Skip to Content

REBORRADIO 

 

historico biblioteca

C3PO E AS SÚAS MISIÓNS

Coñecemos a C3PO un robot amigo de Ruby, moi tímido que nos trae retos ou misións para conseguir as xemas de Ruby

 

CONTINUARÁ...

PROGRAMANDO CON SCRACHT NO 25N

Como xa dixemos, chegou o momento de comezar a programar. Para iso, imos empregar a linguaxe de Scracht. Un simpático gatiño que a través de "etiquetas con código" permitirános crear dende presentacións ata videoxogos. Despois de dúas sesións, os de 3º, xa fomos quen de deseñar uns carteis con movemento para o 25N.

 

CONTINUARÁ...

COÑECEMOS A RUBY E AOS SEUS AMIGOS

Chegou o momento de converterse en programador@s! Pero os de infantil e 1º o van facer dun xeito diferente. Van a ser "Explorador@s da informática creativa" e todos grazas á inspiración de Linda Liukas na súa páxina de www.helloruby.com

Así que coñecemos a Ruby e a os seus amigos e pedíronnos que lles axudemos a atopar as 5 xemas máxicas. Seremos capaces? Para iso nos fan entrega dun estupendo carné de explorador@s que encheremos con xemas cada vez que completemos unha misión ou reto.

CONTINUARÁ...

INTELIXENCIA DOS ORDENADORES?

E seguimos a entrenar duramente ás nosas neuronas. Esta vez partimos da pregunta: Poderían dominar as máquinas ás persoas?

As respostas foron diversas...en ambos sentidos. A polémica sembrouse coa frase proposta por min: "os ordenadores son tontos"

¿E daquela...a INTELIXENCIA ARTIFICIAL? Dela falaremos máis adiante.

Polo momento, falamos da necesidade da mente humana para "ordenar" aos ordenadores e que eles obedezan.

Xogamos a dar instruccións precisas para cousas cotiás: limpar os dentes, ir ata un porta e abrila ou rascar a cabeza...

Decatámonos de que é máis difícil do que parece. 

Apareceu por primeira vez a palabra ALGORITMO, que son un conxunto de instruccións que lle damos ao ordenador para que realice unha acción.

CONTINUARÁ...

ANALIZANDO O DIXITAL NA NOSA VIDA COTIÁ

Na seguinte sesión, adentrámonos nesas ideas preconcebidas que temos na cabeza e que é necesario "sacudir" para poder aprender. Por exemplo, cantos ordenadores tocamos a diario desde que nos levantamos ata que chegamos ao cole?

Isto lévanos directamente a pensar...que se pode considerar un ordenador? Que ten un ordenador dentro? Ou para que se usan os ordenadores en distintas profesións?

A discusión pedagóxica está asegurada. Agora só queda aprender!

CONTINUARÁ...

QUE É ISO DOS POLOS CREATIVOS?

Comezamos as sesións de Polos Creativos facéndonos preguntas. Como non pode ser doutro xeito.

As respostas foron do máis variopintas: que si íamos comer polos de xeados, que si íamos falar dos polos animais, que si tiña que ver co Polo Norte e Sur ou si tiña que ver cos polos das pilas.

O da creatividade tivéronno máis claro: crear cousas, imaxinar, facer manualidades...

Entón propúxenlle unha adiviña cun ACRÓNIMO en inglés: STEAM  e o resultado foi didáctico e divertido! Traballaremos ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas, misturando coñecemento e creatividade.

Teño que dicir que o alumnado está moi motivado cos Polos Creativos e a participación da maioría e o entusiasmo fai que as sesións sexan xeniais.

E para mostra...estas imaxes:

 CONTINUARÁ...

NOVO ECO-RETO DECEMBRO: REUTILIZAMOS

E como non, outro ecoreto para decembro: REUTILIZAMOS!!!

Nesta ocasión os pequechos e pequechas do cole utilizaron material de refugallo para crear pequenos ROBOTS e así ter un xoguete súper chulo para xogar.

PEQUENOS GRANDES CREADORES!!!



by Dr. Radut