Secretaría

AXUDAS PARA ALUMNADOCON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO ACADÉMICO 2024-2025

RESOLUCIÓN DE LA SECRETARÍA DE ESTADO DE EDUCACIÓN, POR LA QUE SE CONVOCAN AYUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDAD ESPECÍFICA DE APOYO EDUCATIVO PARA EL CURSO ACADÉMICO 2024-2025 

 

Convócanse para o curso 2024-2025 as seguintes axudas individualizadas:

 

a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas.

 


b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.

 


c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

 

d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA non incluído no parágrafo anterior e que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

 

BENEFICIARIOS

Poderán solicitar as axudas os alumnos que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios. Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con TEA e os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.

 

SOLICITUDES

 

O prazo de presentación de solicitudes estenderase desde o 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive.

 

Pódese acceder  a toda a información e ao procedemento de como solicitar a axuda CLICANDO NO SEGUINTE ENLACE:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2022/23.

PRAZO

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto  ata o próximo día 22 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

 

AXUDAS Á COMPRA

As axudas para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

Así, no caso do alumnado dos dous primeiros cursos de Primaria recibirán:

·        

 210 euros no caso de renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros.

·        

140 euros para as rendas de entre 6.000 e 10.000 euros.

No caso do alumnado matriculado en Educación Especial, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros, con independencia da renda per cápita familiar.

**Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima (210 euros), e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

FONDO SOLIDARIO

No Fondo Solidario de libros pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º de primaria.

( 5º e 6º non entra no programa de libros de texto xa que o centro está no proxecto EDIXGAL, polo que se entrega a cada alumno/a un ordenador que inclue os libros dixitais).

A asignación de libros de texto farase por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

Así, o alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros, ou que estea en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% (nestes dous últimos casos con independencia da renda) ten garantido o acceso a seis libros.

 Pola súa banda, as familias con tramos de renda per cápita entre 6.000 e 10.000 euros terán acceso a catro libros.

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao FONDO SOLIDARIO ou recibir as axudas para libros ou material escolar TER DEVOLTO OS LIBROS DOS CURSOS ANTERIORES (comunicarase ás familias as datas de entrega DOS LIBROS PRESTADOS O CURSO 2021/2022)

 

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en Educación Primaria e en ESO cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros, e a contía da axuda é de 50 euros/alumno.

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

 

TRÁMITES POR VÍA TELEMÁTICA

As solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

Pódese presentar as solicitudes presencialmente no centro nos seguintes horarios:

 

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

16:00h-18:00h

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

9:10h- 11:30h

12:30h- 13:30h

 

 

Consultas telefónicas: 881880609

 

ENLACE Á SEDE ELECTRÓNICA

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Pódense descargar as solicitudes nos seguintes enlaces:

ANEXO I (SOLICITUDE)

ANEXO II (COMPROBACIÓN DE DATOS DE MEMBROS DA UNIDADE FAMILIAR)

 

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021.2022

listas por cursos de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2021/2022.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022 RESERVA DE PRAZA IES ADSCRITO (IES REGO DE TRABE)

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG)

ALUMNADO BENEFICIARIO

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

           O alumnado benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

           O alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES

(SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR) 

• Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.

Prazo: 1. Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Ofcila de Galicia:10 días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Ofcial de Galica, é dicir, do 16 ao 27 de novembro de 2020. 

 

INFORMACIÓN RELATIVA AOS PROTOCOLOS E ACTUACIÓNS FRONTE AO COVID19

 

DOCUMENTOS DO CENTRO

* PLAN DE CONTINXENCIA

* PLAN DE ADAPTACIÓN

* ADDENDA DE NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

* ADDENDA COMEDOR

* HORARIOS ESPELLOResolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021 para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros como consecuencia da pandemia da COVID-19) 

DOCUMENTOS PRINCIPAIS PARA DESCARGA

 

PRINCIPAIS MEDIDAS DE SEGURIDADE SANITARIA NOS CENTROS EDUCATIVOS

  • Con carácter xeral, a actividade lectiva será presencial para todos os niveis e etapas do sistema educativo, priorizándoa para o alumnado de menor idade. A suspensión da actividade lectiva presencial, unicamente se adoptará diante de situacións excepcionais.

  • Os centros educativos promoverán que se realicen de forma telemática as reunións de coordinación e outras actividades non lectivas

  • A todo o profesorado e persoal dos centros públicos realizaráselle un test previo da Covid-19

  • Cada centro educativo contará cun equipo formado na Covid-19 que será de referencia para o resto do persoal, profesorado, alumnado e familias. O equipo estará formado pola persoa titular da dirección do centro e dous membros do profesorado.

  • Os centros educativos terán un centro de saúde de atención primaria de referencia co que se poida poñer en contacto a persoa responsable do Equipo Covid do centro educativo para resolver calquera dúbida ou incidencia no centro.

  • Todo o alumnado e persoal do centro realizará unha autoavaliación diaria para comprobar que non existen síntomas de infección por SARS-CoV-2.

  • Dende a Consellería de Educación habilitarase unha canle informática, denominada “EduCovid”, de coordinación e comunicación entre os centros educativos e os responsables sanitarios.

 

 

FUNCIONAMENTO DA AUTOAVALIACIÓN DIARIA

  • Todo o alumnado e persoal do centro realizará unha autoavaliación diaria para comprobar que non existe síntomas de infección por SARS-CoV-2.

 

Descargar modelo de enquisa de autoavaliación diaria para persoal e alumnado

 

Persoal do centro

  • O persoal do centro educativo deberá realizar unha autoavaliación diariaseguindo unha breve enquisa clínico-epidemiolóxica que debe realizarse cada día, antes da chegada ao centro.

  • O resultado da enquisa NON ten que comunicarse cada día aos centros educativos, senón que o afectado debera seguir o protocolo oportuno en caso de detectar síntomas.

 

Protocolo a seguir polo persoal en caso de detectar un ou máis síntomas:

  1. Non acudir ao centro educativo.

  2. Comunicar os síntomas ao centro de saúde de referencia.

  3. Comunicar a situación ao Equipo Covid do seu centro educativo.

  4. De forma preventiva, debe manterse en illamento domiciliario, ata que os facultativos correspondentes dean as indicacións oportunas.

 

Alumnado

  • O alumnado (e de ser o caso os seus pais/titores legais) deberán realizar unha autoavaliación diaria, seguindo unha breve enquisa clínico-epidemiolóxica que debe realizarse cada día, antes da chegada ao centro.

  • O resultado da enquisa NON ten que comunicarse cada día aos centros educativos, senón que o afectado debera seguir o protocolo oportuno en caso de detectar síntomas.

 

Protocolo a seguir polo alumno (ou pais/titores legais) en caso de detectar un ou máis síntomas:

  1. Non acudir ao centro educativo.

  2. Comunicar os síntomas ao servizo sanitario de referencia.

  3. Comunicar ao centro, que informará ao Equipo Covid, a ausencia do alumno (non é necesario certificado médico, so xustificante dos pais)

  4. De forma preventiva, debe manterse ao alumno en illamento domiciliario, ata que os facultativos dean as indicacións oportunas.

 

MEDIDAS XERAIS DE PROTECCIÓN NA AULA

Distancia de seguridade entre persoas

 

  • De forma xeral, manterase unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo.

  • En educación infantil e na educación primaria, a organización do alumnado establecerase, con carácter xeral, en grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito non se aplicarán criterios de limitación de distancia. Debe garantirse a estanqueidade do grupo de convivencia estable en todas as actividades que se realicen dentro do centro educativo

 

Uso da mascara

  • O uso da máscara será obrigatorio a partir dos 6 anos de idade con independencia do mantemento da distancia interpersoal, sen prexuízo das exencións previstas no ordenamento xurídico.

  • O alumnado (a partir do nivel de infantil) e o profesorado, así como o restante persoal, teñen a obriga de usar máscaras durante toda a xornada lectiva en todos os espazos do centro educativo, aínda que se cumpra coa distancia de seguridade.

 

Máscara de recambio

  • Será obriga do alumnado levar unha segunda máscara de recambio, así como un estoxo específico para gardala en caso necesario, como por exemplo no comedor.

 

Excepcións ao uso da máscara

  • A obrigación contida no apartado anterior non será esixible para as persoas que presenten algún tipo de enfermidade, dificultade, pola súa condición de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitarse a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

  • A imposibilidade do uso da máscara deberá ser acreditada polo pediatra ou facultativo da persoa obrigada.

 

Espazo e materiais escolares

  • Extremarase a orde no posto de traballo e nas mesas da aula, realizando a limpeza e desinfección establecidas nas medidas deste protocolo. Con anterioridade ao inicio do curso en cada unha das etapas educativas, realizarase unha limpeza e desinfección xeral do centro e do mobiliario.

 

Ventilación

  • Deberá realizarse unha ventilación frecuente nas instalacións, e por espazo de polo menos 15 minutos ao inicio da xornada, durante os recreos e ao finalizar as clases, sempre se sexa posible entre clases, e coas medidas de prevención de accidentes necesarias.

 

Hixiene de mans

  • O lavado realizarase cando menos 5 veces ao longo da xornada, particularmente na entrada e saída ao centro, antes e despois do recreo, antes e despois de comer e sempre despois de ir ao aseo. A hixiene deberá facerse con auga e xabón, durante polo menos 40 segundos, ou con xel hidroalcohólico, durante polo menos 20 segundos, no seu defecto. Cando as mans estean visiblemente sucias debe utilizarse auga e xabón.

 

 

MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

  • Recoméndase o inicio da xornada con accións nas que se traballen as normas de hixiene e a concienciación presentadas como algo lúdico. Debe terse en consideración que o uso do xel hidroalcohólico en idades temperás pode supor o risco de que metan inmediatamente os dedos na boca polo que no caso dos dispensadores non deben de ser accesibles sen supervisión.

  • Reducirase o traballo de mesa simultáneo de gran grupo e asignaranse mediante sinalética os espazos que poden utilizarse.

  • Para o xogo en recantos (ambientes) delimitarase e organizarase o seu uso de xeito individual. Aconséllase eliminar xoguetes ou obxectos que non sexan estritamente necesarios.

  • A merenda realizarase de xeito individual en grupos colaborativos e en espazos diferenciados. No caso de ser posible, no patio exterior, para garantir o distanciamento sempre que o tempo o permita.

  • Nos recreos débese reforzar a vixilancia, procurando evitar o contacto ou ben organizar distintas quendas. Os elementos de xogo como tobogáns non deberían empregarse, así como areeiros en grupo xa que provoca a xuntanza entre o alumnado. A organización dos recreos poderá limitarse a un solo grupo con alternancias horarias entre grupos, a criterio da dirección do centro.

  • Os obradoiros serán adaptados a grupos máis reducidos e procurando a desinfección do material (robótica, xogos...) despois de cada uso.

 

 

MEDIDAS ESPECIFICAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

  • Na atención ao alumnado con necesidades educativas especiais recoméndase o uso das máscaras dentro e fóra da aula. No caso de non poder facer uso da mesma optarase polo uso de pantallas e mamparas, establecendo grupos de convivencia estable formados polo alumnado do mesmo grupo docente e aula.

  • O persoal que preste atención a este alumnado poderá usar pantallas/viseiras no caso de que o alumnado non poida usar máscaras e a súa atención requira non respectar a distancia de seguridade.

  • No caso de que o alumnado non teña autonomía, organizarase o acompañamento deste nas entradas, saídas, traslado polo centro e no momento do recreo, así como na hixiene de mans nos momentos de entrada ao centro, cambio de aula e de actividade, despois de ir ao baño, tras esbirrar ou tusir, antes e despois de comer e naqueles casos que sexa preciso, dando sempre marxe ao desenvolvemento da súa autonomía.

  • Asignarase un aseo no centro no que se intensificará a limpeza e a desinfección como medida de prevención de risco.

  • O departamento de orientación colaborará co equipo Covid na identificación das necesidades de protección e hixiene que este alumnado precisa para a súa atención. No caso dunha escolarización combinada, coidarase adoptar as mesmas medidas co fin de facilitar a comprensión e asimilación das mesmas por parte deste alumnado. Os centros de educación especial contarán cun protocolo específico de incorporación e escolarización para o seu alumnado.

 

COMEDORES E RECREOS

 

Comedor

  • O uso do comedor escolar, tanto de xestión directa como indirecta, con independencia de quen preste o servizo, quedará limitado á capacidade suficiente para ter ao alumnado separado por 1,5 metros de distancia sentados en oblicuo e sempre que non estean encarados.

  • O alumnado que conforme grupos colaborativos ou grupos estables de convivencia no ensino infantil e no de primaria pode comer agrupado sen respectar a distancia anterior separando os grupos por 1,5 metros un do outro. Asignaranse postos fixos durante todo o ano para o alumnado e garantirase a estanqueidade.

  • As medidas a adoptar nos comedores por orde de prioridade ou combinadas, serán as seguintes:

  • Aumentar o número de quendas para reducir o aforo do comedor en cada momento da comida. As quendas estableceranse (incluíndo a flexibilización da última hora de horario lectivo) en función da capacidade horaria do transporte escolar, e do persoal dispoñible para atender aos comensais que será o adecuado á rateo dos comensais que coman en cada quenda.

  • Utilizar espazos colindantes ao comedor con mobiliario do que dispón os centros de xeito que se cumpra a distancia de 1,5 metros.

  • Instalar mamparas ou separacións de cando menos 0,60 cm de altura colocadas directamente sobre o mesado que separen alumnos encarados ou acaroados polo que non será preciso respectar a distancia de 1,5 metros.

  • Na medida do posible, o alumnado sentarase no comedor agrupado por aulas, de xeito que se manteña a continuidade do grupo de pertenza, sen prexuízo do establecido para os grupos colaborativos. Será necesario o rexistro dos lugares que ocupan cada un dos nenos, co obxectivo de facilitar a localización dos contactos en caso de brotes.

  • O persoal colaborador respectará as rateos que correspondan ao número de alumnos/as presentes en cada unha das quendas. O persoal colaborador será o mesmo en cada unha das quendas.

 

Recreos e tempos de lecer

  • Os equipos directivos establecerán o aforo posible de cada un dos posibles espazos que sexan susceptibles de utilizar como espazos de recreo, podendo incluír, de ser o caso ximnasios, pistas cubertas ou polideportivos.

  • Na medida do posible limitaranse espazos para que un grupo de 30 alumnos poida estar distanciado polo menos 1,5 metros, independizando espazos do mesmo aforo.

  • Unha vez calculado o aforo unha proposta de “horas de recreo” e “grupos en recreo” que permita minimizar concentracións elevadas de alumnado en corredores e escaleiras.

  • No período de recreo extremarase a vixilancia do alumnado, o equipo directivo poderá prohibir o uso de elementos comúns de xogo ou a utilización de obxectos e xoguetes que poidan ser compartidos.

 

 
  • Nos programas de madrugadores seguirase o protocolo ordinario co engadido das prevencións en materia de consumo de alimentos. No caso dos momentos de descanso deitados coa separación de polo menos 1,5 metros entre colchóns ou colchonetas, no caso de alumnado de educación primaria será obrigatorio o uso de mascara, e recoméndase o seu uso para o alumnado de educación infantil, sempre que exista boa tolerancia.

  • As actividades das ANPAs celebraranse preferentemente por medios telemáticos.

  • Os Consellos Escolares celebráranse preferentemente de xeito telemático.

  • Nas reunións de titoría e nas comunicacións por outros motivos coas familias priorizarase a comunicación por teléfono ou vídeo chamada. Porén cando a xuízo do titor/a ou da dirección do centro sexa preciso a titoría presencial realizarase esta coas debidas medidas de protección.

  • Utilizarase como mecanismo de comunicación xeral coas familias a páxina web do centro.

 

COMEDOR ESCOLAR

En cumprimento das INSTRUCIÓNS POLAS QUE SE INCORPORAN A DECLARACIÓN DE ACTUACIÓNS COORDINADAS EN MATERIA DE SAÚDE PÚBLICA APROBADAS POLO CONSEJO INTERTERRITORIAL DO SISTEMA NACIONAL DE SALUD PÚBLICA (D.O.G Nº 174 BIS DO 28-08-2020) E A ACTUALIZACIÓN DAS RECOMENDACIÓNS SANITARIAS DO COMITÉ CLÍNICO AO PROTOCOLO DO 22 DE XULLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 VERSION 31-08-2020 e  do DECRETO 132/2013, do 1 de agosto, polo que se regulan os comedores escolares dos centros docentes públicos non universitarios dependentes da consellería con competencias en materia de educación INFÓRMASE que no vindeiro  curso escolar haberá tres quendas de comedor, polo que o alumnado de Educación Infantil xantará  ás 13:30h, debendo ser  recollido ás 15:30h na cancela a carón do pavillón. 

O resto do alumnado sairá no horario habitual das 16:00h.

LÉMBRASE que o prazo de entrega de autodeclaracións remata o día 7 deste mes de setembro.

Recórdase que o alumnado de dieta especial deberá presentar CERTIFICADO MÉDICO.

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO CURSO ESCOLAR 2020/2021

Benvidos e benvidas ao novo curso escolar tan atípico.

Sabemos que estades a desexar ter información de como vai a ser o comezo e a volta ás aulas dos vosos fillos e fillas.

Aínda estamos a traballar na adaptación do protocolo COVID-19, o cal é modificado case diariamente.

En canto teñamos claro o proceder e as normas dentro do noso centro será publicado tanto na páxina web, comunicado pola aplicación Abalar e trasladado a ANPA.

Esperamos poñelo no voso coñecemento ao inicio da semana próxima.

 

       Do que si podemos informar é que o comezo das clases será coa incorporación gradual do alumnado, tal e como publicou a consellería de Educación o luns 31 de agosto de 2020:

  • O xoves 10 comezarán as clases o alumnado de  4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil (4 anos); 1º, 2º e 3º de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial.

 

  •  O venres 11 comezarán as clases  o alumnado de de 6º de Educación Infantil e os de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

 

  • O HORARIO DO CENTRO É O HABITUAL.

 

A entrada estes dous días cumprirá o seguinte:

1. UN ÚNICO ACOMPAÑANTE POR ALUMNO/A E SEMPRE CON MASCARILLA.

2. ACCEDERASE AO RECINTO POLA CANCELA PRINCIPAL E SAIRASE POLA CANCELA QUE SE ATOPA PR´XIMA AO PAVILLÓN.

3. O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL FARÁ FILA NOS LUGARES SINALADOS NO PATIO CUBERTO DA ZONA DE XOGO DE INFANTIL. (será recollido nesE lugar polas titoras).

4. 3. O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA FARÁ FILA MANTENDO A DISTANCIA DE SEGURIDADE NO PATIO CUBERTO . (será recollido nesE lugar polas titoras  e titores).

 ÁS 9:00H, UNHA VEZ QUE O ALUMNADO FAGA AS FILAS, O FAMILIAR DEBE RETIRASE E HABERÁ UNHA PEQUENA CHARLA NO APARCADOIRO.

Disculpade as molestias e moitas grazas pola vosa comprensión.

MATRÍCULA CURSO 2020/2021

 

En cumprimento da normativa que regula o proceso de admisión e matrícula:

 

 

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 7 DE MAIO DE 2020 SOBRE O RESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN PRIMARIA, EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA E BACHARELATO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/2021


INFÓRMASE  QUE O PRAZO DE  FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA  ABRANGUE DENDE O 1 ATA O 10 DE XULLO.

Pódese recoller a documentación na administración do centro ou descargar clicando nos seguintes enlaces:

1. Documentación necesaria para a formalización da matrícula.

2. Anexo III. Documento formalización matrícula.

3. Información ALERXIAS E OUTRAS PATOLOXÍAS.

4. Autorización USO DA IMAXE.

5. Cuestionario LINGUA MATERNA.

6. Materias optativas ( Relix/valores).

 

O horario da administración é de luns a venres de 9:00h a 14:00h