FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

 

No Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 2021 sae a Orde do 6 de maio de 2021 no que se convoca o Fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2021-22. Só é para alumnado que curse Educación Primaria no curso 2021-22. O prazo de entrega de solicitudes vai do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021.

  • As solicitude presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario (anexos I e II) dispoñible na aplicación informática fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros ) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ). Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave 365 (https://sede.xunta.chave365) .

Pode descargarse a documentación nos seguintes enlaces:

 


Se a entrega da documentación é presencial é imprescindible solicitar CITA PREVIA no teléfono 881880609