CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR Curso escolar 2023/2024

     

 

Prazo de solicitude:     do 20/5/2023 a 21/6/2023, incluídos

Texto da convocatoria: ORDE do 10 de maio de 2023 (DOG do 19 de maio)

Procedemento administrativo:     ED330B

Forma de presentación:

           NOTA: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo
  • Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023-2024, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022-2023

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: reparto de libros en préstamo para alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria (EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Os centros educativos renovarán os libros de 4º e 6º de EP, así como os de 2º e 3º de ESO, para a súa adaptación aos novos curriculos educativos aprobados na Lei Orgánica 3/2020 (Ref. Orde art.1.2.a).

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en Educación Especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición segunda (necesidades específicas de apoio educativo – NEAE-) –

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (eDixgal) no curso 2023/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.

 

 

Toda a información en :  https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/