa experiencia e da nosa infancia coas futuras inquilinas do galiñeiro.

Queremos que as galiñas sexan de raza autóctona, e estamos dubidando entre a “galiña de Mos” e a raza “piñeira” xa que calquera delas son propias da zona atlántica.

Con esta acción, que se enmarca perfectamente coa liña metodolóxica do Cabada Vázquez, pechamos o ciclo do noso horto escolar xa que teremos que plantar as coles e o millo para que as galiñas teñan alimento, ao tempo que aproveitaremos o seu esterco para mellorar o compost que producimos na escola.

Desde este espazo queremos facer público o noso agradecemento á familia de Ariadne e Antía que dende o momento que llo propuxemos amosaron o seu entusiasmo e ofreceron a súa colaboración para levar a cabo este novo proxecto do que poderemos desfrutar toda a escola.

ACTIVIDADES TERCEIRO TRIMESTRE.

Enviado por Agustin o Mar, 22/06/2021 - 11:47

Mirade que artistas:

ACTIVIDADES SEGUNDO TRIMESTRE.

Enviado por Agustin o Lun, 21/06/2021 - 14:06

Camiñando, camiñando chegamos ao segundo trimestre:

ACTIVIDADES PRIMEIRO TRIMESTRE

Enviado por Agustin o Dom, 20/06/2021 - 12:51

Unha ventá aberta a algunhas das actividades que desenvolvemos na nosa escola durante o primeiro trimestre do curso:

HORTO ESCOLAR

Enviado por Agustin o Ven, 18/06/2021 - 15:26

Neste vídeo podedes ver unha pequena mostra do noso traballo no horto escolar durante o curso 2020/2021:

Distribuir contido