ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020.21

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2020 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. No noso caso o Ies adscrito é o IES Rego de Trabe.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos, e poden entregarse na administración do centro.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  •  DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ANEXO I:  RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020.21

ADMISIÓN 2020/2021. XORNADA DE PORTAS ABERTAS

MENÚ COMEDOR ESCOLAR XANEIRO 2020

MENÚ DECEMBRO

MENÚ OUTUBRO

BENVIDOS E BENVIDAS

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS. LISTAXES PROVISIONAIS

LISTAXE PROVISIONAL DE NÚMERO DE LIBROS ASIGNADOS A CADA ALUMNO E ALUMNA DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

LISTAXE PROVISIONAL DE NÚMERO DE LIBROS ASIGNADOS A CADA ALUMNO E ALUMNA DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Para consultar as listaxes provisionais dos vales de libros de texto de 1º e 2º de Educación Primaria, así como os de axudas para material escolar é preciso facelo persoalmente na Administración do centro ( Protocolo de protección de datos).

Os prazos deste procedemento, tal e como se comunicou nas circulares anteriores, son os seguintes:

Polo tanto as listaxes definitivas publicaranse o 12 de xullo.