CARREIRA ENKI

QUERIDAS FAMILIAS, chega ao noso cole a Carreira ENKI: unha carreira lúdica de obstáculos pola inclusión. A través da modalidade Recrea ENKI no noso cole, recrearemos a nosa propia versión da carreira no centro para superar xuntos todos os obstáculos.

Este ano acompáñanos un lema moi chulo: podedes descubrilo vendo o ANUNCIO DA CARREIRA ENKI 2022.

https://www.youtube.com/watch?v=iSzS1rsxA28

Xogando aprenderemos unha chea de cousas sobre a importancia de recoñecer e respectar a diversidade humana... pero sobretodo de participar xuntos en comunidade! 

Desde ENKI traballan para promover a visibilidade e inclusión das persoas con diversidade funcional a través do lecer e do deporte. É fundamental a educación en valores desde a infancia para construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. Sumádesvos a este movemento? A achega por cada dorsal é de 1€ e o 100% do recadado destinarase a crear proxectos de lecer e deporte inclusivos para as entidades sociais que conforman ENKI 2022.

ANIMÁDESVOS A CORRER POR UN MUNDO IMPERFECTO?

    

 O horario da actividade será o seguinte:

 

CURSO

HORARIO “CARREIRA”

HORARIO PARA FAMILIARES

Educación Infantil

A carreira comeza ás  11:30h

Dende as 11:20 ata as 12:40 aprox

1º e 2º de Educ. Primaria

 A carreira comeza ás 12:30h

Dende as 12:20 ata as 13:40 aprox

3º e 4º de Educ. Primaria

A carreira comeza ás 10:30h

Dende as 10:20 ata as 11:40 aprox

5º e 6º de Educ. Primaria

A carreira comeza ás 9:30h

Dende as 9:20 ata as 10:40 aprox

 

GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!!   CLICA PARA MÁIS INFORMACIÓN

1.