Skip to Content

Localización

Onde estamos

O CEIP Carlos Cid Arregui está situado no concello de Rairiz de Veiga, pertencente á comarca da Limia na provincia de Ourense. O noso colexio acolle ao alumnado dos concellos de Rairiz de Veiga e de Vilar de Santos, ás beiras do río Limia e da antiga lagoa de Antela, contando cunha poboación conxunta de pouco máis de 2000 habitantes.

 


 

Xunto cos veciños concellos de Allariz, A Bola e Vilar de Santos, conforma a Reserva da biosfera Área de Allariz, unha das seis declaradas na nosa comunidade.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut