Skip to Content

REBORRADIO 

 

biblioteca

UN LIBRO PARA AS FAMILIAS: "SOSTIENE PEREIRA"

             Recomendámosvos a lectura da novela "Sostiene Pereira", do recentemente falecido Antonio Tabucchi, candidato en varias ocasións ao Premio Nobel e ao Príncipe de Asturias.

     Conta a historia dun vello xornalista no Portugal da dictadura de Salazar que entra en contacto cun mozo, Monteiro Rossi, con quen establecerá unha intensa relación que o fará preguntarse sobre a necesidade de loitar pola xustiza ou pola vida; así como polo verdadeiro papel da prensa ao servizo do silencio ou da verdade.

 

A ESMORGA TRASPASA FRONTEIRAS!

     Dámosvos a benvida ao noso blogue cunha nova moi interesante para a nosa literatura: 

     A novela de Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga", acaba de ser traducida ao inglés polo profesor Craig Patterson, cumpríndose así o soño deste autor galego.

     O título da versión inglesa é "On A Bender".


Distribuir contido


by Dr. Radut