Educación Física

CERIMONIA INAGURAL DE 1º E 2º

                          

                                        

Xa chegou o GRAN DÍA!!!!

Marela está moi nerviosa porque hoxe comezan  as MINIOLIMPÍADAS para os nenos e nenas de 1ºA e 2ºA do Ceip de Arzúa.

O Comité Olímpico encargado de organizar estes xogos escolleu como abandera a... MARELA. Ela vai ser a que nos di os retos que temos que superar.

E como en todas as aperturas dos Xogos Olímpicos amósase unha mostra de danza....Marela deixounos esta coreografías para iniciar as nosas MINIOLIMPÍADAS.

 

FIXÁDEVOS E ATENTOS AO 1º RETO....!!!! 

 

                                                                       

 

 A XOGARRRRRRRR!!!

Lembrade: podedes mandar o video ao correo maritaefisica@gmail.com e os nenos e nenas de 2ºA ao wasap da titora.

MINIOLIMPÍADAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA!!

Ola chiquis!! Marela está moi ilusionada cos Xogos Olímpicos e apuntounos por equipos aos nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria para participar en varias disciplinas olímpicas como: baloncesto, atletismo, ximnasia rítmica, tenis...

O Comité Olímpico mandoulle o regulamento das competicións e deixounos unha copia .

 

 

REGLAMENTO OLÍMPICO

  • Cada clase competirá entre sí.
  • Cada vez que se publique unha proba, tedes 2 días para facela, quitar unha foto ou un vídeo e mandalo para que os árbitros e os xuíces valoren se está ben realizada ou non.

  • Cada deportista sumará un punto ao seu equipo cada vez que envíe a proba feita.

  • As probas olímpicas publicaranse cada dous días.

  • O equipo que máis puntos acade, otorgaráselle un diploma olímpico.

  • A composición dos equipos podedes velos no anexo I

  • Correo electrónico do comité olímpico: maritaefisica@gmail.com ou á titora por whatsapp (2ºA)

 

ANEXO I              COMPOSICION DE EQUIPOS

 

EQUIPOS DE 1ºA: correspóndense cos equipos da clase de educación Física.

  • Woody : Uxía Veleiro, Gaia Sofía, Nazaret, Uxía Castelo, Xabi e Xián

  • Buzz: Carlota, África, Julieta, Quique, Oriana e Xoel

  • Hamm: Pedro, Rares, Marjorie, Lucía e Alba

  • Rex: Víctor, Sara, Elisa, Oliver e Andrés

 

EQUIPOS DE 2º A: correspóndense cos mesmos da actuación de nadal

 
  • Peter Pan : Ainhoa, Diego, Efrén, Jorge e Manuel

  • A sereíña: Chamira, Noa, Nuria, Carme, Lucia e Elia

  • O libro da Selva: Óscar, Leo, Iván, Paula, Antía e Uxía

  • Frozen: Iago, Mariña, Aldara, Ruth, Natalia e Samuel

ATENTOS, XOVES COMEZAN AS NOSAS MINIOLIMPÍADAS!!! 

MALABARESSSSSSS... PARA 3º,4º,5º E 6º DE PRIMARIA

 

Marela xa estivo practicando coas pelotas de malabares pero....aínda non domina ben os movementos:as columnas síncronas e asíncronas, a fonte, a cascada... O seu amigo Iván deixoulle uns trucos para gañar coordinación e mellorar as habilidades motrices.

ANIMÁDEVOS E MANDADE TAMÉN OS VOSOS VIDEOS DE MALABARES!!!

 

MALABARES CON 2 PELOTAS

 

DUCHA CON 2 PELOTAS

 

FUENTE CON 2 PELOTAS

 

20 TRUCOS DE MALABARES

 

 A PRACTICARRRR ...... E A PRÓXIMA CON 3 PELOTAS!!!

OS XOGOS OLÍMPICOS!!

Ola nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria!!!

Como sabedes este ano íanse celebrar os XOGOS OLÍMPICOS en Tokio, pero debido ao coronavirus quedaron aplazados para o ano 2021.

