INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2023/2024

O alumnado de 6º de EP remata a etapa educativa no noso centro e debe facer a RESERVA DE PRAZA no Instituto ao que está adscrito o noso centro, que é o IES Rego de Trabe.

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos

O alumnado que  vaia cursar secundaria noutro centro diferente non debe facer esta reserva. Fará a solicitude no centro ao que desexa acudir entre o 1 e o 20 de marzo.

ALUMNADO QUE CURSARÁ SECUNDARIA NO IES REGO DE TRABE

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

·        

O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Normativa de aplicación:

·        

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, ese regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

·        

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 QUEN O DESEXE PODE RECOLLER A SOLICITUDE EN PAPEL NA ADMINISTRACIÓN DO CENTRO CENTRO.

CLIQUE AQUÍ PARA O TITORIAL COAS INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRITO A TRAVÉS  DA APLICACIÓN ADMISIONALUMNADO