Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

DÍA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE FUNCIONAL

Esta semana tivemos unha visita moi especial, a de Antía, Óscar, Laura e Nacho. Quedamos alucinados con todo o que poden facer a pesar de estar en cadeira de rodas e, no caso de Óscar, non poder falar, aínda que sí pode comunicarse grazas aos medios tecnolóxicos.

 

 

Unha gran lección de superación a que mostraron.

 

MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!!

 

Ademais da visita, levamos varias semanas traballando esta data tan significativa para nós.

Aquí tedes algúns dos resultados:

O alumnado de 3º e 4º de primaria estiveron compoñendo este cartel formado por moitas volvoretas, todas diferentes, pero todas elas voando.

DIFERENTES NO VOO, PERO CO MESMO DEREITO A VOAR

 

Tamén na área de Educación Física se traballou o respecto á diferenza e o traballo en equipo.

NO DEPORTE ENCAIXAMOS TODOS

 

 

E como todo o que se traballa no centro, o eixe central sempre é a nosa biblioteca, polo que tamén houbo unha exposición con contos para ler e traballar sobre a diversidade funcional.

 "A DIFERENZA ENRIQUECE E O RESPECTO UNE"

E O OUTONO ESTÁ A PIQUES DE REMATAR...

Aquí mostramos os últimos traballiños feitos polo noso alumnado, baseados na arte e na plástica, agora xa son máis expertos sobre a nosa fauna autóctona.

A través do coñecemento e concienciación poderemos

"PROTEXER O NOSO MONTE"

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NA BIBLIOTECA

Neste pasado mes de novembro conmemoramos o mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

A nosa Tepoteca tamén quixo unirse coa realización do obradoiro "SOS, a Terra".

A continuación, clicade na imaxe para ver o vídeo.

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: A LECTURA NO FOGAR.

Ola, familias!

Que boa tarde pasamos e que bos consellos recibimos para o fomento da lectura no fogar. Carla e Loreto, de Donde viven los cuentos, ofrecéronnos diversas estratexias para o desenvolvemento do hábito lector.    

Agradecemos ás familias asistentes a súa participación na actividade. 

 

MAGOSTO 2023

Un Magosto cheo de boa música, convivencia, castañas... O tempo non acompañou pero... non impediu que gozáramos dunha boa xornada!

Grazas á ANPA polas castañas, que estaban ben ricas!!!

                       

O teu navegador non soporta este vídeo.

SAMAÍN 2023

Tepo e Tepa programaron unha morea de actividades neste Samaín: exposición de libros terroríficos, lecturas ás escuras na Hora de Ler, exposición de seres elaborados con cabazas e elementos naturais, photocall, merendas terroríficas, ambientación do centro, manualidades, tragamedos... Disfrutámolo moito! 

CHEGOU O OUTONO

CHEGOU O OUTONO!!!!! e con él un montón de actividades e aprendizaxes que facemos no noso cole en todos os cursos.

Que bonita é esta estación!!

 

18 de outubro: DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA

No noso cole quixemos festexar esta data tan importante para nós, nesta ocasión foi o alumnado de 2º de primaria quenes, coas súas mensaxes de concienciación, quixeron aportar o seu gran de area para conseguir a nosa misión para este curso:

PROTEXER OS NOSOS MONTES

Clicade no adxunto para poder ver as mensaxes.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Hoxe, martes 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. 

Tepo e Tepa tiñan preparado para o todo alumnado unha sorpresiña!

Iniciabamos o novo proxecto!

A continuación tedes unha mostra en imaxes de todo o que fixemos.

Comeza a nosa misión!

FORMACIÓN PARA FAMILIAS: LECTURA NO FOGAR

Ola, familias!

Iniciamos o curso coa oportunidade de que poidades acudir a unha formación sobre a importancia do hábito lector no fogar. Realizarase o martes 7 de novembro ás 16.00h.

Esta charla será impartida por Carla Muñoz López, bibliotecónoma, especialista en literatura infantil e formadora de Donde viven los cuentos.

Apuntádevos no whatsapp 698120381.

Haberá servizo de acollida a cativos/as para as familias asistentes á formación.




by Dr. Radut