Skip to Content

Blogues

O MEU AMIGO MAIOR

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AULA DOS MAIORES

O día 25 de novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase Conchy falounos do tema.

Dende pequenos temos que saber que tanto os homes como as mulleres deberíamos ter as mesmas oportunidades, os mesmos dereitos e que ningunha debe estar por enriba.

Eu creo que esas cousas debemos aprendelas na casa e na escola.É dicir, por exemplo, na miña casa,  somos 4: o meu pai, a miña nai, a miña irmá e máis eu e dende pequenos trátannos igual e facemos as mesmas cousas e iso o fan os nosos país tamén: unhas veces pasa o ferro un, outras veces pasan a aspiradora,… as tarefas da casa son compartidas.

Pasa o mesmo cos xoguetes, deportes... tanto nenos coma nenas poden xogar ao mesmo e utilizar os mesmos xoguetes.

O malo e cando nos facemos maiores e eu non entendo o motivo: por que a túa noiva non vai poder levar minifalda ou saír cos seus amigos ou amigas? Por que non pode (ou está mal visto) conducir un camión ou xogar ao fútbol entre os chicos? Por que se lle insulta, pega e incluso chegan a matar ás parellas?

Nesta sociedade falta moito por cambiar, pero espero que pouco a pouco e entre todos, o consigamos.

Eu levo un lazo branco: acepto o meu compromiso persoal de non cometer, permitir nin silenciar a violencia contra as mulleres,

AULA DOS PEQUENOS

O venres 25 de novembro, coincidindo coa celebración do día internacional contra a violencia de xénero, a nosa clase foi á da Aurora, cos nenos e nenas de Infantil. Alí, a súa profesora  contoulles un conto: “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?” e logo eles  contáronolo a nós respondendo as preguntas que lles facía a súa profe.

Trata dunha nena, Carlota, que está preguntándose por que ten que vestir de rosa e actuar coma unha princesa rosa si ela o que quere é facer cousas que normalmente fan os príncipes. Carlota vai falar cos seus pais, fada madriña, conselleiros...

E pregúntalles por que ela non pode facer cousas de príncipes.

Todos se dan conta de que Carlota ten razón e deciden que é unha tontería que as princesas non poidan cazar dragones e demais soños que tiña Carlota. E así, como a princesa, calquera nena pode vestir, xogar... como calquer neno: somos todos iguais e tanto uns coma outros estamos preparados para poder facer as mesmas cousas.

Creo que os pequenos entendérono á perfección!

 

Ángel Fariña Figueroa 6º A

 

Cando estivemos xuntos unimos o desexo de cada un co do seu amigo pequeno do que soñamos ser de mozos, nunha especie de atrapa soños.

 

Anterior Seguinte

O MEU AMIGO MAIOR

  • OS INICIOS

A historia do proxecto "O meu amigo maior" ven de fai moito tempo.

Eran nenos e nenas de primaria de distintos niveles e trataba de que interactuasen maiores e pequenos.

Un proxecto que gustou moito ás profesoras que nese intre o levaban a cabo.

Fai dous anos, unha destas mestras atopouse cunha amiga, con moitas ganas de facer algo novo xuntas e pouco medo as cousas novas por moi dificiles que parecesen. E o de traballar con nenos e nenas de Educación Infantil e o últimos Ciclo de Educación Primaria, a verdade é que o parecía.

Vimos que unha das cousas que máis medo da aos pequenos e o paso do seu cole de infantil ao cole dos maiores, como a éstes marchar para o tan temido Instituto.
E nós xa tiñamos o proxecto feito! Axudarse entre todos a perder ese medo e mentres coñecerse, traballar xuntos, vivir unha serie de experiencias que están resultando maravillosas a nivel de integración, de madurez, de solidariedade, de darse uns a outros sen pensar en recibir nada polo que é cando máis reciben sen decatarse.

 

  •  CURSO 2015- 2016
O primeiro foi unha toma de contacto a través dun conto que Conchy, a mestra de 5º E. P., veu a contar a Infantil, xunto cos seus alumnos e alumnas.
Logo elixiron, ao azar, o que ía ser o seu compañeiro ou compañeira nesta viaxe tan especial. Pintaron a silueta das súas mans e uníronas todas para despois facer as parellas. Cando xa estaban emparellados, presentáronse e foron coñecéndose un pouquiño máis.
Fixemos algunha visita dunha clase á outra, así os maiores recordaron cando eles estaban nesa etapa e xogaron cos pequenos e, os  pequenos coñeceron o mundo do seu amigo maior e os ORDENADORES cos que traballan todos os días.
Fixeron moitas máis cousas xuntos, pero o que, de seguro ningún vai esquecer, é a creación do grupo de teatro Bubeliñas para acompañar ao grupo Bubelas e a peza de teatro que fixeron todos xuntos no remate do curso.
E para fin de curso,os pequenos invitaron aos maiores a súa festa.

Seguinte

OS CAVERNÍCOLAS

Un luns do mes de abril, Erika contounos que no seu parque había unha cova:

  • Quen vive na cova? Un osiño
  • Nós poderíamos vivir nela? Noooon!!!!
  • Por qué? Non hai luz, non hai camas, non hai tele...

 

Aos poucos días chegou unha caixa sorpresa á nosa aula, nela había moitas cousas e unha carta dunha nena cavernícola, Gurka.

 Entón, quixemos saber máis desa nena e decidimos buscar información pedindo axuda aos papis e mamis.

  • Na biblioteca

  • Preguntando aos moi maiores de 5º de E. Primaria

 Aprendemos moitas cousas:

  • Como e onde vivía
   
  •  os seus utensilios, que comían, como se vestían...

 

 

  • os debuxos que facían

autores: Adrián e a súa mamá

 

Tamén fixemos "deberes"

   petroglifos de Punta Herminia

 Despois de saber moito da vida de gurka, quixemos facer coma ela

  • xogamos sen xoguetes
  •  fixemos a nosa pintura
  •  e tamén o noso barro

 Pintamos un bisonte... con chocolate!!! Que rico!

Quixemos ser meniños menciñeiros e fumos a recoller herbas aromáticas.

Logo pensamos en facer de comer coma os cavernícolas, cazar non nos gustaba e pescar tampouco, máis se había que comer sen cociñar como 

fan as nosas mamis e papis. Así que decidimos comer froita e fixemos unha rica macedonia.

Isto que coñecemos foi grazas a uns homes moi estudiosos que se chaman paleontólogos e que descubriron todo o que sabemos. 

Nós,por suposto, tamén fomos paleontólogos ...

Para rematar e ter sempre un recordo da nosa amiga Gurka, pintamos unhas preciosas camisetas cavernícolas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVOS COMPAÑEIROS

Na nosa aula temos uns novos compañeiros.

 

Estamos dexesando que saian as bolboretas!

GRAN ESTREA MUNDIAL DA NOSA ADAPTACIÓN DO CREBANOCES!

    O  pasado  mércores, día 5 de xuño, un numeroso grupo de actrices e actores do noso colexio estreou, por fin,   a  obra  que  levaban  preparando  desde  comezo  de  curso.

No nome dos coordinadores  deste  proxecto  queremos...

Ante  todo,  felicitar  A  TODOS  OS  ACTORES  E  ACTRICES  QUE  ESTÁN  PARTICIPANDO  NESTE  PROXECTO, tanto  aos  que  tivestes  a  sorte de ver  no impresionante  escenario do Calvo Sotelo; como  a  todos  os  que  non  puideron  actuar alí,  pero  que  van   deleitarnos, en próximas datas, no  noso  moi  mellorado  escenario  do Emilia.

Todas e todos  demostraron que non só  son  grandes  actrices e actores; senon  que, o que é máis  importante,    teñen  unha  grande  capacidade  de  esforzo, autocontrol, valentía, gañas de facer as cousas ben e habilidade para traballar  en  equipo.

Todos  os  profesores estamos  moi  orgullosos  deles!

En segundo Lugar, queremos  agradecer encarecidamente aos organizadores do Certame Candilejas, que nos proporcionaron  tan  espectacular  escenario e nos deron todas  as  facilidades para  poder  levar  a  cabo  esta  obra.

           Por  suposto, 

queremos  dar as gracias   a  todo  o  público  que  nos  acompañou  e  animou.  A  súa  presenza  e  apoio  axudounos  inmensamente. 

E non podemos  rematar  este  artigo  sen  agradecer, de corazón,  a  súa  axuda  a  todo  o  CLAUSTRO  DE  PROFESORES  e  persoal  non  docente do centro. TODOS (profesores, administrativo, persoal de conserxería e persoal de limpeza) colaboraron, dun xeito ou doutro nesta macro empresa: arranxando  vestiario, pintando decorados, cosendo telóns, axudando nos ensaios, engadindo  moitas  horas á súa xornada laboral, de xeito totalmente altruista, maquillando, axudando a vestir, colocando decorados,cosendo, doando roupa, etc., etc.. etc,)

Realmente  esta  foi  unha verdadeira  labor  de  equipo.

Sen todos e cada un  de   vós, isto  non sería  posible.

 GRACIAS  A  TOD@S!

    

     Se  queredes ver as fotografías dos grupos participantes no certame, así como ler  ou  facer  comentarios  sobre  as obras; só  tedes  que  entrar  nesta  páxina :

www.certamendeteatrocandilejasdonbosco.blogspot.com.es

 

Vivir na Coruña, que bonito é

Como  homenaxe a  todos os  CASCARILLEIROS espallados  polo  mundo incluimos este interesante video: VIVIR NA CORUÑA

 

Queredes aprender a letra da canción?

Distribuir contido


by Dr. Radut