Skip to Content

3º Curso

Avaliación de diagnóstico 3º de Primaria

Informamos que no mes de maio de 2015, con toda probabilidade, o alumnado de 3º de primaria terá que facer unha avaliación de diagnóstico co obxectivo de:

comprobar el grado de dominio de las destrezas, capacidades y habilidades en expresión y comprensión oral y escrita, cálculo y resolución de problemas en relación con el grado de adquisición de la competencia en comunicación lingüística y de la competencia matemática

segundo se indica na Ley Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE).

Co obxectivo de ofrecer información e orientación a comunidade educativa achegamos un modelo de probas escritas e unha dirección en internet na que poden consultar e realizar múltiples recursos.

As actividades escritas entregadas, tamén se realizan na aula de forma “grupal”, polo que son coñecidas para o alumnado. Anque na casa lle podemos axudar a comprender e razonar os exercicios, e moi importante que cada neno/a comprenda os enunciados e resolva por si mesmo as tarefas.

http://www.mecd.gob.es/inee/Evaluacion_tercero_Primaria.html

Geogebra paa Xeometría de 3º

Geogebra é unha aplicación gratuíta inicialmente diseñada para o estudo da xeometría. Agora tamén como folla de cálculo, álxebra, probabilidade,...

Podemos traballar con geogebra directamente en internet (online) sen necesidade de identificarnos. Tamén podemos aproveitar traballos feitos por outra xente ou mesmo contribuir cos nosos.

Tamén podemos instalar a aplicación no noso equipo. Funciona baixo Linux, windows ou mac.

Resulta moi atractiva e recomendámola especialmente para estudar as linas, os polígonos, os ángulas e as figuras en 2D e 3D.

Traballaremos con ela ao longo deste curso en matemáticas.

Premendo na imaxe, accederemos ao espazo de GEOGEBRA en internet.

CONCERTO DIDÁCTICO PARA O ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

O pasado luns, 10 de novembro, o alumnado de 3º de Primaria asistiu a un concerto didáctico no Auditorio de Santiago.

            

Os compoñentes do grupo Ultreia presentáronlles unha serie de instrumentos de música antigos coma o rabel(o antecesor do violín), distintos tipos de gaitas(de palla, de cana, de ronquillo, de barquín, ...), o birimbau, as ferreñas e outros. Tamén puideron escoitar o son que conseguían cunha folla de hedra ou cunha caixa metálica na que se gardaba o pementón e moitas outras. Algunhas destas melodías estiveron acompañadas de bailes típicos coma a muiñeira e outros.

Resultou unha actividade moi entretida e, sobre todo, interesante.       

                        

Recursos educativos 2014

Publicados na AULA VIRTUAL novos recursos multimedia interactivos na área de naturais:

O corpo humano (2014/15)

Nutrición e aparellos (2014)

Novas reunións de titorías

Luns 22 de setembro ás 16:45h:

  • 5º e 6º de infantil. No ximnasio do centro

Martes 23 de setembro ás 16:45:

  • 3º de Primaria na biblioteca
  • 4º de Primaria, cada curso na súa titoría.

Luns, 29 de setembro ás 16:45 h.

  • 5º e 6º de Primaria, cada curso na súa titoría

Nelas os titores/as comentaras as novas deste curso escolar, normas e organización escolar.

Visitamos a exposición Auga Doce, na Cidade da Cultura.

 

   

 Máis fotos na galería

O 21 de maio fomos á Cidade da Cultura a ver unha exposición sobre a auga doce.

A primeira planta trataba sobre “augas escondidas”, que son as augas subterráneas que servían para encher os balnearios no mundo. No chan dos balnearios colocaban unhas peciñas pequenas, que se usaban para que as persoas non esvararan, formando debuxos artísticos chamados mosaicos.

 Explicáronos o uso que as persoa facemos desas augas que frecuentemente son medicinais e Galicia é moi rica nestas augas, polo que se foron construíndo balnearios ao redor de toda a xeografía de Galicia, como en Mondariz, Caldas de Reis, Cuntis...