Marela estaba moi ilusionada en participar pero ao non celebrarse... deixounos este vídeo para descubrir algún dos segredos deste gran acontecemento deportivo. Despois debemos comprobar o que sabemos facendo esta FICHA que nos deixou e enviala ao meu correo maritaefisica@gmail.com.

Os nenos e nenas de 2º A tedes o voso traballo dos XOGOS OLÍMPICOS globalizado dentro da organización do teletraballo da vosa titora.

 ÁNIMOOOO, ÍMONOS PREPARAR PARA OS NOSOS XOGOS OLÍMPICOS!!!

MARELA APÚNTASE Á LECTURA!!!

Marela tamén quere celebrar o día do Libro e para iso recoméndanos os contos "GANAR O PERDER" de Pedro Pablo Sacristán e "UGA LA TORTUGA" de Gimena López. Co primeiro conto ensínanos que o importante nos xogos non é o resultado, nin gañar ou perder, senon XOGAR E PASALO BEN!!!

E ti que pensas...???

No segundo conto Marela ensínanos a importancia do ESFORZO e da  PERSEVERANCIA para acadar o que queremos. Non importa ser rápido ou lento, o importante é marcar unha meta e esforzarse por conseguila.

E NÓS.... IMOS CONSEGUIR GAÑAR ESTE RETO!!!!

MARELA APÚNTASE Á LECTURA!!!

Marela tamén quere celebrar o día do Libro e para iso recoméndanos o conto " LAS ZAPATILLAS DEPORTIVAS DE SOFÍA", un conto onde podemos ver moitos dos valores que traballamos a través do deporte: a TOLERANCIA, a IGUALDADE ENTRE NENOS E NENAS, o ESFORZO, a SUPERACIÓN, os DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS... valores que nos deben acompañar no camiñar da nosa vida.

IOGA... A POSTURA DO CAN!!!

E despois de practicar Educación Física, Marela recoméndanos facer un pouquiño de ioga. Esta vez vainos a ensinar a postura do can para mellorar a elasticidade así como os músculos das costas, os ombreiros e o abdome.

Mirade, mirade....

QUE RELAXXXXX.....!! OMMMMMMMM.......!!!

PHYSICAL EDUCATION III...

Como ides coas pelotas de malabares?..... ÁNIMOOOOO...xa veredes que chulis vos quedan!!!

Mentres as construídes Marela proponnos outra clase Educación Física en inglés para manternos en forma.

Preparados, listos...... a TRABALLAR!!!

MALABARES!!!

Durante estes días de vacacións, Marela aproveitou para ver o espectáculo que o  circo do Sol nos fixo chegar a través das novas tecnoloxías e decidiu que quere aprender a facer malabares con pelotas.

Buscou información para construir unhas pelotas de malabares e comezou a traballar….. Tamén podemos utilizar outras cousas como pelotas, só temos que deixar voar a imaxinación..... e buscar na casa.

 

  

 

 

Agora toca practicar...… Para iso deixounos estes vídeos......

Atréveste...??? Pincha en cada imaxe e...….a practicarrrrr!!!! 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Se queres compartir a elaboración das pelotas e os xogos de malabares, pódesme enviar as fotos ou os videos ao meu correo electrónico maritaef@gmail.com.

ANIMOOOOOOO....SEGURO QUE VOS QUEDAN MOIIII CHULAS!!!!

APÚNTATE AO IOGA!!!

Marela acaba de descubrir unha disciplina oriental.....o IOGA!!! Os seus mestres ensináronlle a unir o corpo, a respiración e a mente, e a facer diferentes posturas que nos axudarán a DESCONECTAR deste confinamento e a recargar ENERXÍA.

Apúntaste á primeira sesión??

Non vos olvidedes da coreografía de QUÉDATE NA CASA!! Temos que practicala para logo facela todos e todas xuntos e xuntas. Podédesme mandar algún video!! O meu correo é maritaefisica@gmail.com

ÁNIMOOOOO...IMOS GAÑAR ESTE RETO!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet