Instalacións

Estrea de novos espazos

Onte, 22/11/19, foi un día de estrea de distintos espazos creativos para os alumnos e alumnas do CEIP Carrasqueira, dende un rincón de teatro onde facer improvisacións, actuacións musicais ou poñer a proba as distintas habilidades artísticas ata un rincón de xogo máis calmado, onde sentarse e pensar na estratexia a seguir para gañar ao xadrez, as damas ou outros xogos de mesa.

Premede na seguinte ligazón https://twitter.com/Carrascoruxo/status/1197853475742322688?s=08 para para descubrir iso do que tod@s falaban no patio

ESTREAMOS NOVO PATIO EN INFANTIL

Neste verán na nosa escola tivo lugar un cambio importante no patio de infantil; froito dun proceso longo de reflexión e debate por parte das mestras deste ciclo, e que trasladaron á comunidade educativa, co apoio do equipo directivo, tanto o saínte coma o entrante.

Tratouse de trasladar ao espazo de xogo, unha perspectiva diferente desta zona, creando ambientes e espazos de aprendizaxe, movemento, experimentación e desfrute en contacto continuo coa natureza. Dando cabida a diferentes actividades, ritmos e estilos de xogo dos diferentes nenos e nenas e apetenzas de cada momento:

 

-Un espazo de actividade intensa e movemento cos troncos de equilibrio e trepa

 

- Un  espazos semi-activo e sensorial  cun panel instrumental e cunha cociniña xunto as plantas aromáticas para o xogo simbólico.

 

 - A zona do areeiro cos cacharriños, carretillas, caldeiros e pas que tanto lles gusta.

 

- E unha   zona tranquila coas cabañitas para falar,   descansar e ler contos.

  

 Estamos moi content@s co resultado, creemos que están desfrutando moito , e que se alcanzaron  os obxectivos plantexados no proxecto.

Queremos agradecer a todas as familias que colaboraron e participaron para facer isto posible; e facer unha mención especial ao noso papá carpinteiro que escoitou as nosas propostas e co seu bo facer e grandes dosis de ilusión, motivación e creatividade o fixo posible. Graciñas.

Máis información aquí

ESPAZOS

PRIMARIA

 

 

 

 EXTERIORES E BIBLIOTECA

 

INFANTIL

 

 

 

Distribuir contido

Foro de novidades e actividades

           

         O noso INSTAGRAM é

  ceip_carrasqueira_vigo

       Animádevos a coñecelo!

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Plan Dixital de centro

 

A leira de Carrás

A LEIRA DE CARRÁS

Escola de Nais e Pais

Biblioteca

Peque Carrasqueira

BLOG DE INFANTIL

 

Pais/Nais