Skip to Content

ADMISIÓN DE ALUMNADO. CURSO 2024_2025

   

     A PARTIR DE MAÑÁ, DÍA 15 DE MAIO, ESTARÁN EXPOSTAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO AS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO.

     AS PERSOAS INTERESADAS PODERÁN INTERPOR RECURSO DE ALZADA ANTE A XEFATURA TERRITORIAL NO PRAZO DUN MES CONTADO A PARTIR DO DÍA 16 DE MAIO.

       A FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA ABRANGUERÁ DENDE O 20 Ó 30 DE XUÑO.

 

 

       PÓDESE CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN NO SEGUINTE DOCUMENTO:

 

 

Acceso á aplicación de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no seguinte enlace.

LETRAS GALEGAS 2024

   Este ano adícase o Día das Letras Galegas á escritora coruñesa Luisa Villalta Gómez.

   A continuación podedes ver un vídeo coa súa biografía.

   Tamén tedes dúas das moitas actividades que preparamos no seminariogalan.org para que aprendades xogando moitas cousas sobre ela.

   Animádevos!!!

O XOGO DO RODICIO                         AS PORTAS DE LUÍSA                       

  

 

 

 

O AMENCER DA HUMANIDADE

Dende o martes 30 de abril o centro acolle a exposición O amencer da humanidade. O poboamento paleolítico de Galicia. Unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021, co obxecto de dar a coñecer as últimas investigacións desenvolvidas no ámbito da prehistoria en Galicia.  

Ademais de paneis informativos en formato rollup, a mostra inclúe varias réplicas de materiais arqueolóxicos, un audiovisual explicativo e dúas unidades didácticas para 6º de educación primaria e educación secundaria. 

A exposición poderá visitarse, en horario de tarde, ata o vindeiro luns 20 de maio.

HOTEL DE INSECTOS

Coa primavera chegou o bo tempo, e con ela tamén chegaron os insectos.
Para recibilos como se merecen, preparámoslles un refuxio: O HOTEL DO EMILIA.
Se queredes saber algo máis sobre eles e sobre o hotel...

 


1 DE ABRIL. DÍA DAS ARTES GALEGAS 2024.

   O 1 de abril de 2024 é o "Día das Artes Galegas". O personaxe homenaxeado este ano é Francisco Asorey.

     Podes acceder á actividade elaborada polo equipo de Dinamización da Lingua Galega para coñecer máis cousas sobre el.

 

Angélica Sátiro no Emilia

   Onte foi un día moi intenso para Angélica Sátiro e a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán...reencontro radiofónico co alumnado que coñeceu hai 5 anos, visita ao xardín de Juanita e tempo reflexivo co profesorado para volver á infancia. Grazas a todos/as, foi emocionante!

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

Chega o 23 de febreiro e con el o día de Rosalía... O EDLG preparou un material para coñecer un montón de curiosidades sobre a época na que ela viviu e tamén moitos aspectos da súa obra.

VEN COÑECER O EMILIA...XORNADA DE PORTAS ABERTAS

PREME SOBRE O LOGO PARA COÑECER MÁIS COUSAS SOBRE NÓS

 

ENTROIDO NO EMILIA

NA SEMANA DO ENTROIDO, DE LUNS A XOVES, XOGAMOS ÓS MANDADIÑOS...CADA DÍA TRAEREMOS O QUE NOS MANDA O TRASNO DA FRAGA.

     

DÍA DA PAZ NO EMILIA. 30 DE XANEIRO

       

Distribuir contido


by Dr. Radut