Skip to Content

EI 4º Curso, EI 5º Curso, EI 6º Curso, Educación Infantil

ESTAMOS DE PODA E RECOLLIDA.

De vez en cando, imos de brigada para limpar de lixo que aparece polo patio do colexio.

Abraiados quedamos do que podemos atopar: botes, bolsas de plástico, paraugas, bricks...

Xa podemos levar as cabazas que foron medrando para facer un puré/caldiño ben quentiño, nestes días fríos.

Temos un laurel que medra moito, así que podámolo un pouco.

Aproveitamos esas ramas para secalas un pouco e poder levar as follas para cociñar na casa.

Mmmmmm xa arrecende o cheiriño a laurel na potaxe, co marisco, no guiso...

Exercitamos a psicomotricidade fina... sacando as follas ás ramas... con coidado, que non rompan...

...para despois practicar o conteo das follas que lles poñemos en cada sobreciño... 

...que decoramos con moito agarimo previamente

Preparamos paquetiños de laurel para darlle de agasallo ao noso amigo maior

Estivemos en primaria para darlle o agasallo persoalmente ao noso amigo maior

Eles tamén agasalláronnos cunha manualidade feita por eles... moi navideña

As mestras tamén levaron o seu, para preparar nestas festas unha rica comida navideña.

BO NADAL E BO PROVEITO A TOD@S!!!

SEMENTANDO NO OUTONO

Coa colleita recollida, agardando que as CABAZAS medren para o inverno

...imos botando a semente para ter GRELOS para facer o caldiño quente para cando enfríe un pouco máis o tempo

Coma as pombas estanos a comer a semente, temos que argallar trucos para enganalas e non poidan comer a semente, polo que botamos palla.

Conseguimos que medraran algúns.

Tamén puxemos ACELGAS

Ampliamos a horta, aproveitando novas zonas que acondicionamos para plantar.

Así que temos que enchelo de terra.

...e ir abonando ben

...para plantar: REPOLO, PORROS e COLES

Así de bonito quedou todo plantado

...que xa está medrando.

Tamén renovamos as FLORES que decoran a entrada do cole

...que coidamos con moito agarimo

Sementamos na aula, pequenos semilleiros... de FABAS

...ESPINACAS

...LEITUGAS e ESCAROLA

Tamén botamos algunha faba na terra do exterior do invernadoiro.

...que xa están medrando

Seguimos aproveitando o traballo das miñocas, que están a facer o compost do mellor

E continuamos aproveitando a materia orgánica das merendas para alimentalas e facer o compost

Seguimos traballando con moitas ganas e entusiasmo a nosa horta!

TEMPO DE MAGOSTO

Celebramos o magosto con Maruxa, que nos trouxo as castañas de Coristanco.

Lucimos os nosos zonchos.

...e comemos castañas a fartar, cuns tomatiños que aínda quedaban para acompañalas.

Qué rico estaba todo!!!

DÍA DE COCIÑA

Esta semana cociñamos no colexio: PATACAS AO FORNO.

As patacas que collemos esta vez, non as levamos para casa, senón que as cociñamos nós mesmos na cociña do colexio.

Primeiro, temos que lavalas moi ben, para que non leven terra.

Había moitas patacas que lavar para que chegasen para todos.

As profes cortáronas, e puxémolas nas bandexas.

Botámoslles un pouquiño de sal.

Regámolas con aceite.

E por último, as herbas aromáticas que temos no horto e que lles veñen moi ben: tomillo e romero.

Xa só falta, metelas no forno.

Agardamos 40 minutos a que se fagan.

E imos vendo cómo van.

Xa están listas para comelas.

As profes preparan a merenda coas patacas e algún tomate cherry que aínda quedaba.

Qué rico está!

Qué bo estaba todo!... que non quedou ningunha.

Bo proveito a todos!

NA VOLTA DO VERÁN 2.022

Á volta do verán, así nos atopamos o terreo do noso horto moi medrado... de malas herbas... e do froito plantado: porros, cabazas, patacas, xirasoles, allos, pementos, tomates...

Tamén medraron as flores.

Axudamos a regar as macetas coas plantas que decoran o colexio.

Comezamos coa colleita do que deixamos plantado ao final do curso.

Buscamos e atopamos: patacas...

...porros...

...tomates...

...allos...

...pementos...

E voltamos coa nosa colleita...

...que degustamos na aula...ou na casa.

Co tempo húmido que comeza a vir, aparecen os caracois por todas partes, sacando os cornos ao sol.

E outros animaliños que vemos a través da lupa, do pequeniños que son, ¡e qué grandes os vemos por aquí!.

 

 

O Ventoso

O pasado venres 1o de xuño, visitamos a granxa escola O Ventoso. Foi unha xornada moi divertida e na que aprendemos a facer pan, peinar aos cabalos, montar....

Se queres ver moitas fotos preme aquí.

Se queres un vídeo resumo, aquí

OS ANIMALIÑOS DA HORTA

Na nosa horta, temos cabida a todos os animais, e véñennos facer unha visita para probar/axudar/estragar a horta.

Uns benvidos coma...                                                               A XOANIÑA

                                                                                             A MIÑOCA

                                                                                               A VOLVORETA

...e outros non tan benvidos coma...                                       O CARACOL

Tan a gustiño está na nosa horta, que lles puxemos un hotel, que imos ter que ampliar.

Temos para poñerlles uns novos niños para os paxariños.

E a miúdo, repoñémoslles os comedeiros.

 

CÓMO NOS GUSTA TER TANTA COMPAÑÍA DESTES ANIMALIÑOS!!!

AUDICIÓN E LINGUAXE

Os nenos e nenas que acoden ao aula de Audición e Linguaxe prepáranse para sementar.

Primeiro imos coa teoría

 

 

 

 

Despois a práctica

 

    

 

 

     

 

 

Rexistramos 

 

 

 

 

 

 

 

XOGOS DE RECICLAXE

Cando non podemos saír ao horto polo tempo, facemos xogos de reciclaxe na aula.

Temos un xogo de contenedores de cores segundo o que reciclan, o azul para papeis e cartóns, o verde para a materia orgánica, o amarelo para o vidro, o laranxa para latas e plásticos, e o gris para as pilas.

Así que collemos as tarxetas, e segundo a cor que caia no dado, temos que reciclar algo desa cor do contenedor. Pouco a pouco, reciclamos todo o material que aparece nas tarxetas SEMPRE MOI VARIADO.

No seguinte xogo, temos que recoller o lixo que hai no bosque no contenedor correspondente, antes de que a ficha chegue á nube da choiva. 

Un xogo en gran grupo, no que todos gañamos ou perdemos se non colaboramos COMA NA REALIDADE.

Agora facemos construccións cos tapóns que aproveitamos da merenda.

No seguinte xogo, temos que seleccionar o lixo para o seu contenedor correspondente.

Tamén clasificamos a súa composición, de qué está feito.

Neste xogo, temos que poñer a cada animaliño no seu hábitat, onde vive: na charca, no río, no mar, no campo...

E AO REMATAR, SEMPRE NOS LEMBRAMOS QUE DEBEMOS RECOLLER TODO O LIXO PARA RECICLAR.

COMPOST CASEIRO ECOLÓXICO

Este curso, imos aproveitar máis do que viñamos facendo, para facer un mellor compost, recollendo maior variedade de materiais... a herba de cortar o césped, as follas que caen das árbores...

as ramas da poda de plantas e árbores, as ramas da derradeira colleita...

as malas herbas que arrincamos...

os desperdicios orgánicos das merendas...

e do magosto...

Amontoamos todo o que imos recollendo, e sempre vai baixando desfacéndose, elaborándose así o compost, do que xa podemos ir collendo o que quedou do ano pasado pola parte de abaixo. Mentres vaise facendo porriba o que botamos a diario.

O compost que estamos a facer, é unha forma ecolóxica de reciclar os residuos orgánicos, para enriquecer a terra con multitude de nutrintes, sen aditivos químicos artificiais. Prodúcese por un proceso de compostaxe que consiste na oxidación da materia orgánica. Todos os materiais que empregamos na horta, son naturais. Canto máis variadas secan as fontes de materia orgánica que empreguemos, máis rico e equilibrado será o abono resultante.

Tamén comezamos a encher de novo, outro composteiro.

 Agora tamén contamos coa colaboración dunhas miñocas moi traballadoras para axudarnos a facer compost do mellor.

E así imos abonando o terreo.

Agardando que medren axiña.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut