Secretaría

COMEDOR ESCOLAR

 

CEIP Los Vadillos: RESERVA PLAZA COMEDOR ESCOLAR - CURSO 2017/18

INSTRUCIÓN 3/2020, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL DO 16 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2020-2021

A PRESENTE INSTRUCIÓN DÍTASE CON OBXECTO DE FIXAR PARA O CURSO 2020-2021 AS LIÑAS XERAIS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES XESTIONADOS DE XEITO INDIRECTO POLA CONSELLERÍA . PORÉN A SITUACIÓN XERAL PRODUCIDA COA PANDEMIA DO COVID-19 PODE SUPOÑER A IMPOSICIÓN DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN E SEGURIDADE IMPULSADAS POLA ADMINISTRACIÓN SANITARIA, QUE DETERMINEN A APROBACIÓN POLA CONSELLERÍA DUN PROTOCOLO ESPECÍFICO DE PROTECCIÓN E SEGURIDADE NA APERTURA XERAL DOS CENTROS DE ENSINO E A INCORPORACIÓN ÁS ACTIVIDADES LECTIVAS E COMPLEMENTARIAS DOS ESCOLARES GALEGOS PARA O CURSO 2020-2021.

 

 

ASÍ POIS, A PRESENTE INSTRUCIÓN PODE RESULTAR CONDICIONADA POLAS MEDIDAS QUE, EN MATERIA DE COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA, ESTABLEZA, NO SEU CASO, O PROTOCOLO QUE DITE A CONSELLERÍA. DE RESULTAR REINTERPRETADAS OU MODIFICADAS DETERMINADAS DETERMINACIÓNS RECOLLIDAS NA PRESENTE INSTRUCIÓN, AS MESMAS SERÁN COMUNICADAS PUNTUALMENTE AOS CENTROS EDUCATIVOS CO SEU NOVO CONTIDO POLAS CANLES ESTABLECIDAS.

 

PRAZO ENTREGA SOLICITUDES

 

 

As solicitudes débense entregar  na ADMINISTRACIÓN dende o 25 de xuño  ata o VENRES 10 de XULLO.

ALUMNADO QUE XA ERA USUARIO DE COMEDOR NESTE CURSO

Únicamente cumprimentará a solicitude   1. SOLICITUDE ALUMNADO XA USUARIO DE COMEDOR  ( ANTES DO DÍA 10 DE XULLO) e entregarase na administración do centro.

No mes de setembro (ANTES DO DÍA 7)  xuntará a autodeclaración.

 

            ALUMNADO QUE NON ERA USUARIO DE COMEDOR NESTE CURSO

As familias que soliciten comedor (nova incorporación AO COMEDOR ) deberán presentar no colexio (ATA   10 de xullo) a solicitude 2. SOLICITUDE ALUMNADO NOVO NO COMEDOR ESCOLAR xunto con toda a documentación pertinente atendendo aos seguintes criterios de preferencia:

1. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

2. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné

3. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.

4. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.

 

5. Certificado  do PADRÓN MUNICIPAL no que figuran todos os membros da unidade familiar ( expedido no ano actual)

 

 

No mes de setembro (ANTES DO DÍA 7)  xuntará a autodeclaración.  3. AUTODECLARACIÓN ( entregar en setembro)

 

 

 

                                         IMPORTANTE PARA O CÁLCULO DA RENTA

Para o cálculo do importe a pagar en función dos ingresos ( renta),  terase en conta a declaración ou declaracións correspondente ao 2019. Os cálculos poden fecer no seguinte enderezo:

 https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp.    ou realizando o seguinte cómputo:

              casillas 435+460-595 dividido entre o número de membros da unidade familiar.

 

PRAZOS IMPORTANTES

 

                                                          SOLICITUDE: Ata 10 de xullo

                                                        LISTAS PROVISIONAIS:   VENRES 10 de xullo

                                                        PRAZO DE RECLAMACIÓN:  Ata venres 17 de xullo

 

                                                         LISTAS DEFINITIVAS: Primeira semana de setembro

 

AUTODECLARACIÓNS ( todo o alumnado)

 

As autodeclaracións (onde se especifica o importe que aboará cada alumno/a), debe entregarse ata o día 7 de setembro. Imprescindible telo entregado para poder acceder ao servizo de comedor escolar

 

HORARIO DE ADMINISTRACIÓN:

 

DE    9:00h A 14:00h

 

Pódense descargar os impresos, clicando nos seguintes enlaces:

1. SOLICITUDE ALUMNADO XA USUARIO DE COMEDOR

2. SOLICITUDE ALUMNADO NOVO NO COMEDOR ESCOLAR

3. AUTODECLARACIÓN ( entregar en setembro)

 

 

 

 

 

PROCESO MATRÍCULA PARA O IES REGO DE TRABE

Estimadas familias:

No IES Rego de Trabe este ano o proceso de matriculación terá unha fase online e outra de entrega de impresos, como xa foi o ano pasado. 

Dende o Instituto, solicítannos que vos fagamos chegar a seguinte información, para que  sirva de orientación e para poder acceder ao formulario de matrícula. 

O prazo para cubrir e enviar online este formulario empeza mañá e remata o martes 2 de xuño. Unha vez teñan os impresos de matrícula personalizados, faránnolos chegar  para que as familias os recollades xunto cos boletíns de notas e expedientes académicos.

Nas seguintes ligazóns poderdes acceder a:
 


Para calquera dúbida envíen un correo elecrónico ao  ies.regodetrabe@edu.xunta.es  ou chamen ao 616 416 922.



 

RECOLLIDA MATERIAL DO ALUMNADO QUE QUEDOU NO CENTRO

Estimadas familias,

En cumprimento da RESOLUCIÓN, DO 22-05- 2020, DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL POLA QUE SE REINICIA A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL NO CURSO 2019-2020, SE DETERMINAN AS INSTRUCCIÓNS PARA O QUE RESTA DO PRESENTE CURSO E SE ADOPTAN MEDIDAS DE PREVENCIÓN E HIXIENE PARA A REAPERTURA PARCIAL NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DEPENDENTES DA CONSELLERÍA, que establece no seu ARTIGO 4. RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO 

4.1. Os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Para estes efectos a dirección de cada centro poderá establecer un modelo organizativo de presenza por quendas ou horarios por cursos co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá a medidas que se establecen no anexo as presentes instrucións.

HORARIO DE RECOLIDA

DÍA

GRUPOS QUE PODEN VIR AO COLEXIO A RECOLLER O MATERIAL DO ALUMNADO

HORARIO

27 DE MAIO

4º DE Educación Infantil ( 3 anos)

4º de Educación Primaria

9:30H- 13:30H

28 DE MAIO

5º DE Educación Infantil ( 4 anos)

5º de Educación Primaria

9:30H- 13:30H

29 DE MAIO

1º de Educación Primaria

2º de Educación Primaria

9:30H- 13:30H

 

 

 

1 DE XUÑO

6º de Educación Infantil ( 5 anos)

3º de Educación Primaria

9:30H- 13:30H

2 DE XUÑO

 

6º de Educación Primaria

9:30H- 13:30H

MOI IMPORTANTE

A entrada ao centro para recoller o material de o alumndo de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, FARASE POLA PORTA DE INFANTIL, e

a entrada ao centro para recoller o material de o alumndo de 2º, 3º,4º,5º e 6º  Educación Primaria, FARASE POLA PORTA PRINCIPAL, DONDE ESTÁ CONSERXERÍA.

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria e educación especial para o curso escolar 2020/2021

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación des-ta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído
     
  • DESCARGAR SOLICITUDE  ANEXO I    e   ANEXO II

Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)Extracto da Orde do 12 de maio de 2020 (DOG)

 

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2020/21.

 

O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o 20 de maio ata o próximo día 19 de xuño, tal como establece a convocatoria que pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Axudas á compra

As axudas da consellería para a compra de libros están dirixidas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, e ao alumnado matriculado en Educación Especial e ao alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

.Os requisitos de renda e as contías das axudas quedan do seguinte xeito:

Educación Primaria:

      • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros:  210 euros 
      • Renda per cápita familiar superior a 6.000,01 e igual ou inferior a 10.000 euros: 140 euros 

Así mesmo, no caso do alumnado matriculado en educación especial, en centros específicos ou en unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade igual ou superior ao 65%, que solicite a axuda e que cumpra os requisitos recibirá un importe de 275 euros , con independencia da renda per cápita familiar.

Ademais, o alumnado de 1º e 2 de Primaria que se encontre en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia recibirá a axuda máxima  e non terá que acreditar os datos da unidade familiar nin o nivel de renda.

Fondo solidario

No Fondo solidario de libros SOLAMENTE pode participar o alumnado matriculado en 3º, 4º,  de primaria, xa que 5º e 6º ten EDIXGAL. A asignación de libros de texto farase, ao igual que cursos anteriores, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. En calquera caso, terá preferencia o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da súa renda familiar.

 

Cómpre lembrar que será requisito fundamental para acceder ao fondo solidario ou recibir as axudas para libros ou material escolar ter devolto os libros dos cursos anteriores.

Axudas para material escolar

O destinatario das axudas para material escolar é todo o alumnado matriculado en educación primaria cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 euros 

O alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de educación especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

Trámites por vía telemática

As  solicitudes poderán presentarse por vía electrónica (preferentemente) empregando a aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

 

DATAS IMPORTANTES:

Prazo de presentación solicitudes:    20/05/2020 - 19/06/2020

Devolución LIBROS 3º e 4º de Primaria: 18 e 19 de xuño

3º EDUCACIÓN PRIMARIA O XOVES 18 DE XUÑO

4º EDUCACIÓN PRIMARIA O VENRES 19 DE XUÑO

AS TITORAS DOS GRUPOS CONVOCORÁN A CADA ALUMNO/A A UNHA HORA DETERMINADA

Publicación LISTAS PROVISIONAIS:   10/07/2020

Prazo de reclamación:  13 e 14 de xullo

Publicación LISTAS DEFINITIVAS:   20/07/2020

ENTREGA DE CHEQUES LIBROS DE TEXTO E  VALES MATERIAL ESCOLAR:

1º Educación Primaria....... martes 21 de xullo  de 9:00h a 13:00h

2º Educación Primaria....... mércores 22 de xullo  de 9:00h a 13:00h

3º Educación Primaria....... xoves 23 de xullo  de 9:00h a 13:00h

4º Educación Primaria....... luns 27 de xullo  de 9:00h a 13:00h

5º e 6º Educación Primaria....... martes 28 de xullo  de 9:00h a 13:00h

 

Comunicarase, a través da plataforma abalarmobil e publicarase na web do centro, as datas de entrega dos libros de texto de 3º e 4º de primaria, que terán lugar no mes de setembro.

 PARA MÁIS INFORMACIÓN CLICA AQUÍ

 

 

PROTOCOLO ATENCIÓN FAMILIAS NO RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DO CURSO 2020-21

  RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretarína Xeral Téncnica da Consellería de Presidencia, Administraciónns Públicas e Xustiza, pola que se dan publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinaciónn Operativa da situaciónn de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020.

 

NO RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DO CURSO 2020-21 establécense os seguintes prazos e o seguinte PROTOCOLO de seguridade;

1.A presentación da solicitude de admisión:

•O prazó abranguerá dende o día 11 ata 18 (ámbolos dos inclusive).

•No horario de 9-14h.

•Poderá facerse:

                *vía online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

                *presencialmente, no propio centro, con cita previa (prégase unha única persoa para  presentar unha solicitude)

1.Cómo solicitar a cita previa:

•881880609 (en horario de 9-14 h. de luns a venres)

1.Cando acudas ao Centro:

•O centro establecerá as medidas para garantir a seguridade das familias e do persoal docente e limpeza.

•Solicitamos acudan con mascarilla e unha única persoa para realizar a solicitude.

•Na administración do centro atenderase dende a fiestra da mesma.

OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES

A Presentación da documentación acreditativa para o baremo será ata o 26 de maio.

•A Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido o 9 de xuño.

•A Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido o  26 de xuño.

 

•O Prazo de formalización de matrícula do 1-10 de xullo

AXUDAS ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR

No DOG do luns 30 de marzo de 2020 saíu a convocatoria de axudas para compensar ás familias usuarias do servizo de comedor da Xunta de Galicia, que estaban bonificadas como usuarios gratuítos e usuarios de pago de 1€.

Non se oferta para os usuarios de pago bonificado de 2,50€ nin para os de pago do prezo completo de 4,50€.

1. A que persoas van dirixidas?

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio.

E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou1€ polo mesmo.

2. En que consiste a axuda?

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19.

E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.

3. Que axuda se vai a percibir?

(2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total

(1,50 €) para o alumnado que paga 1€

4. Que días cubre esta axuda?

Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.

Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.

Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio

(non incluído por ser festivo)

5. Como se vai a pagar?

En dous pagamentos.

1º pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

2º pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

6. Como presentar a solicitude e que prazo hai?

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación: Forma electrónica sempre, de dúas formas:

A.-Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal (a partir do día 31 de marzo).

Para iso é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

B.- En caso de non dispoñer de certificado dixital ou chave 365: no centro: enviando un correo electrónico a ceip.diaz.pardo@edu.xunta.es cos seguintes datos:

- DNI do pai ou nai

- Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€

- Nome do alumno/a

- Nome do pai/nai

- Número de conta bancaria

Ou chamando ao teléfono: 881 880608 en horario de 10 a 13 horas.

7. Publicarase a resolución das familias beneficiadas?

NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria

ADMISIÓN ALUMNADO 2020/2021

1. PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

 

Procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021. SORTEO LETRAS ORDE APELIDOS

Xúntase a Resolución de 26 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 29 da Orde do 12 de marzo de 2013.

As letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras "T" e "G"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "E" e "X".

 

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade

 

Resultado do sorteo anual de letras de prioridade no procedemento de admisión

 

RECÓRDASE 

  • Desde o próximo domingo día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

    O calendario do procedemento de admisión e matrícula está establecido na Orde de 12 de marzo de 2013, que pode consultarse no enderezo web https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2013/20130315/AnuncioG0164-120313-0006_gl.html.

    Tal como queda reflectido na dita Orde, as solicitudes de admisión poderán presentarse a de xeito telemático a partir do domingo día 1, mentres que de xeito presencial nos centros escolares desde o luns día 2, prazo que permanecerá aberto ata o 20 de marzo.

    Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación ‘admisionalumnado’ (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

    Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

    Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.