 

Noutras plantas había manifestacións artísticas co tema principal da auga e a relación dos artistas coa a auga, cos ríos, co xeo … deste xeito vimos un cadro que simboliza a conquista romana de Galicia e que representa cando os soldados non querían cruzar o río Limia porque lles lembraba o río Letes, e a tradición dicía que se cruzabas as augas deste río convertiríaste nun desmemoriado. Foi o xeneral das tropas o que cruzou primeiro as augas do Limia, e logo na outra beira empezou a nomear aos seus soldados, comprobándose así que non perdera a súa memoria.

 

Noutra planta atopamos cadros do artista británico David Hockney, formando o que se chama unha triloxía porque consisitía en tres cadros: Lightning, Rain e Snow.

Tamén vimos un cubo grande de cristal que tiña auga condensada nunha das caras transparentes, que era como un símbolo de que a auga é vida para os seres vivos.

 

Outro recinto estaba dedicado aos repicipientes ou espazos para almacenar auga. O máis curioso era unha ánfora antiga chea de pequenos buratos. Non podía ser para almacenar auga porque se escaparía polos buratos. Tratábase dunha anguieira. Era para conservar vivas as anguías. Metíanse no recipiente pechado por riba e colocábase dentro dun pozo para conservalas frescas e á vez as anguías comían os bichos que houbese no pozo.

 

A exposición gustounos moito pola cantidade de cousas diferentes que vimos relacionadas coa auga doce: Auga para beber, auga para regar, xeo para facer casas, auga para sanar... auga para a arte.

 

Martiño Rodiño e Roi Penabade 3ºC

 

Visita á exposición Auga Doce na Cidade da Cultura

 

 
   

Máis fotos na galería

O 21 de maio fomos á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, a ver unha exposición sobre a auga doce.

 

A primeira parte trataba sobre “augas escondidas” que son as augas subterráneas, que servían para encher os balnearios no mundo. No chan dos balnearios colocaban unhas peciñas pequenas que se usaban para que as persoas non esvararan formando debuxos artísticos chamados mosaicos.

 

Nas paredes víanse cadros pintados por Castelao. Noutra vitrina estaba exposto un gaido que serve para buscar auga subterránea. Explicáronos o uso que as persoa facemos desas augas que frecuentemente son medicinais e Galicia é moi rica nestas augas, polo que se foron construíndo balnearios ao redor de toda a xeografía de Galicia, como en Mondariz, Caldas de Reis, Cuntis, Guitiriz, Arnoia...

 

Todas eran manifestacións artísticas co tema principal da auga, a relación dos pintores, dos artistas, coa a auga, cos ríos, co xeo … deste xeito vimos un cadro que simboliza a conquista romana de Galicia.

 

Cando ocurriu este feito histórico de que os soldados non quixeran cruzar o río Limia porque a paisaxe e a beleza das súas veigas, así como as augas escuras do leito do río, lembráballes o río Letes. A tradición dicía que se cruzabas as augas deste río convertiríaste nun desmemoriado, sen memoria.

 

Foi o xeneral das tropas o que cruzou primeiro as augas do Limia, e logo na outra beira empezou a nomear aos soldados que mandaba comprobándose así que non perdera a súa memoria.

No chan había pedras do río Miño amoreadas, O río Miño é o máis grande de Galicia.

 

Noutra planta atopamos cadros de David Hockney formando o que se chama unha triloxía porque consisitía en tres cadros: o lóstrego, a neve e a choiva.

 Ao final da exposición vimos un cubo grande de cristal que tiña auga condensada nunha das caras transparentes, era como un símbolo de que a auga é vida para os seres vivos. Noutro recinto estaba dedicada ao repicipientes ou espacios para almacenar auga. Había recipientes de arxila de diferentes tamaños e formas. O máis curioso era unha ánfora antiga chea de pequenos buratos. Non podía ser para almacenar auga porque se escaparía polos buratos. Tratábase dunha anguieira. Era para conservar vivas as anguías. Metíanse no recipiente pechado por riba e colocábase dentro dun pozo para conservalas frescas e á vez as anguías comían os bichos que houbese no pozo.

 

Noutra sala había unha maqueta dunha acequia para sacar auga e obras de enxeñería romana coma un acueduto, concretamente o acueduto de Segovia, cos seus arcos , e ao final había unha casa onde se depuraba a auga para facela apta para o consumo.

 

Vimos tamén, roupas que usaban as persoas para protexerse da auga: unha capa pluvial con ricas teas e moi adornada con fíos de ouro e debuxos florais que usaban os bispos de Santiago, unha coroza que usaban os nosos labregos, feitas con pallas secas trenzadas e un chapeu vietnamita grande para traballar nas leiras cando chove...

 

Gustoume moito pola cantidade de cousas diferentes que vimos relacionadas coa auga doce: Auga para beber, auga para regar, xeo para facer casas, auga para sanar... auga para a arte.

 

Martiño Rodiño e Roi Penabade 3ºC

 

Paula Carballeira estivo no noso colexio.

 

O mércores desta semana estivo Paula Carballeira na biblioteca do noso colexio falándonos sobre o seu libro Casas. Contounos que para escribilo se inspirou en casas nas que viviu ou que lle gustaría vivir.

Despois preguntámoslle sobre a súa vida de actriz e escritora. Díxonos que as súas primeiras experiencias como contacontos foron cando lle contaba contos de medo aos seus irmáns, que por certo pasaban moito medo , o mesmo que pasamos nós cando nos contou un conto de medo dun home moi parvo que vendeu todo o que tiña e foi vivir a unha casa abandonada. Unha noite petaron na porta e era unha nena que lle pedía azucre. E así varias noites ata que unha noite lle preguntou á nena:

- Neniña, e ti non estarás morta?... Imaxinade como pode continuar...

 A historia gustounos moito e esperamos que Paula volva noutra ocasión ao noso colexio.

 Héctor Iglesias e Pablo Freire

 

Os de 3º fomos a Padrón e a Herbón.

 

 

O martes desta semana os nenos e nenas de 3º fomos de excursión a Padrón e a Herbón.

Primeiro visitamos a casa museo de Rosalía de Castro, onde nos puxeron un vídeo protagonizado por un moucho e catro obras de Rosalía, logo vimos unha exposición dos seus libros e despois leváronnos ver as habitacións da casa.

Máis tarde, visitamos o Xardín Botánico e puidemos observar unhas secuoias, plátanos de sombra, unha árbore procedente do Himalaia e palmeiras do Senegal.  A continuación, fomos parar a un prado para merendar, onde o noso autobús nos esperaba para ir a Herbón.

Cando chegamos a Herbón, camiñamos á beira do río Ulla e paramos nunha taberna con sala de proxección para escoitar unha explicación sobre as lampreas, que nos deron Nerea e Jessica, alumnas do IES Camilo Jose Cela de Padrón.

Despois da charla, subimos a unha horta de pementos de Padrón, e as mesmas rapazas que nos explicaron sobre as lampreas, contáronnos como se cultivan estes pementos e a súa historia. 

Ao final, chegamos a unha carballeira cun merendeiro onde tomamos a nosa comida e tivemos tempo libre para xogar.

Ao chegar á escola, déronnos a cada un unha planta dos famosos pementos de Padrón.

 

Sofía Álvarez Castro

   

 Mais fotos

 

Os de 3º fomos a Padrón e a Herbón

 

 

 

O martes desta semana, 8 de abril , os nenos e nenas de 3º fomos de excursión.

Primeiro visitamos a Casa Museo de Rosalía de Castro, onde vimos un vídeo no que as personaxes eran as obras que escribiu, logo visitamos a casa por dentro,vimos a súa habitación e a cociña.

Despois fomos ao Xardín Botánico onde había moitas árbores e flores.Había unha árbore moi fermosa chamada Coroa de Cristo.

Logo fomos a Herbón, e unhas rapazas chamadas Nerea e Jessica fixéronnos unha presentación sobre as lampreas.

A continuación ensináronnos uns tallóns de pementos de Padrón,e explicáronnos como coidalos.

Máis tarde fomos a unha ponte dende onde se vían  unhas pesqueiras de lampreas.Por último, famentos,  fomos comer á Carballeira do mosteiro de Herbón.

Pasámolo moi ben, gustaríanos volver. O que máis nos gustou foi a Casa de  Rosalía, porque nos gustan os seus poemas.

 

Adela, Ana e Alejandra

 
   

Máis fotos na galería

Distribuir contido


by Dr. Radut