Distribución de froita

XORNADA GASTRONÓMICA DE ENTROIDO NO COMEDOR

O 24 de febreiro tivemos o xantar de entroido no comedor escolar: cocido, filloas e orellas. Que rico estaba todo!!!

Tamén contamos cun servizo extra de colaborado e colaboradoras ataviados para o momento. Que sorpresa máis agradable!!!

 

 

 

Darlle as grazas ao personal de cociñas, ás nais e pai colaboradores de comedor, mestres e mestras colaboradores por facer isto posible.

 

 

 

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Os nenos e nenas de 3º fixeron uns traballos moi interesantes sobre peixes, un alimento moi importante dentro da nosa alimentación!!!!!

Se queredes velos e saber máis preme aquí

XORNADA GASTRONÓMICA ARZUÁN NO COMEDOR

TOCOULLES ESTA VEZ  ORGANIZAR CON TAREIXA AS AULAS DE EDUCACIÓN INFANTIL , OUTRO DÍA DE XORNADAS GASTRONÓMICAS, ESTA VEZ MOI PRETO DE NÓS, A DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS TÍPICOS DE ARZÚA...

  • Decoramos o comedor con murais relativos aos productos elaborados no noso concello, o mel e o queixo
  • Buscamos música típica  para poñer mentras xantamos.
 
Foi moi divertido e aprendemos moito sobre estes productos, xa que tivemos unha cata de queixo impartida por Óscar Pérez, Secretario Xerente do Consello regulador da DOP Arzúa-Ulloa e uns talleres do museo vivente da mel de Dombodán, o Enredo do Abeleiro por Amparo.


  • CATA DO QUEIXO o luns 16 de xaneiro para 3º de EP






  • DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS DONADOS PARA O COMEDOR  ESCOLAR o luns 16 de xaneiro


 

  • TALLERES DO MEL o xoves 19 de xaneiro para Educación Infantil

 

 5 anos

 4 anos

3 anos

Xogos para aprender froitas

Que vos paracen os novos xogos para aprender froitas?

Na aula de A.L. coloreamos, recortamos, pegamos e traballamos moito para crear este 3 en raia, este dominó e estos puzzles de froitas.

Gústanvos?

 

 

 

INTRODUCCIÓN AOS CÓMICS E AO POEMA COLAXE

 

Os alumnos de 4º nivel estudiaron o que era un comic . A mellor maneira de facérnolo saber  foi facendo comics.
E non foron uns comics calquera , foron uns comics nos que os temas foron as olimpiadas e a froita .
De aí os seus títulos :  "Froitolimpiada", "Froitolimpi", " Nominación de froitas ".
O tema das olimpiadas é o eixo vertebrador do curso que estamos a rematar  e  o da froita forma parte dun dos proxectos do Plan Proxecta .Unindo os dous saíron traballos moi "sans" porque o deporte e a boa alimentación a base de vitaminas son uns bos ingredientes para que o produto , neste caso sexa moi "sabedor ".

Que creatividade! Os nenos e nenas de 4º crean , crean cada día . Desta vez fixeron un POEMA COLAXE no que cada unha das súas estrofas  están ilustradas  en base ao escrito .
Unha vez máis quixeron amosar a través de  personaxes  como as froitas, e utilizando o recurso literario da personificación ,o espíritu olímpico mediante distintos deportes .

Que deportistas nos saíron estas froitas: o arándano, a amora, a cereixa , a ameixa e a mazá ; elixidas nesta orde pola cor dos aros olímpicos . 
 
 

 

 

 

 

Seguimos aprendendo con froitas

O noso compañeiro Victor en colaboración coa súa familia e a mestra de A.L, investigou e aprendeu moito sobre as froitas. 

 

Esta presentacións tan chulas o demostran. Noraboa Víctor!

 

Alimentos e os seus nutrintes

Na aula de Audición e Linguaxe aprendemos moito sobre os alimentos e os seus nutrintes: vitaminas, graxas, proteínas, hidratos de carbono,...

As froitas son unha fonte de vitaminas e fibra moi importante da nosa alimentación.

 

 

 

Que froita é?

Na sesión de estimulación da linguaxe de eduacación infantil, estivemos xogando a adiviñar froitas a través de preguntas: de que cor son? pódese comer a miña pel? son doce? de qué árbore veño?

Animádevos a xogar na casa!!

 

 

Froitopuzzles

Na aula de Audición e Linguaxe aprendemos moito cas froitas. Coloreamos, recortamos e elaboramos os nosos propios froitopuzzles.

 

 

 

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA!!!!

Dentro do programa de Alimenta-T-ben concedéronnos un obradoiro sobre os productos do mar en conserva para os nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria. Logo de aprender moito sobre eles nunha entretida charla de Ana Tillas e Haitor Tilla, tivemos que facer o noso bocata cos ingredientes que eliximos: atún, sardiñas, mexillóns, chocos en tinta, ensalada, tomate, millo, maionesa e queixo...Que ricos nos sairon!!!!

Se queres ver máis fotos preme na imaxe

 

Ponlle as pilas ao teu bocata- Charla

 

Powered by Drupal - Design by artinet