PUBLICADAS LISTAS ADMITIDOS E ADMITIDAS PROVISIONAIS E FÓRA DE PRAZO CURSO 2021/22

 

Tal e como recolle a normativa as listaxes provisionais  de persoas admitidas e excluídas só poderán ser consultadas polas familias de forma:

 Presencial: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, non se considerará válido ningún outro medio físico de publicación (exemplo: os taboleiros ou as zonas acristaladas visibles desde o exterior do centro).

Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moneda e Timbre. En base ás recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais non se considerará válido ningún outro medio electrónico de publicación.