Educación Física

QUERES XOGAR AO XADREZ ...???

Despois das sesións de xadrez onde vimos os apectos máis básicos, os movementos das pezas, algunha xogada..., Marela deixanos un taboleiro para xogar unha partida online. Tes que escoller o teu avatar e o rival con queres xogar, tedes ata 8 contrincantes famosos e famosas que representan diferentes niveis de dificultade, dende moi fácil ata moi difícil. Marela recoméndanos comezar con ROSA PARKS que ten un nivel moi fácil. Se queres xogar preme na imaxe.

ANÍMATE...!!!

 ATENTOS E ATENTAS AO ÚLTIMO RETO, O RETO 8...!!!!

O XADREZ 1....!!!!

Marela está moi ilusionada porque está aprendendo un novo deporte que lle aporta moitos benficios: mellora a súa capacidade de concentración e atención, axúdalle a planificar o seu tempo,  favorece a socialización....

Sabedes que deporte nos trae Marela??? Seguro que si.....O XADREZ!!!!

Deixounos varios vídeos para lembrarnos dos conceptos básicos, os movementos das pezas, o seu valor, o xaque, o enroque... e tamén un vídeo "La ruleta del ajadrez" para comprobar o que sabemos.

ATENTOS E ATENTAS AOS VÍDEOS, FIXÁDEVOS BEN!!!



 

A XOOOOOGAR!!!

BERNI E O CICLISMO!!

Marela lémbranos: O MÁIS IMPORTANTE NON É GAÑAR SENÓN PARTICIPAR!!

E para demostralo deixounos un vídeo do oso Berni. Mirade, mirade....

 

 E agora toca realizar o RETO 7!!!

ÁNIMOOOO, SODES UNS E UNHAS GRANDES DEPORTISTAS!!!

RETO 7.....CICLISMO!!!

Esta semana tócanos competir en CICLISMO. Sabíades que hai catro modalidades olímpicas de ciclismo?? Nos Xogos Olímpicos podemos participar en ciclismo en rutaen pistaen BMX e en montaña.

Tendo en conta que o 5 de xuño celebramos o DÍA DO MEDIO AMBIENTE, Marela anotounos na modalidade de ciclismo en montaña. Para superar este reto témolo que facer ao aire libre e en contacto coa natureza.

Precisamos unha bicicleta, un casco e elaborar un percorrido con obstáculos naturais ou artificiais.

Á LIÑA DE SAÍDAAAAA....!!! 

 

 

Unha vez superado o reto non vos olvidedes de envialo ao correo maritaefisica@gmail.com

TRIVIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA!!

Esta semana Marela tráenos un xogo de mesa para practicar en familia, o TRIVIAL DE EDUCACIÓN FÍSICA.

OLLOOOO...!!!, antes de empezar a xogar debes ler as instrucións, ver o material que fai falta e escoller o curso.

Preparados e preparadas....??

A XOGARRRRR!!!

 

 

ATENTOS E ATENTAS AO RETO 7!!!

RETO 6.....RELEVOS!!!

Depois da victoria do equipo de baloncesto, esta semana tócanos competir en ATLETISMO, na modalidade de RELEVOS.

Precisamos 4 pares de calcetíns dobrados, un cronómetro ou reloxo e moitas gañas de superar este novo reto.

PREPARADOS E PREPARADAS, LISTOS E LISTAS ........XA!!!

 

 

Lembrade, unha vez superado o reto debedes enviar unha foto ou vídeo ao correo maritaefisica@gmail.com

ÁNIMOOO.... ESTÁDELO FACENDO MOIIII BEN!!!

O DÍA DO DEPORTE!!!

Hoxe celebramos o DÍA DO DEPORTE!!!

Marela deixounos un xogo para facer DEPORTE con ela. Atréveste...???. Atentos e atentas... este LIM ten 3 niveis de dificultade.

ANÍMATE E....XOGA!!!

Para xogar en pantalla completa presiona a imaxe da tele.

ATENTOS E ATENTAS AO 6º RETO!!!

 

IOGA....AS POSTURAS DOS ANIMAIS DO MAR!!

Agora tócanos relaxar!!!. Esta semana Marela participou nunha sesión de ioga onde traballou diferentes posturas de animais mariños: a tartaruga, o cangrexo, o tiburón e a estrela de mar. Con estas posturas fortalecemos as costas, os brazos e o abdome.

ANIMÁDEVOS..???

 

 

ATENTOS E ATENTAS AO 6º RETO!!!

PHISYCAL EDUCATION V!!!

Marela está moi ilusionada cos retos das Miniolimpíadas e foi de novo ao ximnasio para adestrarse para a seguinte proba e ao mesmo tempo practicar inglés. Deixounos estas dúas sesións.

DEPORTISTAS DE  1º, 2º, 3º e 4º DE PRIMARIA

DEPORTISTAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA


XOGOS POPULARES, de diferente maneira

Despois de todo o aprendido nas fichas entregadas sobre XOGOS POPULARES por Marita, atrevédevos con este sinxelo xogo!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet