FOLGA NO ÁMBITO DO ENSINO PÚBLICO

 FOLGA NO ÁMBITO DO ENSINO PÚBLICO

Martes, día 22 de maio de 2012

 

Estimados pais e nais:

As organizacións sindicais Federación de Enseñanza CCOO (FECCOO), Federación de Trabajadores de la Enseñanza de UGT (FETE-UGT), ANPE, CSIF, STES e CSIF_Universidad comunicaron a convocatoria dunha folga para o persoal laboral e funcionario das administracións educativas establecidas dentro do ámbito xeográfico e xurídico español. A nivel de Galicia súmase á convocatoria de folga a organización sindical CCOO. A folga desenvolverase das 00.00 ás 24.00 horas, do día 22 de maio de 2012.

Neste centro a folga será secundada polo 6,25 % do profesorado.

As titorías e especialidades que van secundar a folga son as seguintes:

         Educación Infantil                   
Titorías

Especialidades

4ºA

      (3 anos grupo A)

Apoio 6º curso

(5 anos grupos A, B, C)

E. Musical 5º curso

(4 anos grupos A, B, C)

 Educación Primaria
Titorías Especialidades
  ------------------- E. Musical 1ºA, 1ºB, 1ºC, 2ºA, 6ºA, 6ºC


 Como consecuencia, os citados anteriormente, NON ESTARÁN ESE DÍA NO CENTRO para atender aos vosos fillos e fillas.

Ademais do profesorado, persoal non docente e de conserxería que non secunda a folga, estarán no centro, a coidadora auxiliar de alumnado con n.e.a.e e un membro do equipo directivo en cumprimento da lexislación vixente.

COMO VAI FUNCIONAR O CENTRO O MARTES, DÍA 22 DE MAIO?

O profesorado que non secunda a folga atenderá, preferentemente, ao alumnado das súas titorías.

O resto do alumnado que acuda ao centro, será “atendido” polos servizos mínimos establecidos e polo profesorado que non secunda a folga  e a súa organización dependerá do nº de alumnos/as que asista. En calqueira caso, dado que o seu profesorado non estará no centro, non poderán recibir a docencia habitual.

Lamentando as molestias e inconvenientes que esta situación vos poida ocasionar, e esperando que o número de alumnos das titorías afectadas pola folga que acudan ao centro sexa o menor posible o centro escolar permanecerá aberto.

 

A Coruña, 21 de maio de 2012

 

A DIRECCIÓN,

categories [ ]

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012

 

Publícanse as listaxes correspondentes á Orde do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 5/03/2012)

Todos aqueles que presentaron solicitudes poden consultar as listaxes nos seguintes enlaces:

-  Solicitudes coa documentación correcta -Anexo I

- Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto -Anexo II.

- Solicitudes excluídas, indicando as causas de exclusión -Anexo III:

 

a. Fóra de prazo.

b. Non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3º da Orde de convocatoria.

c. Non cumprir co procedemento establecido no artigo 5º da Orde de convocatoria.

 


categories [ ]

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2012-2013

 

 

 

Non habéndose presentado reclamacións contra as listaxes provisionais aprobadas polo Consello Escolar do centro en sesión ordinaria, celebrada o día 30 de abril de 2012,  publícanse as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2012-2013.

Estas listaxes poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U. no prazo dun mes a contar desde o día 15 de maio.

Se desexan consultar as listaxes poden facelo nos seguintes enlaces.

Cursos
4º Educación Infantil (3 anos) - ADMITIDOS
 4º Educación Infantil (3 anos) - NON ADMITIDOS
5º Educación Infantil (4 anos) - ADMITIDOS
6º Educación Infantil (5 anos) - ADMITIDOS
1º nivel do 1º ciclo de Educación Primaria (1º EP) - NON ADMITIDOS 
2º nivel do 1º ciclo de Educación Primaria (2º EP) - NON ADMITIDOS
2º nivel do 2º ciclo de Educación Primaria (4º EP) - ADMITIDOS
1º nivel do 3º ciclo de Educación Primaria (5º EP) - NON ADMITIDOS

O alumnado non admitido no curso de 4º de Educación Infantil (3 anos) queda á espera da comunicación da Comisión de Escolarización da liberación das prazas reservadas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (n.e.a.e.).

categories [ ]

BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE BECAS COMEDOR PARA O CURSO 2012- 2013

 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña do 23 de abril de 2012 aparecen publicadas as Bases Reguladoras da Concesión de Becas de Comedor para o curso 2012-2013.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral de Entrada do Concello da Coruña ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común.

O prazo de presentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación das citadas bases no Boletín Oficial da Provincia.

Descargar texto completo da convocatoria.

categories [ ]