Skip to Content

Día das persoas con discapacidade

 

Día das persoas con discapacidade

 

  Todo o alumnado do CEIP, conmemorou o 3 de decembro,“Día das persoas con discapacidade”,coa elaboración dun mural no que se abordan inventos que sirven de axuda para superar as dificultades que poden acompañar ás persoas que padecen algún tipo de discapacidade.

   

   

   

 

 

Excursión a Ferrol

O mércores 23 de novembro, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizamos unha excursión a Ferrol. Alí disfrutamos do Museo da Construción Naval e do Museo de Historia Natural. 

Ao día seguinte, as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, visitaron o Museo da Construción Naval. 

 

 

Celebracións do mes de novembro

Neste mes de novembro os nenos e as nenas do CEIP de Curtis conmemoraron 2 días importantes realizando sendos murais. 

-20 de novembro: Día universal dos dereitos dos nenos e as nenas. 

-25 de novembro:Día internacional para a eliminación da violencia de xénero. 

IGUALDADE

IGUALDADE

   Este xoves o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP, tivo a oportunidade de participar nunha actividade promovida dende o CIM (Concello de Curtis), co obxetivo de promocionar a igualdade entre homes e mulleres.

         

Medidas ante a aparición de casos sospeitosos de gripe ou infección respiratoria

Dende a Consellería de Sanidade achégannos as medidas ante a aparición de casos sospeitosos de gripe ou de infección respiratoria nas escolas infantís.

Para consultalas prema aquí.

Eleccións ao Consello Escolar

Estimadas familias:

Como moitos de vostedes saben durante o próximo mes de novembro vai haber eleccións ao Consello Escolar.

Dende a dirección do centro animámolos a que participen.

O proceso a seguir vai ser o seguinte:

- 2 de novembro: Sorteo público dos integrantes da Xunta electoral e envio de citacións aos membros da mesma.

- 7 de novembro. 1ª reunión da xunta electoral, constitución, aprobación do calendario de actuacións, publicación de censos....

- 8 de novembro. Circular explicando calendario de eleccións.

- 11 de novembro. Empeza o prazo de presentación de cadidaturas.

- 18 de novembro. Remata o prazo de presentación de candidaturas.

- 21 de novembro. 2ª reunión da xunta electoral. Claustro informativo.

- 24 de novembro. Citacións convocatoria constitución mesa electoral do sector  pais. Envio convocatoria claustro extraordinario.

- 28 de novembro. Circular ao sector de pais lembrando votación.

- 29 de novembro: Votación sector pais. Claustro extraordinario.

- 30 de novembro: 3ª reunión xunta electoral, proclamación candidatos, traslado actas ao xefe territorial.

- 5 de decembro. Convocatoria constitución Consello Escolar.

 

Un saúdo.

Calendario escolar 2022- 2023

No arquivos adxuntos podedes consultar o calendario escolar deste curso, xunto cos días non lectivos que solicitou o noso centro.

Visita ao MUNCYT

Visita ao MUNCYT sede A Coruña

Alumnado de Educación Infantil

    O xoves, 3 de novembro, todo o alumnado de educación infantil visitou o MUNCYT (Museo Nacional da Ciencia e Tecnoloxía), onde fixeron un percorrido polo bazar da ciencia e a tecnoloxía, vendo cómo evolucionaron obxetos que nos rodean e descubrindo algúns dos inventos que revolucionaron o século XX.

   Nas salas do Museo observaron, entre outras moitas cousas, dende o primeiro ordenador que chegou a España ata a lanterna da Torre de Hércules, e incluso subiron a un Jumbo de Iberia . A visita tiña moito que ver co noso proxecto INVENTOS; nunha das salas, admiraron un muro adicado aos inventores.

   Resultou unha mañá moi interesante.

 

Celebramos o MAGOSTO

O pasado 28 de outubro os nenos e nenas celebraron o Magosto no CEIP de Curtis. 

Primeiro merendaron no patio degustando as castañas asadas cedidas pola AMPA. 

Despois divertíronse nun circuíto de xogos populares nos que a protagonista era a castaña, o froito de outono por excelencia. Repartidos en grupos formados por nenos e nenas de todas as idades foron pasando polas 10 estacións: quen perde a cadeira?, a ra, bailamos?, a culler, castaña na cabeza, a mariola, tenis de outono, a diana, o florón e a que sabe o outono.

Xa que coincidía co último día lectivo antes da celebración do Samaín algunhas persoas viñeron disfrazadas. 

Foi unha mañá moi divertida na que disfrutaron do outono xogando todos xuntos!!

 

 

DÍA DA BIBLIOTECA

Día da biblioteca

24 de outubro

   Celebramos o día da biblioteca e aproveitamos para inaugurar o noso proxecto "INVENTOS".

 

 

 

Xuntos, cantamos unha canción, coa letra que compuxo Lourdes para a ocasión; facendo referencia ao proxecto

 

e despois, o magnífico tren de biscoito, homenaxe a este medio de transporte que tanto significado ten para a nosa localidade e que, sin dúbida ,é un gran invento, foi degustado por todos os presentes.

 

Desexámosvos a todos e todas,moi felices lecturas!

Distribuir contido


by Dr. Radut