Skip to Content

Actualidade

BUBELAS E BUBELIÑAS

 

 

 

O martes, día dez de xuño foI un día moi especial. Dentro do proxecto “O meu amigo maior” os nenos de 5º A de Educación Primaria e 5º B de Educación Infantil representamos unhapequena peza de teatro titulada: “Os contos de Manuel María”. Pasámolo todos moi ben, pais, nais, avós, amigos. . . pero sobre todo os pequenos e grandes actores que con tanta ilusión e un pouco de medo,esperaban ese día.

 

Foi a culminación dun curso no que os nenos coñecéronse e empezaron a quererse cada xuntanza un pouco máis. Os pequenos atoparon, nos seus amigos maiores, alguén a quen admirar e traerlle, ás veces, un debuxo ou calquer pequeno agasallo feito, sobre todo, con moito agarimo. Os maiores atoparon, nos seus pequenos amigos, alguén a quen coidar e a maneira de facerse, poucoa pouco, algo máis responsables. En definitiva, aprenderon a madurar.

 

A nós, as profes, emocionounos moito velos traballar xuntos e como buscaba cada un á súa parella para traballar, xogar ou simplemente darse a man e camiñar xuntos. Esperamos que o vindeiro curso sexa, cando menos, coma este.

 

 

Conchy e Aurora. 

 

 

 
 
 
 

ESTREA DA OBRA: O LAGO DOS CISNES

I TORNEO DE XADREZ EMILIA PARDO BAZÁN

 

O pasado venres, día 27 de maio de 2016, tivo lugar no Salón de Usos Múltiples do colexio a celebración do "I TORNEO DE XADREZ EPB". Contamos coa colaboración da Asociación Galega de Axedrecistas que agasallou aos participantes e gañadores con medallas e trofeos.

A clasificación final do torneo pode consultase no seguinte enlace.

Esta actividade enmárcase no traballo realizado durante o 1º e 2º trimestres do actual curso escolar polo mestre responsable de xadrez, Don Pedro de Uña Álvarez, que adestrou aos participantes que voluntariamente desexaron participar no Clube de Xadrez "Petrov".

Ver imaxes do Torneo

OBRADOIROS DE SCRATCH NO NOSO CENTRO

 

O alumnado de 5º curso de educación primaria está a punto de finalizar a súa formación inicial como programadores de videoxogos. Grazas ao convenio de colaboración coa ONG Axuda en Acción, que subvenciona os obradoiros enmarcados no proxecto GENIOS.ORG, tanto nenos coma nenas desenvolveron ao longo de 12 sesións prácticas dirixidas polo especialista en Scratch, D. Horacio González Diéguez, os conceptos sobre a educación en valores.

A mostra dos traballos realizados polo alumnado pódese consultar no seguinte enlace:

https://scratch.mit.edu/studios/1845770/

 

VIAXAMOS COAS MATEMÁTICAS

“… el proceso de resolución de problemas es, a menudo, extraordinariamente rápido: el científico competente maneja simultáneamente muchas variables y crea numerosas hipótesis que son evaluadas sucesivamente, y posteriormente aceptadas o rechazadas”.

Howard Gardner. INTELIGENCIAS MULTIPLES. La teoría en la práctica. Paidós.

Na educación infantil é difícil separar os momentos adicados a desenvolver a Competencia matemática das outras 7 mencionadas no Curriculo, xa que todas elas funcionan conxuntamente. Pero esta globalización non impide ver a gran cantidade de procesos matemáticos que nos axudan a comprender o mundo no que vivimos.

As decisións tomada polas/os nenas/os de 4 anos para organizar unha viaxe a Londres, son a nosa achega ao monográfico sobre matemáticas publicado pola Revista Galega de Educación, nº 63.

MAR Santiago Arca, decembro 2015

 

 

 

TRADUCIMOS OS GARABATOS DOS NOSOS PENSAMENTOS

“El niño
está hecho de cien.
El niño tiene cien lenguas
cien manos cien pensamientos
cien maneras de pensar
de jugar y de hablar…”

Loris Malaguzzi. LOS 100 LENGUAJES DEL NIÑO (fragmento)

Trala lectura do conto de Carole Lexa, “The squiggle”, xurdiu o desexo de querer interpretar na caixa de luz os garabatos creados cunha corda pola protagonista do conto. E esa foi a tarefa plantexada no Recanto da Arte ao longo das semanas seguintes.

Día tras día chegaban a acordos sobre que cordel era mellor en cada situación (por exemplo o máis longo para o dragón, porque son moi grandes; os de cor marrón ou gris para o Castelo, porque os muros constrúense de madeira ou pedra; a lúa con cores claras, porque brilla moito…) e tamén sobre o xeito de completar o debuxo, atendendo por suposto, á información que entre todas/os posuían dese obxecto. 

Sobre a superficie da caixa de luz apareceron:

-         Brillantes lúas cheas, con buratos na súa superficie e rodeadas de estrelas.

-         Muros de castelos, coas súas portas, ventás, estandartes… e incluso cos vixias agochados nos torreóns; sen esquecer o muro do patio do colexio.

-         Dragóns grandes como dinosauiros, cuspindo lume pola boca ou cheos de cor.

Despois pensaron en crear un propio. E para poder expresalo de tal xeito que calquera persoa o puidera comprender, tendo en conta que empregaban unha linguaxe alternativa ao noso código alfabético, esforzáronse en explicar e argumentar entre eles/as as súas ideas.

MAR Santiago Arca, novembro 2015

 

  

 

 

 

O CEIP EMILIA PARDO BAZÁN SERÁ UN CENTRO E-DIXGAL


O CEIP Emilia Pardo Bazán resultou seleccionado para participar no proxecto Educación Dixital durante o curso 2015/2016. O alumnado de 5º curso de educación primaria non utilizará libros de texto convencionais, empregará libros dixitais. 

No mes de setembro reunirémonos coas familias do alumnado de 5º curso de educación primaria para explicarlles aspectos sobre o funcionamento, materiais, normas de uso, etc.

Ver relación DEFINITIVA de centros seleccionados e excluídos.

PRIMER CLASIFICADO INFANTIL "A FRAUTA MÁXICA" Colexio Emilia Pardo Bazán

 

O CEIP Emilia Pardo Bazán  obtivo o  Primeiro Premio na categoría Infantil no XVIII Certame de Teatro "Candilejas Don Bosco" coa obra "A frauta máxica". O alumno Gael Generelo Grande tamén obtivo o premio ao Mellor Actor na categoría Infantil.

 

 

  

Entrega de premios (galería de imaxes) 

ATOPAMOS UN TESOURO NO COLEXIO

 

“… y cayó el mapa de una isla, con latitud y longitud, sondeos, nombres de colinas, ensenadas y caletas y todos los detalles que podían hacer falta (….) se le habían añadido varias cosas, pero sobre todo tres cruces en tinta roja: dos en la parte norte de la isla, una en el sudoeste y, junto a esta última, con la misma tinta roja y en letra pequeña y clara, (…), las palabras: “Aquí está la mayor parte del tesoro”.

 

R.L. Stevenson. LA ISLA DEL TESORO. Alianza Editorial

 

Unha mañá na que subían ata o horto, atoparon tiradas no chan moitas “moedas de ouro” (76 moedas de 1 e 2 céntimos) e lembraron os antigos mapas de tesouros que coñecían grazas ás aventuras de piratas. 

Parecéulles importante implicarse no duro traballo de elaborar o mapa do lugar exacto da súa ubicación, para que fose o máis preciso posible, porque os textos antigos daban lugar a diferentes interpretacións. Pero para debuxalo, sen esquecer  ningún detalle, tiveron que recorrer o longo camiño dun trimestre.

Igual que os antigos cartógrafos camiñaban por terras inexploradas, pasearon polo patio do colexio e trazaron a ruta axudándose con compases; ainda que tamén viviron a aventura de apuntar ata o norte guiándose únicamente polo sol.

Desta forma, o mapa do tesouro quedaba cada vez máis completo, e non o deron por finalizado ata que estiveron seguros/as de que calquera persoa podería ser quen de atopalo.

            Como na actualidade son os satélites os que se dedican a fotografar cada anaco do planeta xunto a outros moitos dispositivos eléctricos capaces de facer localizacións, organizáronse en equipos para enviar un robot (bee bot) ao lugar sinalado coa cruz dende distintos puntos do colexio. Experimentaron a necesidade de formular instruccións precisas e comprobar se os seus cálculos eran correctos ou non.

Atréveste a ir na súa procura?

MAR Santiago Arca

 

ESTREA TEATRAL DA OBRA A FRAUTA MÁXICA

 

 

A FRAUTA MÁXICA

(Wolfgang Amadeus MOZART)

 

                                   TEATRO DE NENOS...

                                                                    PARA MOZAS E MOZOS, DE 5 A 99 ANOS.

 

Adaptada polo grupo de teatro interaulas do CEIP Emilia Pardo Bazán

 

MÉRCORES, 3 DE XUÑO

ÁS 17:00 HORAS

 No salón de actos do Colexio Calvo Sotelo

Obra feita coa colaboración de

TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA, o CFR de A Coruña,

a ONG Axuda en Acción e a Escola de Imaxe e Son.

 

GRUPO DE TEATRO INTERAULAS

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

A CORUÑA

                                                

 

Distribuir contido


by Dr. Radut