5º e 6º nivel de Primaria

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias. Envíovos unha mensaxe de cariño e de ánimo para ir afrontando estas fases de "nova normalidade" cara a que imos dando pasiños.

Lembrarvos, como sempre, que o máis importante é o benestar emocional dos nosos nenos e das nosas nenas, e que o traballo de Relixión ten un carácter voluntario quedando polo tanto suxeito á vosa dispoñibilidade. Moitas grazas polo voso interese e unha aperta grande.

Para o alumnado de Relixión de 5º e 6º esta semana propóñovos unha actividade que consiste na "Búsqueda de datos sobre Xesús na Biblia". Trátase de averiguar información referida á vida de Xesús: os seus amigos e amigas, as súas viaxes, os seus seguidores...

Para resolvela faredes uso da biblia on line.

FAI CLICK AQUÍ PARA VER A BIBLIA ON LINE

 

FAI CLICK AQUÍ PARA VER A ACTIVIDADE

Lembrade que o correo electrónico para enviar as tarefas é relixion@arzua.net

PROPOSTA DE ACTIVIDADES ALUMNADO DE 5°

Boas!

Unha semana máis seguimos coa proposta de actividades.

Seguiremos facendo repaso e reforzo. Desta vez, adxunto unha ficha de Ciencias Naturais (con dous textos) e outra de Matemáticas (operacións  combinadas e números decimais).

Un saúdo para todos/as, familia e alumnado! 

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hola a todos/as! Comezamos maio con moito ánimo e moita música! As actividades musicais que vos propoño esta semana son as seguintes:

Comezamos dando unha volta ao mundo instrumental. Escoitade os diferentes instrumentos musicais e despois, nunha folla, escribídeos explicando a que familia creedes que pertencen. Tamén escribide cal foi o que mais vos gustou e por que. Cando o teñades feito, se podedes, enviádemo ao meu correo : musicaceiparzua@gmail.com

https://view.genial.ly/5e80d77d5ad5150d93dbc29b/interactive-content-la-vuelta-al-mundo-en-10-instrumentos


Seguimos cunha actividade de percusión corporal, fixádevos na dobre barra con dous puntos que hai ao final, significa que temos que repetir.

https://www.youtube.com/watch?v=9NdF4Ruf-Ts

E para rematar vos propoño bailar unha canción do rei do rock and roll, Elvis Presley, vos atrevedes? Unha aperta moi grande!

https://www.youtube.com/watch?v=JbxDwaGwi2Q


DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Este curso, o alumnado de 6ºB lemos o libro de R.J Palacio, "La lección de August; un libro que  ademais de servirnos para traballar valores como a tolerancia e a amistade, tamén nos achegou ao problema do acoso escolar. En Nadal vimos a película baseada neste libro, "Wonder", e tampouco nos defraudou. 

 

Os preceptos dun dos mestres de Auggie, o profesor Browne, servíronnos agora para reflexionar sobre este tema. Queremos deixarvos aquí algúns dos que elixiu o alumnado de 6º B nesta xornada do acoso escolar:

 

"Non confundas unha broma cun desfase"

Lorena

"A miúdo o camiño correcto é o que pode ser máis duro de seguir"

Nerea

 

"Nunca fagas algo que non se debe para facer un amigo"

 

"Oxalá teñamos sempre a forza suficiente para ser boas persoas"

Raúl

"Antes de falar, pensa seis veces"

Lara

"Non te sintas inferior por mor do que che din, defínete a ti mesmo" 

 

 

Sara

"Se tes que escoller entre axudar a un neno a integrarse no grupo ou pasar del, elixe axudarlle"

 

"Cando se burlen dun neno ou dunha nena, elixe defendelo/a e non mirar para outro lado"

Adrián

 

E, para rematar, queremos compartir con vós este rap de El Langui que nos invita a todas e a todos a ser valentes e denunciar as situacións de acoso e non mirar para outro lado... 

 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todas as familias do alumnado do CEIP de Arzúa de parte da mestra de Relixión. Parece que esta semana puidemos ver unha pequena luz ao final do túnel ao permitir a saída dos nosos nenos e nenas durante unha hora para dar un paseo. Actividade moi lonxe do que é a saída habitual das nosas pequenas e pequenos para ir ao parque e xogar cos seus amigos e amigas; pero un pequeno avance cara ao que os expertos dan en chamar a nova normalidade.

Lembrade que as actividades de Relixión teñen carácter voluntario, e que non tedes que agobiarvos por facelas; a súa realización queda supeditada á vosa dispoñibilidade. Unha aperta e ánimos renovados para afrontar a nova situación.  

Para o alumnado de Relixión de 5º e 6º esta semana propóñolles facer unha presentación sobre "María, a nai de Xesús, na arte". Como xa sabedes, este primeiro domingo de maio celébrase o Día da Nai, unha festividade que se conmemora en todo o mundo, aínda que non tódolos países a festexan o mesmo día. Temos que viaxar ata a Antiga Grecia para atopar as primeiras celebracións adicadas ás nais, pois alí rendíase homenaxe a Rea, a nai de Zeus, Poseidón e Hades. Posteriormente os romanos, que como xa dixemos moitas veces(en 6º)asimilaron a cultura e a relixión gregas, pasaron a chamarlle a esta celebración Hilaria(que en latín significa "alegría", en relación aos días de xúbilo familiar, polo nacemento dun fillo, por exemplo).Coa chegada e expansión do cristianismo por todo o mundo decidiuse que no Día da Nai tamén se lle rendirían honores á Virxe María, nai de Xesús. Por iso imos facer unha especie de album familiar con pinturas que amosen a María como nai. Todos estes cadros de tema mariano son obras maestras que se atopan no Museo do Prado. Os que seleccionei para que fagades a vosa presentación son os seguintes:

1.La Anunciación, 1596, el Greco.

2.La Visitación, 1500, Maestro de Perea.

3.El Nacimiento, 1597, Federico Barocci.

4.La Adoración de los pastores, 1771, Antonio Rafael Mengs.

5.Tríptico de la Adoración de los Magos, 1510, el Bosco.

6.La presentación de Jesús en el Templo, 1470, Hans Meling.

7.La Sagrada Familia del pajarito, 1650, Bartolomé Esteban Murillo.

8.Las Bodas de Caná, 1562, el Veronés.

9.La Crucifixión, 1509, Juan de Flandes.

Se vos fixades a imaxe de María cambia segundo o pintor e os ideais de beleza de cada época. 

 

Que saibades ver e valorar a beleza das vosas nais, e que as respectedes e obedezades sempre como facía Xesús con María. Feliz Día da Nai!

Lembrade que o correo electrónico ao que enviar as tarefas realizadas é relixion@arzua.net

 

IOGA... A POSTURA DO GATO!!

 

E despois da sesión de zumba...... tócanos relaxar!!!

Marela recoméndanos esta vez a postura do gato para mellorar a nosa axilidade, correxir as malas posturas e fortalecer os músculos das costas e dos brazos.

 

 

RECORDADE QUE DURANTE ESTA SEMANA AS ENTRADAS DE EDUCACIÓN FÍSICA NA PÁXINA WEB FARANSE EN DEPARTAMENTOS- EDUCACIÓN FÍSICA!!! 

ZUMBAAAA...!!!

Esta semana comezamos con baileeeee!!!!

Marela deixounos unha sesión de zumba para empezar con enerxíaaaaaaa......ÁNIMOOOOO

 

 

A PARTIR DESTA SEMANA, AS ACTIVIDADES DE EDUCACIÓN FÍSICA PUBLICARANSE NA PÁXINA WEB DO CENTRO NA PARTE DE EDUCACIÓN FÍSICA.

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADES ALUMNADO DE 5°

Ola de novo familia e alumnado de 5°:

Esta é a proposta de traballo para esta semana do 27 de abril ao 3 de maio:

- Matemáticas: ficha de repaso divisións e gráficos de barras.

- Lingua Galega : comprensión lectora.

- Visual Thinking: actividade creativa.

Un saúdo para todos e todas!

 

 

TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Unha semana máis un saúdo e saúde para todo o alumnado do colexio e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Espero e desexo que vos atopedes ben. Moito ánimo e confianza nunha progresiva mellora desta difícil situación. Xa falta menos para que os nosos nenos e nenas poidan saír outra vez aínda que só sexa un anaquiño para dar un paseo pola contorna.

Precisamente o traballo que vos suxiro esta semana fala de paisaxe e de observar principalmente as árbores que nos rodean, tan importantes para a nosa saúde e para a nosa vida. Lembrade que é unha tarefa opcional e que para nada pretendo que vos agobiedes con ela, facédea só se podedes. O correo para enviala é como sempre:relixion@arzua.net

Grazas polo voso interese e esforzo. 

Para o alumnado de Relixión de 5º e 6º esta semana propóñovos unha actividade que se vai a incorporar ao Proxecto de Paisaxe, que estamos a traballar no colexio, e que poderiamos titular"Coñecendo as nosas árbores". Trátase de identificar árbores da nosa contorna a partir das súas follas e os seus froitos, se os teñen. Xa sabedes que existen moitas especies diferentes, segundo as zonas. Vouvos a facilitar unhas láminas con ata 8 árbores diferentes e vos podedes, ben facer unha presentación en Power Point na que figuren as árbores, as follas e os seus froitos , se os teñen; ou ben facer un debuxo nun folio por cada árbore co seu nome e no que figure tamén a súa folla e o seu froito(se o ten); ou ben imprimir e colorear as láminas que eu vos paso. Lembrade buscar previamente información daquelas especies que non coñezades antes de debuxalas ou colorealas, para asegurarvos que o facedes correctamente e que se corresponden coa realidade. Tamén podedes engadir algunha árbore máis que coñezades ben. Xa chegará o momento de calzar cómodo e saír pola natureza, observar de preto as árbores, recoller as súas follas examinando a súa forma, tamaño, cor, morfoloxía dos nervios que a conforman... para identificar así a que variedade pertence. Convertirédevos en auténticos expertos na flora da vosa contorna. E o que é máis importante, aprenderedes a amar e respectar as especies naturáis así como a coidar das mesmas. 

FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS ÁRBORES

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA 5º E 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, esta semana comezaremos vendo un video dunha orquestra moi animada, fixádevos ben nos instrumentos musicais que aparecen e pensade a que familia pertencen. Identificades algunha canción? Xa me contaredes.

 https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=4kpBW22_6Nw&feature=emb_logo

Vos mando no arquivo adxunto unha ficha onde teredes que ordenar as letras para formar instrumentos musicais e debaixo poñer a que familia pertencen.

Seguimos cunha actividade para repasar o compás de 3/4. 
Na branca, imos cambiar to-e por ta-a e acordádevos de que o punto( puntillo) engade á figura que acompaña a metade da súa duración polo que, por exemplo, unha branca con punto dura tres pulsos ( 2 + 1).
Faremos o ritmo con palmas ao mesmo tempo que dicimos as sílabas rítmicas.

https://www.youtube.com/watch?v=MtEkC454tJI

E, para rematar aquí tedes un pasapalabra musical, vos animades a facelo?

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/3252797-pasapalabra_musical.html

Unha aperta moi grande para todos e todas.

Powered by Drupal - Design by artinet