Medioambiente e Saúde

Actividades feitas pola ANPA O FORMENTO

 

Estimadas familias este ano complicado e difícil realizamos as seguintes actividades:

Estes servicios contratáronse con Pakolas, Lidia Veiga, Diego Slampoetry e Biosbardos Animación. 

Actividades feitas pola ANPA O FORMENTO

VISITA CENTRO ECUESTRE MARCO DAS PIAS

Tras un ano atípico decidimos en 3 anos programar unha merecida saída completando o noso proxecto sobre a os animais da granxa. 

Decidimos facelo ao centro ecuestre Marco Das Pias! Alí puidemos coñecer a fondo o coidado dos cabalos, a súa alimentación ( mesmo tivemos ocasión de darlle unha chuche a algún deles e sentir unha nova sensación) , a hípica como deporte  e finalmente puidemos cepillar a Pistolas e Cangrexo, OS dous ponis que fixeron as delicias dos màis pequenos ! Atreveríadesvos a montamos? Nós así o fixemos e mesmo algún/ha quixemos repetir.

Acompañounos durante toda a xornada un amigo fiel: O mastín Pistón! 

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes ! Pasàmolo xenial!! 

 

RECICLAXE

Dentro do programa do plan proxecta na modalidade de SUSTENTABILIDADE E PAISAXE na aula de tres anos elaboramos un Lapbook  xa que nos encantou a súa elaboración en con eles aprendemos dun xeito diferente, divertido e manipulativo.  En esta ocasión traballamos de diferentes técnicas a RECICLAXE. Sabedes  reciclar? Cales son as cores dos contenedores e como temos que reciclar? Que tiramos en casa un de eles? 

Nós traballàmolo a través de este Lapbook 

Levantamos a solapa de cada contenedor e temos OS diferentes envases que debemos tirar en cada un de eles!

AS PLANTAS

O Longo de este terceiro trimestre continuamos traballando as plantas e as súas necesidades para poder vivir. Fixémolo a través din Lapbook en forma de flor que nos serviu para aprender divertíndonos e descubríndo.

 Só temos que levantar cada pétalo por orde( repasando así OS números) e descubrimos unha necesidade para que as plantas medren e sobrevivan.

 Esta actividade enmarcàmola dentro do plan proxecta SUSTENTABILIDADE E PAISAXE.

MURAL DO MEDIOAMBIENTE 5ºA E.PRIMARIA

Este curso, para desenvolver moitos dos contidos relacionados co eixe vertebrador escollido polo centro "Medioambiente e saúde", na aula de 5ºA de E.Primaria puxemos en marcha este mural. 

O mural, que preside o fondo da aula, leva por título "Cóidate! Cóidao!". Nel aparecen as nosas propostas para evitar a contaminación do aire, da auga e do solo. Tamén, consellos que debemos ter en conta para contribuír a un desenvolvemento sostible do noso planeta e, por último, a nosa aposta polas enerxías limpas. 

DIA DO LIBRO

O 23 de Abril conmemórase o día do libro, un día no que recordamos a importancia de ler e todo o que con elo podemos aprender. Durante este día na aula de 3 anos visionamos o conto que o alumnado de quinto preparou e colgou na pàxina web do cole "A PELUCA DE LUCA" . Con él aprendimos que cada un ten as súas características e que tod@s nos debemos respetar. 

 

 

Elaboramos una marcapàxinas para os nosos contiños da casa relacionados con medio ambiente : flores, àrbores , bolboretas e xoaniñas faràn que os nosos libros luzan cun ambiente primaveral.

 

Finalmente , en colaboración con departamento de biblioteca , elaboramos o noso BOOKFACE! Adiviñades quen forma parte de cada libro?

 

 

DIA MUNDIAL DA SAÚDE

Hoxe 7 de Abril conmemórase, segundo o calendario escolar, o Día Mundial da Saúde.

Dende a aula de 3 anos queremos deixarvos uns conselliños que vos sirvan para manter un bo estado físico e mental e un corazón forte e san! 

 

PRIMAVERA!

Este ano , na aula de tres anos participamos no plan proxecta en PAISAXE E SUSTENTABILIDADE , por iso coa chegada da nova estación e estes solleiros días de sol , na nosa aula , consideramos que era o momento oportuno para plantar as nosas sementes da horta nun pequeno invernadoiro que a profe nos mercou.

Pero... para que serve un miniinvernadoiro coma este? Que imos sementar? Que precisan as sementes para medrar? E despois... Que facemos? 

Todas estas preguntas fomos respondendo a medida que fomos realizando a actividade. 

Preparamos o que íamos a precisar: invernadoiro, Terra, sementes (Cabaza, pepino,  , pementos e tomates) , e auga e puxémosnos mans a obra! En breve ensinarémosvos cal foi o resultado a volta do descansiño de semana Santa e a sorpresa que levamos cando fomos a mirar se as nosas sementes naceran!

 

Despois de plantar cada encargado do día era o responsable tamén de regar e vixiar de que as nosas plantas recibiran o sol suficiente para poder nacer. 

E vaia sorpresa levamos ! Mirade que fermosas estàn ! 

Isto si que é ser uns e unhas xardiñeir@s escepcionais! Bo traballo peques!

 

REMATE SEGUNDO TRIMESTRE

Rematamos xa este segundo trimestre. Un trimestre repleto de logros e  avances polo que só poido felicitar ao meu alumnado por todo o conseguido ! 

Para rematalo e cómo agasallo ben merecido fixemos un coelliño de Pascua con sorpresa incluida...MMM Canso

Ademais decoramos as bolsas para levar os nosos traballiños para a casa ,este ano relacionadas con tema de medio ambiente , flores e bolboretas.

Agora un merecido descanso e voltaremos  cargadiños  de enerxia para facer fronte ao terceiro e último trimestre !!

Boa Pascua !! 

 

ENTROIDAMOS EN 3 ANOS

O longo de esta semana de entroido realizamos diferentes actividades relacionadas con eixe vertebrador de este ano do noso cole.

En este resumo de imaxes mostramos diferentes actividades que fomos realizando. :

- Traballamos a importancia de incluir a froita na nosa dieta diaria elaborando MÀSCARAS SAUDABLES.

- Convertímonos en ENFERMEIR@S PEDIÀTRIC@S por un día , falando así da importancia destes profesionais no noso día a día.

- Elaboramos máscaras de coelliños utilizando MATERIAL RECICLADO

- PASÀMOLO XENIAL entroidando cos nosos disfraces o venres 12!! 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet