Skip to Content

Actualidade

FESTIVAIS DE NADAL

Xa temos os primeiros froitos dos festivais de Nadal.

Unha mostra coa obra de teatro. https://vimeo.com/310652139/f40b1844bf

GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

NADAL 2018 EPB

 
 
 
 

CONTACONTOS EN INGLÉS

O mércores 12 o alumnado de E. Infantil (5anos), 2º, 4º e 6º de primaria tivo unha actividade moi especial. Como en anos anteriores asistimos a un contacontos en inglés. Sempre disfrutamos e aprendemos moito coa representación do grupo teatral "Face2Face" que viñeron de Madrid ao noso colexio. Este curso representaron dúas obras diferentes:

*LOST IN SPACE. As aventuras de Lara e o seu amigo Benny no espazo sideral.

*ROBINSON CRUSOE. Unha adaptación moderna e divertida desta obra.

Grazas á ANPA do colexio por darnos a oportunidade de aprendrer inglés dunha forma lúdica e amena.

 podedes ver unha mostra nos seguintes blogues:

 http://rosenglish.blogspot.com/

http://blueschoolinenglish.blogspot.com.es/

 

3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade

O 3 de decembro é o Día internacional de Persoas con Discapacidade.

COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade) e os Bolechas visitaron o noso colexio para continuar sensibilizándonos neste tema e presentarnos á Unidade Didáctica: "Os Bolechas e a discapacidade".

Os nenos e as nenas de 1º e  2º de primaria participaron en obradoiros dende circuitos con obstáculos en cadeiras de rodas ata actividades cos ollos tapados para descubrir os obxectos polo tacto e polo olfacto e tamén facendo chapas e debuxos dos Bolechas.

Foi moi divertido!

 

 

  

VER VÍDEO DA TVG

XUNTA DE GALICIA

CADENA SER

EL CORREO GALLEGO

COGAMI

VER FOTOS

Usamos as matemáticas cos mBot

Os nenos e nenas de 5º e 6º de E.P. estiveron practicando e repasando as operacións e os números romanos a través da programación dos mbot, para o que utilizaron a matriz led e o s

ensor de temperatura.

Mediante o traballo en equipo tiveron que solucionar varios retos nos que se solicitaba que mostrasen aos seus compañeiros/as operacións e números romanos que posteriormente tiveron que solucionar no seu caderno, medir a temperatura ambiente da BiblioLab, de distintos vasos con auga, calcular a temperatura media destes e conseguir que a auga tivese unha determinada temperatura, ben un número primo ou un número dado polos mestres/as.

As clases xa utilizaron a BiblioLab para o desenvolvemento deste proxecto, na que se atopan os recursos necesarios para o traballo diario, nestes vídeos mostramos algúns destes momentos.

 

Lembrámosvos que podedes seguir practicando e aprendendo cos mBot na BiblioLab.

ACHEGAMENTOS Á ARTE DENDE O XARDÍN DE JUANITA

“... los jardines no son únicamente una construcción material sino también una creación intelectual”.

Beruete, Santiago. (2016). Jardinosofía. Una historia filosófica de los jardines. Madrid: Editorial Turner

 

   O segundo ano do proxecto, cando xa tiñan 4 anos, iniciamos pequenas exploracións do xardín tamén con criterios artísticos conseguindo crear pequenas obras de arte colaborando con dúas artistas: Rosario Belda, artista téxtil e María Mariño, directora de coro.

   Foi un proceso lento, resultado das camiñatas que semanalmente damos dende o aulario de Infantil ata a nosa parcela no horto, coas que puideron desenvolver as súas habilidades perceptivas. Así, por exemplo, a súa agudeza auditiva foi mellorando, pasando de case non prestar atención aos ruídos habituais a escoitar infinidade de matices neles: “Cuando la lluvia cae en las hojas hace un ruido muy blandito y cuando está en los paraguas hace un ruido más grande; también puede ser rápida cuando el viento sopla, cuando hace más poco viento las gotas caen más despacito, es llovizna; otro día había sol y los pájaros cantaban en las ramas de los árboles; y escuchamos a los de primaria, a los mayores y el cortacésped, que hacía mucho ruido”.

   Á semellanza da linguaxe musical, anotaron estes sons a modo de partitura co desexo de que unha persoa experta puidera imaxinar a súa melodía. E foi Maria Mariño quen asumiu esta responsabilidade e creou o que a día de hoxe é a música do noso xardín de Juanita. 

   Con Rosario Belda aprendemos a debuxar flores e a tinxir teas coa técnica do Hapa Zome. Agora mesmo temos unha colaboración sen rematar, verémola a final de curso, xa que estamos a tinxir teas co sol e vexetais pensando na posibilidade de utilizalas como soporte da súa obra.

  

   A fundamentación do proxecto e o desenvolvemento da nosa experiencia a compartimos o pasado 21 de marzo de 2018 na radio Universitaria Colombiana, no programa “El Puente”de Uniminuto Radio, que podedes escoitar.

MAR Santiago Arca, novembro 2018

 

MAGOSTO 2018

          

Salvando as adversas condicións climatolóxicas e a alerta laranxa prevista para este venres

día 9 de novembro de 2019 celebramos no colexio o tradicional Magosto. Na súa organización

contamos coa inestimable colaboración de pais e nais voluntarios que participaron nos

traballos de preparación das brasas, picado e asado das castañas, reparto dos cornetes de

papel de xornal, tiznado das caras e mans do alumnado... Os nenos e nenas degustaron as

castañas e foron acompañados pola tradicional figura da "castañeira" que ataviada ao

uso da época animou o o magosto. Grazas a todos os participantes: nais e pais, profesorado,

persoal non docente, limpadoras...

 

 

VER GALERÍA DE IMAXES

 

 

Alerta de nivel LARANXA por refachos de vento durante o día 9 de novembro en Galicia

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará as 12:00 horas do venres día 9.11.2018 e prolongaráse ata as 00:00 horas do día 10.11.2018. Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica de noroeste da Coruña e a Mariña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas de predición meteorolóxica afectadas.

2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá este adverso.

3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna)

FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS PARA NAIS E PAIS

 

 

Formación en primeiros auxilios para nais e pais

Dende o CFR Coruña (Centro de Formación e Recursos) seguen a programar actividades dirixidas exclusivamente para as familias. Nesta ocasión trátase dunhas xornadas de formación para a atención de urxencias sanitarias. Será os días 26, 27 e 28 de novembro en horario de 17:30h a 20:30h no mesmo CFR da Coruña. LER MÁIS.

Distribuir contido


by Dr. Radut