Skip to Content

3º Curso

Na exposición A Arte no Cómic

Compartindo e lendo poesías cos nosos afillados e afilladas de lectura

 
   

Para conmemorar o Día da Poesía sumámonos á actividade de intercambio poético organizada pola biblioteca e dinamización lingüística. Trouxemos escritos da casa os nosos poemas favoritos e logo llos lemos aos nosos afillados/as, e tamén lemos os que eles trouxeron. Despois, estes poemas colgámolos nun mural e o venres cada un levará para casa o que máis lle guste.

Con Tâmara Bezerra, contacontos brasileira

Esta semana houbo contacontos no colexio, traídos polo Festival Atlántica de Narración Oral. Para os de 3º veu Tamara Bezerra, que nos contou, en portugués,  dous contos da tradición oral do Brasil. Foi moi divertido.

8 de marzo: Día Internacional da Muller

Conmemoramos, xunto cos nosos afillados de lectura,  o Día Internacional da Muller facendo pulseiras nas que escribimos ou ben  un adxectivo para definir ás mulleres,  ou ben o nome dunha muller ilustre. Logo estas pulseiras van ser repartidas por diversas entidades do concello de Brión para estar a disposición de quen queira collelas.

   

Celebramos o Día de Rosalía cos nosos afillados / as

 
   

O venres todo o colexio celebramos o Día de Rosalía de Castro creando poemas con versos sacados da obra poética de Rosalía. Os nosos afillados /as axudáronnos a atopar os versos que mellor cadraran para compor a nosa estrofa, que logo colgamos no mural adicado a Rosalía.

   

 

 

Encontro con Pere Tobaruela

   
 

 Hoxe recibimos a visita de Pere Tobaruela,  escritor de Formigas. Misión París, o libro que estivemos lendo no primeiro trimestre.

Preguntounos que fora o que máis nos gustara do libro e tamén o que menos, explicounos como creara os nomes dos personaxes, que todos comezan por FOR, primeira sílaba de formigas, excepto o Doutor Paomao ( insecto pao + mao "malo " ), que se inspirou nalgún amigo á hora de atribuirlles características e que el escribe pensando en que os nenos o pasen ben e que viaxen coa imaxinación.

Tamén nos contou algunha anécdota da súa infancia, como por exemplo que superara a súa timidez despois de ter actuado nunha obra de teatro.

Foi unha charla moi divertida e xa estamos desexando que volva cunha nova aventura dos Formigas, desta vez nunha cidade tan cercana coma Santiago de Compostela.

 

Celebramos o entroido

Gustounos tanto a película Coco que decidimos  tomala de inspiración  para facer os nosos disfraces de entroido. Seguro que nestas fotos  recoñecedes a algún Dante, Miguel, Mamá Imelda, Tía Rosita, Héctor...e outros personaxes que pululaban pola Terra dos Mortos.

   
 
 
   
 
   

Na estrea da película de animación Coco

 
 

 

O 1 de decembro os terceiros, xunto cos cuartos,  fomos ao cine ver a película de animación Coco, que xusto se estreaba ese día.

A película suscitou comentarios diversos, aínda que todos coinciden en que lles encantou :

Encantounos porque a película está ambientada  no Dia de Mortos mexicano  e decoran moi ben as tumbas . Tamén nos gustou moito  a parte na que Miguel lle canta a canción Recuérdame a Mamá Coco.Deunos moita pena cando desapareceu o amigo de Héctor.        Evelin e Lúa

 

Gustounos moito a música. A nosa canción favorita da película  é Recuérdame.     Martín e Xabi

 

Gustounos  moito , pero a parte na que se olvidaban dos esqueletos pareceunos moi triste , pero logo foi ben. Gustounos  que falara dos antepasados, xa que nos fai recordar aos nosos antepasados. Gustáronnos as cancións que cantaba  Miguel,  o neno que tiña o soño de ser musico, aínda que a súa avoa odiara  a música. Un día cumpriu o seu soño.        Aisha e Jorge

 

Foi  moi  bonita, gustounos  moito. A  parte  que máis nos  gustou  foi  cando  lle  caeu  a  Ernesto de la Cruz a campá enriba.     Juan Diego e Alexandre

 

COCO é unha peli moi chula e encantounos porque nos encanta  a música e nesta película  tocaban moito a guitarra. Aroa e Alicia

 

 

 

 

 

 

 

 

Painting like Sonia Delaunay

 

En Plástica estivemos facendo un proxecto sobre a pintora e diseñadora francesa, nacida en Ucrania,  Sonia Delaunay.

Estudando a súa obra aprendemos sobre o uso que fai  da cor e das figuras xeométricas, co que consegue sensación de movemento.

 

 

Facemos receitas de cociña polo Samaín

 

Para conmemorar o Samaín fixemos un obradoiro de cociña, no que elaboramos  unha receita sinxela en cada clase: en 3ºA Ollos monstruosos, en 3ºB Mans monstruosas e en 3ºC Cabazas de mandarina.

Viñemos todos preparados con mandís e tuppers para gardar os nosos terroríficos pratos, pero algúns non aguantamos e xa os comemos na clase. Iso si, escribimos a receita para acordarnos e poder facela outro día na casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut