Para o Samaín colaboramos para facer un libro de infantil aportando cada ne@ o seu medo. Ademais na clase metemos o noso medo nunha bolsa máxica e converteuse nuna gominola. Foi algo máxico e encantounos! Decoramos a clase con teas de araña, arañas e tamén con cabazas . Pintamos unha cabaza grande. Traballamos as figuras xeométricas e os grafismos. Coas pinturas fosforescentes fixemos debuxos de medo e logo puidemos velos coa luz negra. Foi superchulo ver como cambian as cores e como brillan!
Visitamos a exposición das marabillosas cabazas decoradas polas familias.
Xogamos coas follas e froitos do outono facendo series, contando, asociando número e cantidade…
Para o Magosto decoramos con rotuladores un vaso para meter as castañas e quedounos xenial! Tamén fixemos un colar de castaña, grafismos e un mandala … Vimos como asaban as castañas e logo puidemos degustalas e bailar. Pasámolo fenomenal!