Skip to Content

REBORRADIO 

 

2023-2024

DÍA DA ÁRBORE

Hoxe é o día da árbore, un día moi importante para o noso centro xa que a nosa Tepomisión é precisamente "o coidado dos nosos montes".

Levamos semanas traballando a figura de Wangari, unha mulller referente para nós, xa que grazas a ela, o seu pobo natal, en Kenia, volve a ter árbores onde antes soamente había deforestación.

No cole fixemos a nosa pequena aportación cultivando sementes.

SEMANA DA PRENSA

Chega a Semana da Prensa!

Tepo e Tepa montaron un quiosco con todo tipo de xornais.

Tamén trouxeron revistas de diferentes temáticas.

Coñecendo outras formas de acceder á información... Guiño

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

1º E 2º PRESENTAN... O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA.

Dende a Tepoteca temos o pracer de presentarlles o estupendo traballo dos nenos e nenas de primeiro e segundo para conmemorar a data do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia.

Dádelle ao playnon volo podedes perder!

 

 
 
 
 

REBORRADIO INFORMA!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Esta semana, o alumnado de 3º de primaria foi o encargado de dar as últimas novidades do centro, 

Emma, Sara, Pablo, Alex, Ainara, Lía e Samuel comentaron as novidades do centro, o entroido, contaron chistes ... Un programa ben completo! 

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí ou premendo na imaxe.

A NOSA ROSALÍA

O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, pois nesa data, Rosalía estaría de aniversario!

Para conmemorar e festexar o seu día, no cole realizamos diferentes actividades. Fixemos un mural conmemorativo, baseado na proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que decoramos con flores co rostro de Rosalía, investigamos sobre a súa vida e sobre as súas obras, escoitamos algún dos seus poemas e mesmo aprendemos algúns versos de "Adiós ríos".

Os maiores do cole escribiron poemas pensando en como escribiría Rosalía hoxe en día, en que temas da actualidade afondaría.

Por último, pero non menos importante, os cativos do cole fixemon un pequeno recital. Mirade que ben lles saíu!

 
 

DANIELA PIRATA E O COLE DE REBORDÁNS

Se queredes coñecer as aventuras de Daniela Pirata cos nenos e nenas do cole de Rebordáns...,

clicade na imaxe.

Adiante, meus piratas!

 
 
 
 

MIGALLAS - LECTURA E FAMILIAS

Familias!

O vindeiro 16 de abril, ás 16:00 h, grazas ao programa Lectura e Familias, poderemos desfrutar do espectáculo "O libro máxico" de Migallas na Tepoteca.

Combinarase narración oral, música e teatro para animar ás familias, rapazas e rapaces a gozar da lectura.

Non volo podedes perder!

Inscripcións abertas no whatsapp do cole:

698 120 381.

 
 
 
 
 

REBORRADIO INFORMA!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Desta vez, o alumnado de 4º de primaria foi o encargado de dirixir un programa ben completo: novas, entrevistas, chistes, temas de actualidade...

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí ou premendo na imaxe.

 
 

11 F - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.

Esta data foi proclamada pola ONU no 2015 co obxectivo de romper as barreiras que atopan as mulleres e as nenas no ámbito científico e tecnolóxico.

Queremos aproveitar esta conmemoración para visibilizar o traballo de mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así modelos femininos para as nosas nenas.

 

 

SESIÓN DE CONTACONTOS CON ÁNGELES ESCRIBANO

O pasado mércores, 7 de febreiro, tivemos a visita de Ángeles Escribano. 

Que bos momentos pasamos na Tepoteca escoitando as historias que compartiu connosco.

Superheroes, enigmas, poderes, ciencia... HISTORIAS!

Graciñas, Ángeles!

Distribuir contido


by Dr. Radut