Skip to Content

REBORRADIO 

 

Tepoteca

Reborradio: Fin de curso

Ola, familias!

Aquí tedes a derradeira emisión da nosa Reborradio.

Desexamos que vos guste.

Escoitámonos de novo en setembro!

Entrevista a Rita, a nosa mestra de inglés.

Ola, familias!

Temos o pracer de mostravos o podcast realizado por 6º de primaria. 

Con moita emoción entrevistan a Rita, a nosa mestra de inglés, que se xubila ao finalizar este curso.

Graciñas, Rita, por compartir tanto con nós!

 

LECTURA E FAMILIAS

Ola, familias!

Tendo en conta as solicitudes realizadas na enquisa de avaliación da Tepoteca.

Aquí tedes unha mostra dos novos libros!

 

LECTURA E FAMILIAS: CONTOS DE RISA

Ola, familias!

Que ben o pasamos onte! 

Parabéns a tod@s polas súas grandes dotes interpretativas nas contadas de historias!

A risa sempre é un éxito á hora de atopar contos que enganchen.

Graciñas, a Carla, de Donde viven los cuentos, por trasladarnos a disparatadas situacións.

 

MOCHILAS VIAXEIRAS: FIN DO CAMIÑO

Chega o mes de xuño e as nosas mochilas viaxeiras finalizan a súa andaina.

Esperamos que pasásedes unhas boas lecturas!

 

LECTURA E FAMILIAS: SE FÓSEMOS ESCRITORES...

Que bos escritores e escritoras hai nas familias de Rebordáns!

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

Parabéns!

BOOKTUBERS

Ola, familias!

Rematamos o mes de maio con novas recomendacións dos booktubers maiores do cole, o alumnado de sexto de primaria.

Aí van...

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

 

ESPECIAL REBORRADIO: DESPEDIMOS A LUCÍA

Neste programa especial de Reborradio, despedimos a Lucía, a nosa auxiliar de conversa.

Esperamos poder contar con ela o vindeiro curso.

Graciñas, Lucía, polo teu bo facer no noso cole.

Clicade na imaxe para escoitar o audio.

BOOKTUBERS

Nova recomendación de Mara de 6º de primaria.

Clicade na imaxe para ver o vídeo.

SEMANA CULTURAL DAS LETRAS GALEGAS: TEATRO

Ola, familias!

O alumnado de 2º de primaria quixo cooperar na celebración das Letras Galegas cunhas obras de teatro que levan todo o curso preparando. Levaron a cabo todo o proceso creativo dende elexir as obras ata facer vestiarios e decorados. Que ben nos viñeron os cartóns do material de Polos Creativos!

Agardamos que as gocedes tanto como o fixeron elas e eles no escenario. Abrimos o pano!

VIVA O TEATRO

A MELLOR SOPA DO MUNDO

Distribuir contido


by Dr. Radut